OS NOMES DAS LEIRAS OU EIDOS DE ALBERGUERÍA

 

No meu recorrido polas casas de Alberguería e os expedentes abertos para malpagar estas casas e as súas fincas na expropiación realizada como motivo de facer o encoro de Prada, tema que prometo escribir en calquera momento; documentación que figura en carpetas no Archivo Histórico Provincial de Ourense, tomei nota de moitos nomes de leiras ou eidos das que eran propietarios os veciños de Alberguería.

Estos son algúns nomes dos que tomei nota, simplemente 50 nomes, por soposto, dos miles de eidos dos que eran propietarios os veciños de Alberguería:

A Cortiña; Reboial; A Gayosa; Rebolal; Gayosa; Forcadas; O Bao; Abelaira; Buxelos; Valdemarilo; A Ponte; As Cubas; A Pena; Fraguama; Touza larga; Prado de Bontacide; Retourel; Fonteboa; Carballal; Lavandeira; A Pomba; A Barreira; Oleiros; Barxas; Corredoira; O Coiñedo; A Canada; A Gayosa; O Pereiro; Cubelas; Prado da Fonte; Chudarca; Cortiñeiro; Chao de Matiño; Buzaqueiras; Fondo da Costa; Candedo; O Val; Lama Redonda; Os Morrillos; A Calzada; Pradoliño; Cubeto; Hortariza; As caldeiras; Fonteboa; A Corga; A Regueira; Valdemarilo;  As Penas; A Aira; Cortiñeiro e Caborca.

As fotografías son todas de lugares próximos a Alberguería. Concretamente no fondo deste prado que hoxe está cheo de bidueiros recén plantados. pasa o regueiro de O Couso. Non hai nin un km. o encoro.

A primeira fotografía está a carón do camiño feito por Moncabril e que leva a Prada. A esquerda da fotografía pasa o Regueiro do Couso.

A seguinte fotografía vese o fondo o encoro. Por ese fondo pasaba o camiño de Alberguería a Meda.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír