|
|
|
Antecedentes (Pequeno resumen): Este movemento, que agora figura avalado, o parecer, por 444 firmas (prensa do 18-09-2002) de Valdeorreses, está promovido por Francisca López Porto e o seu marido. Francisca López Porto é filla de Demetrio López e Francisca Porto veciños de Alberguería en 1958. Francisca e o seu marido viven a carón do encoro nunhas casas que figuran nesta fotografía e que foron construidas despois de feito o encoro. No lugar aparece o nome de Alberguería posto deste xeito que se ve na fotografía. As súas peticións son que o Concello da Veiga recoñeza a este lugar como a Alberguería. Queren figurar no mapa da provincia de Ourense. Tamén fan outras reclamacións. Nesta páxina www, dedicada a todo o relacionado con este pobo desaparecido baixo o encoro de Prada, estou aberto a todas as súas reivindicacións. Simplemente decirlles que me teñen a súa disposición, para publicar o que queiran e sexa cal sexa a legalidade da súa petición, na que non vou entrar. |
De momento recollo os recortes de prensa e fago un resumen:
|
|
Noticia aparecida no diario La Voz de Galicia, el 18-09-2002
|
|
|
|
|
Dende o ano 2003 non teño noticias de que este movemento siga adiante. |