|
ALBERGUERÍA
POBO
ASOLAGADO POLO ENCORO
DE PRADA 1958 (Ourense).
FESTA
DO ANO
2002.


¡Sempre
Alberguería!
Camiño da festa.
Sair

CAMIÑO DA FESTA DE
ALBERGUERÍA.

O cañón do río Xares, xunto a central de
Prada.
Por razóns das miñas vacacións, fixen a viaxe
dende a Coruña ata Ponferrada, logo visitei a iglesia de Alberguería
en Vega de Cascallana, e tomei a estrada que leva dende o Barco ata
Prada, por Santiagoso e pasando o río Mao.
Realmente
sensacional a paisaxe, una zona incriblemente bonita.
Poño
unhas fotografías que demostran a beleza deste lugar da Provincia de
Ourense que é sensacional, ademais de espectacular,
tamén do máis descoñecido e menos explotado.
 |
Vista da Conca do río Sil no Barco de Valdeorras.
A vista está tomada dende o alto preto da Pena Cabrón a 1361 m., na
estrada OR-121 do Barco de Valdeorras (Ourense) a Prada e a Veiga
por Santiagoso. A dereita Ponferrada. De frente, no centro o Barco de
Valdeorras (Ourense).
|
|
|

Outra vista xa baixando pola misma estrada ata
Prada. A dereita o cañón do Xares, no medio o Santuario do Santo
Cristo de la Ascensión en Prada, a ezquerda unha canteira na zona onde estaba
Alberguería. Esta canteira, está na Parroquía de Alberguería (hoxe
desaparecida e que perteñece a Veiga).
|
|
 |
Nesta fotografía vese perfectamente a zona de Prada. No medio a
canteira, a ezquerda (de branco) o encoro de Prada, onde estaba
Alberguería. A fotografía está sacada baixando pola estrada de
Santiagoso, cara a Prada, xusto polo cañón do río Mao. Un lugar
maravilloso da Provincia de Ourense.
|
|
 |
Outra vista do Santuario do Santo Cristo de la
Ascensión de
Prada. Por certo nin aparece no mapa publicado recentemente pola Voz de
Galicia, citando fontes da Consellería de Cultura. Realmente non
sabemos nin o que temos na Provincia de Ourense... lamentable.
|
|
 |
O cañón do río Mao, co Santuario do Cristo da Ascensión de
Prada, sacado dende a estrada que baixa cara a central do encoro de
Prada no río Xares. As árbores son a maioría castaños. Trátase dun
lugar maravilloso dentro da Provincia de Ourense.
|
|

|
Outra vista do cañón do Xares. No fondo onde
está a central da Presa de Prada, confluen o río Xares e o río Mao,
que baixa pola ladeira dende onde está tomada a fotografía.
|
|
 |
Fixen tamén unha visita a central de Prada, onde confluen o río
Xares e o río Mao, a palabra é "terrible a desfeita". Por certo a este
lugar chega a cola do seguinte encoro. O caudal ecolóxico, hoxe,
15-08-2002 era maior que otros días, pero, dende logo, moi debil. A
zona está estragada por non decir outra palabra.
Por certo o cañón do Xares incrible.
Sin dúbida a zona é especialmente
fermosa.
Sensacional.
Saír
|