No que sigue vou facer referencia ó
romance Ribeirana, de Víctor Campio Pereira, e que apareceu no Programa de
Man das Festas Patronais de Laias en 1997.
Posteriormente Víctor Campio
Pereira, compañeiro do IES as Lagoas cedeume a publicación de este romance
para a miña páxina sobre Os ríos Galegos, romance que copie integramente,
poñendo fotografías alusivas, no apartado de os
ríos son poesías.
No ano 2013 a Coral Viladauga
incorpora o seu repertorio un Alalá que utiliza as dúas primeiras
estrofas deste Romance Ribeirana. Tamén aparece publicado no libro "Laias
unha parroquia milenaria" de Vicente Alberte Iglesias. Lembro que
curiosamente, esta é a anécdota: Víctor faloume deste tema, xa que
ese poema estaba publicado dende moito antes na miña páxina web. Como si
fora meu faloume Víctor de que en Laias iban a facer uso do mismo, non sei si
na publicación ou a nivel do coro. Lembro que lle dixen; Víctor o que ti queiras e fagas
está correcto, o poema e solo teu...
Este é o romance que fai referencia
ó río Miño, romance que tamén incorporo a miña ficha sobre o río Miño.
--------------------------------------------------------------------
Romance Ribeirana