ALEGRIAS nestes anos
da web
Apartado de ledicias ou alegrías da web, dende o 2001...
Foron moitas, eu escollería estas:
(Este apartado da páxina está aberto a outras
ledicias que queiran poñer os veciños e amigos de Alberguería.)

Por unanimidade penso que a maior ledicia que
tuvemos nestes vinte anos, dende o 2001 ata o 2021, vida que ten a páxina web, foi sin lugar a dúbidas a publicación do
traballo sobre as casas de Alberguería.
Penso que ao volver a ver as casas, foi para os
veciños de Alberguería unha ledicia incrible.

Oito, das 180
casas recuperadas fotográficamente, cos seus datos.
O traballo ten
tamén un estudio meu sobre o
tipo de casas de Alberguería,
onde demostro claramente que o pagado por elas, pola empresa
Moncabril, co beneplácito dos políticos daquela época 1955-1962 foi
un roubo. O traballo figura nesta páxina e ademais no Arquivo
Histórico de Ourense, firmado por min no ano 2006. Demostro
claramente, o estudio esta feito sobre 107 casas para vivir,
que era o 99% delas, que a maioría das cosas tiñán planta
baixa e planta alta onde vivía a xente, frente a teoría do
pagamento, papel entregado polo Xurado de Expropiación Forzosa
de Ourense, para determinar o xustiprecio e que viñan a decir
"pueblo muy atrasado en su forma de vivir"..."que las mal llamadas
viviendas...", "...el pobre pueblo no tiene agua..."casas de una
habitación haciendo toda la familia su vida en ella...", "las
divisiones interiores de palos y ramas...", "...viviendas sin cielo
raso...si ve el cielo desde el interior..." e outras lindezas
impresentables, que non puden publicar ata fai pouco...non habián
pasado os 50 anos.
O
documento podedes leelo completo neste link...pero non o
aconsello.
Ver o link das
casas e o traballo.
|
|

Outro momento especial de
alegrías foron as festas que se fixeron a pé de presa e tamén no
poblado de Endesa en Prada un ano si e outro tamén desde o 2002 ata
o 2019 e falo desas festas, xa sei que houbo outras antes, xa que a
todas elas eu estuven nelas e nesta páxina hai referencias delas,
anécdotas, galardóns de todo tipo, lembranzas os que se foron,
fotografías e videos. Ver os apartados correspondentes.
Ver calquera de eses anos nas
fotografías das
festas.
Ou ver os
videos desas
festas.
Ou tamén entrevistas
radiofónicas
das festas.
Toda esta información está na web
e síntome orgulloso de telas o día.
As primerias festas as que asistín estuveron
organizadas, ata o mínimo detalle, por Ovidio Prada, ata que se puxo enfermo e
se constituiu ACO, ou sexa a Asociación Cultural Alberguería Oleiros
Unha vez que houbo a Asociación e
que por desgracia morreu Ovidio Prada, por certo canto o sentín e
inda hoxe ó sinto, os
organizadores de estas festas foron os
presidentes que tuvemos Maruja Prada e logo Manuel Paradelo.
Dar as gracias o Concello de A
Veiga por permitirnos o uso do Poblado de Endesa, que está cedido o
Concello.
|
|

Outro momento especial foi a festa que se
fixo en Buenos Aires por primeira vez masiva entre os
veciños e amigos de Alberguería naquel país.
Foi no ano 2003 e dende aquel ano repítese esa
festa o redor do día 15 de agosto, como en Ourense.
Este
foi o link.
As súas festas
ponde verse, con
moitas fotografías e videos neste link.
|
|

Outro evento de ledicia foi o 28/07/2007 no
que se fixo a botadura do catamarán "Sta. María de Alberguería",
todo un detalle do Concello de A Veiga, presidido por Fernando
Fernández e un día histórico de Ledicia para Alberguería. Tuven o
honor de ir representando a Alberguería.
O catamarán navegará polo encoro de Prada e
por riba do pobo de Alberguería...
Ver
este link.
|
|

Outro día de ledicia foi o 14/05/2008 ,
ese día quedou constituida ACAO, Asociación Cultural Alberguería
Oleiros. Un sono de sempre dos veciños de Alberguería e dos seus
amigos.
Esta é a fotografía da xunta directiva da que
tanto esperamos.
A creación rondou sempre
a cabeza de Ovidio Prada quen uns anos antes xa estaba pensando en
facela. A mala sorte foi que os poucos días de ver a película "Xares
o río que nos leva", concretamente no segundo pase o día 22 de
novembre do 2007, estando conmigo ao baixar as escaleiras do
auditorio de Ourense, onde se proxectou, deulle un ictus ou
algo similar; o caso é que nunca se recuperou e morreu o dia 22 de
octubre de 2008. Eu xa nono volvín a ver nunca máis...Polo medio eu
fixen todas as dilixencias para formar esa asociación que felizmente
se formou o 14 de maio de 2008. Foi sin dúbida un día de ledicia,
pero para mín tamén un día triste, alí tiña que estar Ovidio Prada,
un amigo co que me unía unha amistade moi grande. Sempre o botarei
de menos...
Deixando aparte o comentario
anterior foi sin dúbida un día de ledicia para Alberguería.
Ver este link.
|
|

Outro día de ledicia foi, para
mín, o día 15/08/2008, ese día
recibín o título oficial de "veciño de corazón de Alberguería",
para mín o maior título, non académico, que teño na miña vida... Para non esquecer.
Na fotografía están tamén Lily Estévez e
Fernando Fernández que foron tamén galardonados. No nome da ACAO
entregaron os galardóns Moisés Blanco e Maruja Prada.
Ver
este link.
Ver tamén este video.
|
|

Outra gran día de ledicia foron
os que xiraron ó redor da presentación e lectura do libro de
Santiago Palmeiro "La marca del agua".
O libro presentouse en Ourense o día 13 de agosto do 2009 e foi todo
un acontecemento para o autor, a xente de Alberguería e os seus
amigos. Santiago Palmeiro sempre foi un colaborador habitual desta
páxina, ten cantidade de traballos, sobre todo como periodista,
artigos de fondo dedicados a Alberguería e o seu entorno, e uns
videos incribles... O
que escribe e algunha xente de Alberguería xa coñecíamos o libro, en
borrador, e tiñamos moitísimas ganas de que se editara. Un
libro sensacional, para mín e moita xente, unha novela
boísima que se lee dun tirón, moi ben feita e que trata o que pasou en Alberguería,
con personaxes inventados pero o mismo tempo conexionados coa
desfeita que supuxo o encoro para un pueblo desaparecido baixo as
augas. Un libro de lectura obligatoria, inda que hoxe é imposible
conseguir un exemplar. Foi todo un evento
importante a súa presentación no Barco e noutros lugares, en
particular na festa de Alberguería daquel ano. A edicción de
quinientos exemplares agotouse rápidamente. Os interesados poden ler
o libro
en ebook, que se publicou fai pouco...
Ver comentarios e
presentacións do libro de
Santiago no link, desta páxina, que poño a continuación:
Ver estos links
sobre o libro e o autor.
Santiago Palmeiro é fillo adoptivo
de Alberguería.
Ver este link.
|
|

Outro día de ledicia foi a
presentación do documental "Xares, o río
que nos leva", do director Pedro Prada en
Ourense o 19 de novembro do ano 2007 . O documental presentouse no
XII festival de Cine Internacional de Ourense, cun éxito de
público moi grande, cheo total, sobre todo con moita xente,
emocionada, de Alberguería; xente que moitos deles aparecián no
documental. Unha hora para non esquecer.
Sobre o
documental e a súa presentación tendes este link nesta páxina web.
Podedes ver o documental completo neste link.
|

Alberguería voo americano 1956.

Alberguería, a presa de Prada en
construcción e o río Xares e Preboubo. Voo americano 1956.
Outro día de ledicia e moi
grande foi cando tuven acceso os Pdf que a Xunta de
Galicia dixitalizou das fotografías en formato TIFF,
que había feito o Exercito de EEUU a todo o territorio Español.
Voo que se fixo, con motivos militares entre marzo de 1956 e
setembro de 1957. Estas fotos no 2011 o CEGET, Centro Geográfico do
Exército de Terra pasounos as confederacións do territorio. Esta
historia máis completa está na web de Prada de Juan Carlos Álvarez.
Sabía deste voo moito antes
dese ano, polo 2005 xa fixera tentativas cun amigo e compañeiro de
colexio, Manuel Astorga , que traballaba en Torrejón de Ardoz, pero
que nunca poiso conseguir nada. Polo 2011 pasa a CEGET os datos en
TIFF as confederacións e algunhas comunidades como a andaluza empeza
a publicar os datos. Galcia veo despois. Galicia pasou a pdf en 14
Mb.
Para min o día que puden ver a
segunda fotografía de arriba, onde se ve a presa que se estaba
a construir, foi un día de sol esplendoroso na miña cabeza.
Por primeira vez entendía como era Alberguería, por onde iba o río
Xares, por que Preboubo tiña cando baixaba a auga do encoro, as
veces tres monticulos, os camiños de Prada, Meda, Corixido, etc.
vamos, a situación ou a fotografía completa. Lembrar que na
miña vida pasei pola zona...
Ver outras fotografías do voo americano e comentarios.
|
Outros eventos de ledicia:

Chon
Lameiro, boda en París-2002
Neste apartado que titulo ALEGRÍAS queda aberto para todo tipo de
fotografías e eventos ledos da xente de Alberguería.
Tendes posto tres fotografías que
son tres ledicias que comparten veciños de Alberguería.
Neste caso poño a fotografía da boda da filla de
Xon, Melanie con Jaime Martinez o día 17-08-2002.
¡¡Queda inaugurada o apartado
particular de ledicias!!.
Quen quera publicar fotos neste apartado basta con
mandala o meu email cun
pequeno comentario para poñer a pé de fotos ou fotos...
|
|

Unha
viaxe de Tiberio Arias e a súa dona a Arxentina-2006.
Posteriormente Tiberio, o meu
amigo Tiberio, mándame unas fotografías dun viaxe marabilloso que
fixo a Arxentina.
Ver este links con fotografías. Arxentina-2006.
|
|

Benjamín Vences
coñece a súa madriña en Buenos Aires- 2008
Nesta fotografía vese a Benjamín
Vences e a súa madriña Emilia.

Libros
parroquiais de Alberguería, actualmente na
Veiga, na casa do Párroco. Benjamín foi dos
últimos que naceu en Alberguería. Pouco me
deixou ver o párroco, pero algo é algo...e
serviu de moito...
A verdade é que esta páxina
síntese orgullosa de haber contribuido a que Benxamín,
un neno que naceu en Alberguería, localizara en
Buenos Aires a súa madriña.
É unha historia entrañable e unha
ledicia marabillosa.
Enhoraboa.
Benjamín Vences
coñece a súa madriña en Buenos Aires- 2008
|
|

Las hermanas
Estévez Paradelo conocen a su nueva prima Ángeles y su tía
Pura.
2008.
En esta fotografía se ve a
Sexa e Lily con su nueva prima Ángeles y la abuela
Ángela.
Me siento orgullosísimo de haber
contribuido, aunque sea aplicando las leyes del azar,
o sea sin haberlo querido previamente ya que lo
desconocía, a la unión de estas familías.
Otra historia entrañable y otra
alegría maravillosa.
Enhorabuena a todos.
Link de estos
encuentros.
2008.
|
|

Me hace llegar Lily unas cuantas fotografías de
Griselda y un pequeño video.
Me cuenta que Griselda vino desde Argentina a conocer
el pueblo y el lugar donde nació su abuela Josefa Paradelo, que
ella siempre llamó Leli y ese pueblo era su querida Alberguería.
Josefa Paradelo, por cierto hermana de Obdulia
Paradelo, para mí junto con Lily Estévez y Claudina mis máximas
informadoras de la página web, como mujeres.
Al ver las fotografías y el detalle de la nieta
de Leli, Josefa Paradelo, me interesé por la historia y ví que podía
encajar perfectamente en este apartado de alegrías.
Me puse al trabajo y a continuación podeis ver el
mismo, unas cuantas fotografías, una pequeña historia y un video que
podreis ver en Youtube y que lleva por título Griselda_vineLeli. Título
que se justifica sin más ya que es la frase de Griselda al terminar el
video y que dedica a su abuela Leli: ¡y vine Leli!.
Claro que vino. Enhorabuena Griselda
Pulsando este
link puede verse esta historia, con fotografías y un video alusivo.
|
|
Saír
XON LAMEIRO
-PARÍS.

A petición de Xon Lameiro, dende Paris,
inauguro un apartado que chamamos de ALEGRIAS.
Paréceme moi boa idea.
O espacio queda aberto para todo tipo de
fotografías e eventos ledos da xente de Alberguería.
Neste caso poño a fotografía da boda da filla de
Xon, Melanie con Jaime Martinez o día 17-08-2002.
Pulsando no medio pode verse a pantalla completa. |
|