A
IGLESIA DE ALBERGUERIA.
Fachada principal da Iglesia de Alberguería,
en Alberguería (A Veiga-Ourense). Tamén se ve unha das fontes das moitas nas que se abastecía
o vecindario.
A iglesia de Alberguería
estaba situada no medio do pobo de Alberguería.
Nesta imaxen de Alberguería, hoxe
debaixo do encoro de Prada, vese perfectamente a iglesia,
orientada ao poñente como debía ser.
A iglesia perteneceu os Templarios e
pasou a encomenda de San Juan de Jerusalem. (Ver o artigo de A.
Castro Voces e tamén o escrito de Ovidio Prada)
A igrexa estaba consagrada á Nosa
Señora da Asunción.
O altar maior estaba
consagrada a Virxen da Asunción.
O patrono da
iglesia era San Roque.
Hoxe este altar desapareceu, non se
sabe como...
A Iglesia foi trasladada
ao pobo de
Vega de Cascallana, entre o Barco e Ponferrada, a cincuenta
kms. de Alberguería.
En Vega de Cascallana, onde
levaron a iglesia cando quedou asolagado o pobo, non hai máis
que a fachada e para eso con diferencias, dentro nada de nada...
Unha vergoña.
Iglesia de Alberguería en
Alberguería.
A igrexa parroquial estaba consagrada á Nosa
Señora da Asunción (como xa está dito) e tiña por anexo a de Corixido.
Era de mediana
arquitectura e "bastante capaz" pero escasa de xoias e
ornamentos. Hoxe non se conserva apenas nada, salvo un reloxo , un
arcón e un grabado.
Dícese nos documentos da época que
"perteneció a
los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalém por
cuya sacra asamblea se presenta al curato...".
O cemiterio estaba
situado no adro da igrexa e había unha ermida adicada á Santa
Cruz que estaba situada xunto a unha das fontes das que se abastecía
o vecindario.
Altar maior coa Virxen no centro e San Roque
nun dos altares.
De tódolos xeitos tiña un altar moi bonito, que
dasapareceu o mesmo cás imáxenes. Nas miñas investigacións posteriores
parece que o altar foi comprado por un antiquario das Ermidas.
Nesta fotografía vese o seu interior.
O púlpito (onde estara?) foi feito por Victorino Estévez, pai de Lily, no seu taller de carpintería.
A pila bautismal, según
Ovidio Prada de moitísimo valor, tamén
figura desaparecida. Realmente lamentable. Estuven investigando onde
pode estar, seica está en Ourense, na finca dun constructor, pero
de momento non podo decir máis...
As campás tamén desapareceron xa que foron fundidas coas de
Vega de Cascallana. Cando intentei grabar o seu son, como primicia para
os meus veciños de Alberguería, atopeime que realmente non eran as
de Alberguería...
Iglesia de Alberguería apuntalada para facer o traslado a
Vega de Cascallana.
A iglesia de Alberguería está actualmente no
pobo de Vega de Cascallana (por riba do Barco de Valdeorras), polo
menos a ese pobo foi onde levaron as pedras e demais elementos.
O traslado foi feito polo
famoso contratista e Maestro de Obras de Ourense Francisco Cachafeiro
(que ó parecer perdeu máis de doscentas mil pesetas no traslado).
Ver o traballo de Santiago Palmeiro (Aquí nos vendría bien la
iglesia de Alberguería...).
Iglesia actual en Vega de Cascallana a casi
cincuenta kms.
Nunca mellor dito, levaron as pedras e pouco
máis... Cambiaron bastantes cousas, entre elas o espesor da pedra das
paredes e
outros elementos básicos como a fachada principal... Santiago Palmeiro fai un reconto dos
cambios, que foron moitos, no seu sensacional traballo, xa
citado; ver máis abaixo.
Non conservaron ni a Cruz de
Malta ou Cruz da Orden Militar de "San Juan de Jerusalén", polo
menos a da parte traseira:
Cruz de Malta
na antigua
iglesia de Alberguería, na parte do altar. Por
diante tamén observo qur tiña a misma cruz, pero sin
zócalo.
Cruz de Malta
na nova iglesia de Alberguería na
Veiga de Cascallana.
A iglesia de Alberguería no pobo
de Vega de Cascallana. ¡¡¡Non é o misma !!!.
Esta é a iglesia actual de Vega de
Cascallana por dentro.
-------------------------------------------------------------------------------------------
Para ampliar datos sobre esta
Iglesia:
Fachada principal da Iglesia de Alberguería. Vese tamén a fonte que había preto da iglesia.
Fachada posterior. O redor estaba o cimeterio.
As únicas cousas que se conservan do interior da iglesia.
|