En principio soio teño referencias de Don Rómulo
Carracedo, que era o médico que asistía os veciños de Alberguería polos
anos cincuenta.
Un gran médico. Seica vivía en Meda.
Do que máis se lembran é de D. Vicente García
Carrasco, que se incorporou o 28 de novembro do ano 1948. Ata 1987 foi o
médico da comarca ata que nese ano se incorporou a política.
Un home serio e cumplidor, según moitas persoas, según
outras o único inconvinte é que non era moi puntual.
A verdade é que naqueles tempos primeiro movíase en
base a un cabalo chamado "Rubio", e o municipio era bastante grande.
Logo mercou unha moto e a cousa cambiou bastante.
Recentemente 11/09/2005 ben de ser nomeado "Fillo
adoptivo de A Veiga" así como o Centro de Saude parece ser levará o seu
nome.
Seica D. Vicente tiña moitos casos de tubercolosis e
pasou moitas noites sin dormir por vías do grande que era o municipio.
Atendía aproximadamente 150 nacementos o ano.
Lembra con agarimo que na zona coñoceu a súa muller, o
amor da súa vida...