As fotografías anteriores son un
auténtico regalo que me envía Carlos García Herbella do diario
O Sil
do Barco de Valdeorras, decir que lle estou moi agradecido. Son unha xoia histórica que ben a enriquecer
unha páxina www que penso vai alcanzando un bon nivel.
O encoro foi inaugurado, como se ve na
fotografía, nada menos que por Francisco Franco Bahamonde,
foi o día 15 de setembro do ano 1961, as 18:00 horas.
Atrás quedan moitos anos no que Moncabril
levaba construindo o encoro que asolagou para sempre o pobo de
Alberguería.
Atrás quedan tamén moitas historias de
oposición, moitas mágoas, moitas noites sin dormir, moitas inxusticias,
que me consta se cometeron, moitos abusos de forza, como o desaloxo
pola Garda Civil a cabalo dos derradeiros veciños de Alberguería, moitas
prebendas e moitas cousas que o mellor un día me decido a escribir...
De momento sirvan estas fotografías dun evento
que foi de ledicias para algúns e de terrible e dramática tristeza para moitos.
Nestes moitos tristes estou eu, que nestes anos teño escoitado moitas historias
de tristeza sobre a construcción deste encoro, pero tamén moitas
ledicias dun pobo, que pese o paso dos anos (no 2003 xa pasaron 44 anos) inda sigue
vivo, inda que sexa no fondo do encoro...
Alberguería sigue vivo nos nosos corazóns...
Sempre Alberguería...