O libro está publicado pola Xunta de Galicia, Consellería de Cultura e Xuventude e Coordinado por Dolores Vila Jato. As fotografías son de Mani Moretón e outros.

 

 

 

 

 

 

Na contraportada do libro trae este mapa que efectivamente situa perfectamente o Santuario, dentro da Provincia de Ourense e dentro de Galicia.

A estrada primeira que se ve en bermello é a que leva dende Monforte a Ponferrada pasando pola Rua.

A segunda estrada é a que parte da Rua ata Ourense pasando por Trives, tamén en bermello.

A terceira en verde leva dende a Rua a Viana. Esta é a que hai que coller, o pasar Portomourisco ir atentos o desvio a dereita...

Ver algunhas fotografías da zona.

(Pulsando a fotografía vese máis grande, a pantalla completa, pero tarda tempo)

 

Fotografía de Mani Moretón.

O libro trae os seguintes puntos:

"Historia do Santuario de Nosa Señora das Ermidas" por Miguel Ángel Gonzalez García.

"O Santuario das Ermidas. Programas iconográficos" por Maria Victoria Carballo-Calero Ramos.

"A importancia dunha restauración" por Mª Dolores Vila Jato.

"Bóveda de madeira da nave da igrexa do Santurario da Virxe das Ermidas, en Ourense " por Enrique Nuere.

"Informe final de restauración" por el equipo técnico de REARASA.

O libro está escrito en galego e castelán e impreso por Imprenta Mundo S.L. en 1992.

Fotografía de Mani Moretón.

No primeiro artigo, Miguel Angel Gonzalez Garcia, escribe sobre os orixenes do Santuario, sobre o Bispo Mexía, sobre Frai Nicolas de Madrid e outros bispos benfeitores, sobre os administradores, sobre as fontes de financiamento do Santuario, sobre unha casa de pregaria e devoción, as Ermidas como centro de arte e de cultura e o lento declinar deste Santuario.

 Poño un trociño deste traballo:

"Unha casa de pregaria e devoción.

En definitiva o Santuario das Ermidas foi e é esencialmente un lugar de culto mariano e toda a actividade tería como meta coidar e potenciar este capítulo. Ordinariamente mañá e tarde as campás anunciaban a celebración dos cultos ordinarios que se centraban pola mañá na Misa Cantada, descubríndose o chegar ó Sanctus, a venerada imaxen que habitualmente permanecía velada, e pola tarde o rezo do Rosario e a ledaiña, culminándose co canto dunha famosa salve en castelán e os Gozos, que como era costume fan un percorrido pola Historia da Venerada Imaxe:

Tu nombre empieza a sonar

y de Astorga los Prelados

dones y afectos colmados

te llegan a tributar:

Templo te labró Tobar,

Madrid capilla en que habitas.

As solemnidades principais da Igresa e moi particularmente a Semana Santa coa cerimonia do Desancravo e o Domingo de Pascua co Encontro e o estoupa o Xudas, un moneco simbolizando ó apóstolo traidos, cheo de explosivos que se prenden entre a alegría popular, foron e seguen a ser datas de convocatoria xeralizada para as xentes dos arredores e para esplendores litúrxicos sobresaíntes".

-----------------------------------

No segundo artigo, María Victoria Carballo-Calero Ramos, escribe sobre datos históricos e documentais para unha posterior tarefa de reconstrucción iconográfica, e posterior interpretación iconolóxica, dentro do templo e igrexa.  

O longo de varias páxinas describe a historia de como se fixeron os altares, e decoraron as bóvedas, dependendo dos gustos dos administradores (Rodriguez Blanco e Sáenz Martinez),  os seus cambios de gustos, e a prosperidade económica que deron lugar a todo un conxunto que chama programa iconográfico que se foi xestando dende 1711 comenzando na verxa da entrada, cós seis leóns, en pedra, sobre pirámides e rematando no altar maior, co Retablo Maior os pés da Virxe.

Tamén as capelas laterais e a iconografía da sacristía.

Todo o anterior remata en 1764.

Soio 34 anos estuvo esta maravilla sin alteracións. 

(Gustaríame reproducir o artigo completo, é sensacional, pero poden chamarme a atención, tén un depósito legal c-1718-2 e un ISBN 84-453-0613-8 e deixemos a cousa así... ).

Detalle da Bóveda, pinturas do lado do Evanxeo e pinturas do lado da Epístola. Toda unha serie de marioloxías e xeroglíficos en alabanza da Nosa Señora das Ermidas. Tramo por tramo aparece explicado no texto de María Victoria, xa citado.

Pulsar para ver en grande.

Estado da bóveda anterior antes da restauración 1990. O proceso de restauración está explicado no libro citado cun informe final que realiza o equipo técnico de REARASA. Previo hai todo un artigo de Mª Dolores Vila Jato, explicando a restauración e a súa importancia. Tamén hai no traballo un artigo de Enrique Nuere explicando a bóveda de madeira da nave da igrexa do Santuario da Virxe das Ermidas, en Ourense. No seu artículo faise a pregunta, o parecer típica, ¿a nave proxectouse de madeira ou a madeira foi unha solución de última hora ?. O final da unha explicación científica do porque do xeito de restauración que se fixo.

Todos os textos anteriores chmáronme a atención; son unha auténtica maravilla, trátase dun libro básico para sacarlle partido a unha visita obligada a calquera galego amante da súa terra e das súas cousas...

Algunhas fotografías do libro citado:

Cristo coa cruz a costas. Este Cristo foi restaurado pola Xunta de Galicia, na restauración que fixo en 1992.

 

Outro dos pasos restaurados do Viacrucis.

Sensacional.

O Calvario unhas das tallas do sensacional Viacrucis que hai o pé do Santuario, nun tramo de 2 km.

Único en Galicia.

O libro tamén trae unha auténtica maravilla como é o mapa das estacións do Viacruces, único en Galicia:

O mapa trae, partindo do Santuario das Ermidas, na cota  550 o itinerario dende a estación I que está no Santuario ata a estación XV que está pasando a Comarcal 533 entre a Rúa e Viana. Esta última estación xa na cota 625.

Este viacrucis do Santurario das Ermidas é único en Galicia e ten unhas figuras fora de serie.

Son sobre 2 kms. sensacionais.

De todo a anterior o internauta soio ten que sacar unha conclusión evidente: hai que ver este santuario, hai que disfrutar vendo esta maravilla, está en Ourense e ademáis é doado chegar dende calqueira punto de Galicia no día. Merece a pena.

Os non galegos, xa sabedes, un lugar a visitar. Por certo na zona pódese comer moi ben e cun viño mencía fora de serie...

 salir.jpg (922 bytes) Volver a Fotografías.