04-12-2005 |
|
A igrexa estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción.
A igrexa parroquial estaba consagrada á Nosa Señora da Asunción e tiña por anexo a de Corixido. Era de mediana arquitectura e "bastante capaz" pero escasa de xoias e ornamentos. Dícese nos documentos da época que "perteneció a los templarios y pasó a la encomienda de San Juan de Jerusalem por cuya sacra asamblea se presenta al curato". O cemiterio estaba situado no adro da igrexa e había unha ermida adicada á Santa Cruz que estaba situada xunto a unha das fontes das que se abastecía o vecindario. De tódolos xeitos tiña un altar moi bonito, que dasapareceu o mesmo cás imáxenes.
A pila bautismal tiña tamén o seu valor. Tamén figura desaparecida. Realmente lamentable.
As campás tamén dasapareceron, o final foron fundidas coas campás de Vega de Cascallana, para facer as actuais. Relmente esto é o colmo dos despropósitos, por non pensar noutra cousa.
A iglesia de Alberguería está actualmente no pobo de Vega de Cascallana (por riba do Barco de Valdeorras) polo menos a ese pobo foi onde levaron as pedras e demais elementos. Nunca mellor dito, levaron as pedras e pouco máis.
Iglesia de Alberguería ?, en Vega de cascallana. Moitas cousas novas incluso a pedra foi rebaixada de 60 cms a 40 cms. Realmente parécese pouco.
A iglesia de Alberguería no pobo de Vega de Cascallana.
Iglesia de Alberguería ?, en Vega de cascallana. Por dentro non ten nada da de Alberguería. Realmente non se parece en nada... ¡¡¡Non é o misma !!!.
Máis sobre a iglesia de Alberguería: Recentemente setembro do 2005 chegan o meu poder unha fotografía históricas do interior da iglesia de Alberguería, a fotografía é a seguinte:
Por último fai uns días Tiberio, un veciño de Alberguería, un home entrañable, faime chegar dúas xoias da Virxen de Alberguería, dous milagros feitos fotografía, que son as seguintes:
Na fotografía figuran, a dereita, a moza que se llamaba Amparo (que xa morreu, según nos informa a súa familia, na primaveira do 2005; familia a que saludo e a que lle dou as grazas pola información. Sei de boa tinta, comentoumo Tiberio, que lles sorprendeu gratamente a fotografía. A outra moza a da esquerda da fotografía chámase América, e sei que actualmente é monxa e reside en Buenos Aires. A imaxen sobra decir que desapareceu, a verdade que non ten nome estos feitos. A igrexa e Moncabril (xa desaparecido) terían moito que decir do tema e gustaríame tirar da investigación, pero non sei como...¡Queda dito!.. Os camiños de internet son incribles...
Aproveito unha vez máis para dar as grazas a Tiberio e por suposto un abrazo moi grande. ------------------------------------------------------------------- Nota moi importante:
|
As fotografías foron enviadas por Julia Corzo Vega (que vive en Ponferrada) e a súa filla Juli (Julia Pérez Corzo, que vive actualmente en León) (Tiberio actuo de intermediario)
Dende esta páxina www quero dalas gracias a esta familia pola súa colaboración.
Estas foron as outras fotografías enviadas.