Saír
OS NOMES DAS FONTES
A fonte que aparece na fotografía non é de
Alberguería, pero en tódolos pobos había fontes similares a esta,
trátase de fontes feitas de cantería, con depósito cuadrangular,
cuberta de perpiaño e coa auga sempre fría. Xeralmente veciñais.
Seguro que na Alberguería había unhas cantas.
A da fotografía é unha fonte que está en Requeixo, non moi lonxe de
Alberguería, no pobo de Sanabria.

Calquera día, con axuda de Lily, por exemplo, pomos no
dibuxo as fontes do pobo.
 |
 |
Iglesia de Alberguería.
Observar que había unha
fonte a pé da iglesia. |
Pobo de Alberguería.
Ata seis fontes no pueblo. É o xurado de Expropiacións de
Ourense decindo e firmando que non tiñan auga ou era escasa.
|
Alberguería
era
un pobo que tiña moitas fontes, dice Lily, e que detallarei a
continuación:
Dentro
do
pobo:
1)
Prado do liño (no cima do pobo), 2) Da Zorra (debaixo da casa do Sr.
Julio), 3) Do Xardín (onde a casa do Pedro do cura), 4) Do Licor (onde a
Cruz), 5) Das Abelairas (debaixo da cortiña), 6) Do Cagallón (pasando
a casa da Sra. Remedios).
Fora
do pobo:
1)
Dos Pitos, 2) De Covas, 3) Das Corgas, 4) A Grande, 5) Das Fornas, 6) O
Coballón, 7) A Ladeira, 8) As Fontiñas, 9) O Prado Veso, 10) De
Cancelos, 11) A Veiga, 12 O Pereiro, 13) O Rebolal, 14) As Cubas, 15) De
Veado, 16) Do Domingón.
|
Subir.
OS NOMES
DOS REGUEIROS

Os regueiros os que se
refere Lily, son sin dúbida regatos pequenos, neste caso afluentes
do Xares. O Regato da fotografía é precisamente o regato do
Prado da Fonte fotografiado polo autor da www en setembro do 2005.
Neste dibuxo vense perfectamente os regatos.
Os
“regueiros” que pasaban
polo pobo e desembocaban no río Xares eran dous:

Fotografía do regato do Prado da
Fonte, a verdade é que inda ten vida a pesar do
deterioro da zona.
1)
Regato do Prado da Fonte (nacía na serra), no dibuxo tamén se chama
Regueiro do Couso,

Este era en setembro do 2005 o regato
de Varxa; unha ialma en pena en setembro do 2005, apunto de
morrer. Pero seguirá regando a zona, seguro...
2) Regato da Varxa (desde Barreiros).
No dibuxo Regueiro de Barreiros.
Os dous regatos xuntábanse por
debaixo do pobo, por debaixo de Buxelos, e logo xa desembocan no Xares
(1/2 km antes da presa).
No primeiro regato no de Couso había no mesmo pobo un
muiño e unha forxa. (De feito un dos camiños que iba o río chamábase
Camiño da Forxa.) |

Neste mapa de 1941
están claros os regatos e a súa situación no pobo de
Alberguería.

Esta fotografía sacada
tamén polo autor da www, vese o regato do Prado da Fonte
mismo na súa entrada no encoro de Prada, xa moi preto das
primeiras casas de Alberguería; levaba moi poquiña auga xa
que o ano 2005 foi de seca total.

A festa de Alberguería, os días 15 de
agosto de todos os anos, facíase no Prado da Fonte
precisamente. Na fotografía vense os músicos e moita, moitísima
xente, bailando e outra sentada no prado, disfrutando do
día. ¡Estas si que eran festas!...
Ver o Prado da fonte no dibuxo a carón do
regato do que falamos.

Subir.
OS NOMES
DOS PONTÓNS.

O pontón (noutros lugares dinlle pontella) da fotografía non é de Alberguería, pero dícelle
ao lector que é realmente un pontón, que
normalmente eran de madeira como o da fotografía. Tamén había
pontillóns que normalmente eran de pedra.
Alberguería tamén
tiña cinco “pontóns”
que rodeaban o pobo, algúns eran de madeira, pero
a maioría eran de pedra:
1)
Do Prado da Fonte, 2)Da Barxa, 3)Do Prado Veso,
4)De Buxelos, 5)De
Ricoi.
|

Na fotografía vese
claramente o pontón de Buxelos. (Abaixo a dereita)

Na Alberguería tamén había una pasarela que
cruzaba o río Xares.
Unha pasarela
que non é moi distinta da que cruzaba o río Xares pero uns
quilómetros máis arriba no camiño que levaba a Corexido.
Na fotografía está pasarela levaba o muíño que
se ve máis arriba e tamen onde estaba a turbina da minicentral que
daba luz o pobo de Alberguería.
A fotografía é unha xoia.
Tamén permite observar o río Xares.
Esta pasarela estaba a 500 metros augas abaixo
da Ponte de Alberguería. |
Subir.
A PONTE
DE ALBERGUERÍA.


Ponte de Alberguería.
(Finais do
século XIX o principios do século XX)
Esta ponte (que seguramente é de
principios do século XX)
estaba por baixo do pobo da Alberguería, entre a isla de Preboubo e a
marxe esquerda do río.
(Case xunto a presa, ver o mapa, camiño de Alberguería a Aceveda)
A fotografía non é moi boa, pero é o
suficiente para decatarse da importancia desta ponte.
En principio hai que supoñer que esta ponte non
existía en 1850, ano no que Madoz escribe o seu diccionario; e
non a cita, dice que había unha ponte de madeira para cruzar o Xares
camiño do Bolo. (Efectivamente estaba no camiño dende Alberguería
a Corexido, ver o mapa).
|
Nesta fotografía vese mellor:
A ponte é a misma que na
fotografía anterior, o que pasa é que nesta fotografía,
está un pouco retocada xa que estaba moi estropeada.
Observar tamén, por debaixo
da ponte unha pasarela que cruza o río Xares.

Nesta sensacional fotografía sacada
polos anos 1955 vese a ponte de Alberguería e un camión caído no
río Xares.
No camión iban os
enseres dunha familia de Alberguería no seu traslado por
culpa do encoro.
Non houbo víctimas, pero si un susto de
morte para o conductor e os axudantes.
|
Recentemente Ovidio
Prada faime entrega dunha fotografía sensacional da
Ponte de Alberguería.
Ver este link.
Subir.
|