Entre os anos 1940 ata 1960
lévanse a cabo en España os primeiros voos completos con
fotografía aérea orientada á producción de cartografía
topográfica en Galicia, e por suposto en toda España. O
voo de 1956 foi un
traballo de cooperación entre o
Exército do Aire de España e a Forza Aérea de EEUU.
Coloquialmente é coñecido como
“voo americano".

Na fotografía:
Alberguería.
No que sigue son trozos da
fotografía que este voo americano sacou no cuadrante que
corresponde a Alberguería no ano 1956. Curiosamente xa
estaba Moncabril a facer o encoro que logo asolagou
Alberguería para sempre. Tamén uns videos feitos por
Santiago Palmeiro aproveitando as fotografías e
incluindo o encoro.
Por suposto que o voo
americanos sacou fotografías de toda a comarca de A
Veiga.
A Xunta de Galicia seguindo o
exemplo de outras comunidades como Andalucia, Cataluña,
etc. está poñendo a disposición de todos as fotografías
completas de este voo americano.
Ver
fotografías do voo americano de 1956
Ver videos
de situación voo americano-encoro (Santiago Palmeiro)
Ver
un traballo estupendo de Juan Carlos Álvarez sobre este voo na zona de Prada e
alrededores.
Saír
Por fin temos as fotografías do voo americano do ano 1956.
Decir que xa estaban a facer o encoro pero as fotografías
son documentos únicos.
Levaba varios anos detrás, incluso intenteino en Torrejoz
de Ardoz, tiña un amigo investigando, aparte do Ministerio do Aire.
Por fin hoxe 24 de Maio do 2012, temos as fotografías e
seguramente poderemos reconstruir o pobo de Alberguería.
Esta é unha pequena mostra da documentación:
 |
Así é como está hoxe
Alberguería. Asolagado. Sumerxido no encoro de Prada. 2012
|
Así é como estaba no ano 1956
Voo Americano feito en toda España |
 |
Fotografía bastante boa onde se ve o
azud en construcción, a Ponte de Prada-O Bolo, o río Xares,
Preboubo, incluso a Pontella a Corexido e como non
Alberguería. Repito unha fotografía histórica e única. A min
dame moita satisfación poñela para a xente que inda vive de
Alberguería e todos os nosos amigos.
As sombras son bastante lóxicas debido
a altura do voo e seguramente o distinto nivel. É unha
hipótesis.
¡¡SEMPRE
ALBERGUERÍA!!
|
 |
Nesta fotografía vese mellor
Alberguería. |
 |
Aquí xa aparece feito o
poboado de Prada, así como o azud do encor. o aumento é do 150%
pódese seguir aumentando pero perdemos nitidez. De tódolos
xeitos vense os camiños a Prada, a Meda e a Corixido
perfectamente, tamén Preboubo e por suposto Alberguería.
Vou intentar darlle uns
aumentos máis.
|
 |
Alberguería con 300 aumentos
sobre a fotografía normal.

Este era o mapa do pobo feito
por Ovidio Prada. |
 |
Este é o cuadrante, casi completo, que trae
a fotografía do voo. |
Neste pdf de 15 mb tendes o cuadrante tal cual . Ollo
a ocupación. |
Na seguinte tendes tamén unido o mapa de
Prada.
Pulsando por riba
tendes os dous.
(Prada e
Alberguería)
Ollo cada fotografía, en realidade é un pdf
ocupa 15 Mb.
Volver
VIDEOS
VOO AMERICANO-ENCORO.

Os dous videos son para mín dous
xoias, como todo o que fai Santiago Palmeiro, o que lle
dou as gracias e un abrazo. Como sempre.
Volver