UNHA
ZONA SENSACIONAL DO RÍO BIBEI EN OURENSE

"Buscando o Santuario das
Ermitas pola estrada da Rua a Viana, atopei (xa o coñecía) un Santuario fermosísimo que
merece a pena visitar, pero tamén un río defenestrado por un
encoro que non deixa vivir nin as rás...".
Ver algunhas fotografías...

No mapa atópase o Santuario das
Ermidas no punto marcado en bermello e azul no centro, a estrada
verde é a que leva da Rúa a
Viana, pasando por Portomourisco, e o Alto do Covelo, hoxe en moi
boas condicións. O Santuario está no Concello do Bolo, entre a
Rúa e Viana, na Provincia de Ourense. As
curvas de nivel é por onde debera pasar o río Bibei, que hoxe
deberan chamarse "os Charcos do Bibei" gracia a
Iberdrola.
A zona é moi
doado chegar. Basta ir ata a Rúa e coller a estrada vella, que
vai ata Ourense, por Trives, os catro km. o chegar a Freixido coller a
ezquerda, estrada que vai a
Viana.
A catro kilómetros está
Portomourisco e a 13 km está indicada a baixada o Santuario das
Ermidas. Dende a estrada xa se ve o Santuario (ver a primeira
fotografía).
Merece a pena, trátase dun
santuario do século XVII cunha lenda que data do século
VII, xa que o ganado o pasar pola zona tornábase doente. Os
pastores investigaron e atoparon unha virxen cun Neno no
colo. En vistas o anterior fíxose unha pequena ermida (ermita) e no
século XVII o obispo de Astorga fixo o monasterio actual.
O
Santuario é precioso así como o edificio lateral chamado
Casa da Administración e un viacrucis que arranca no adro, con 14
capelas, e que
data do século XVIII. Este viacrucis é único en Galicia.
Ver algunhas fotografías da zona.
(Pulsando a fotografía vese máis
grande, a pantalla completa, pero tarda tempo)

Fotografía de 1934. Descoñezo o autor.

Descoñezo o autor da fotografía. |
Santuario das Ermidas, no Bolo,
Ourense. A romería da Virxe das Ermidas, faise o 9 de octubre,
a esta romería van moitísimos peregrinos de Trives, Valdeorras,
Viana, o Bierzo e Sanabria. que van a pé e algúns descalzos;
trátase dende logo dun Santuario moi milagreiro e ten moita sona.
En tempos os devotos estaban nove días; na zona estaban habilitadas hospederías e pousadas.
Tamén me consta que iba moita xente do
pobo de Alberguería, que hoxe está no fondo do encoro de Prada
(dende 1958). Había 9 kms. de distancia, distancia que se podía
recorrer perfectamente no día (madrugando). Ver
mapa.
A zona é preciosa, únicamente desentona
o leito do río Bibei, sen auga por culpa de un encoro de
Hiberdrola que non deixa prácticamente caudal ningún. A Xunta de
Galicia debería tomar mans no asunto e facer que este río volva
a ter vida. |

Descoñezo o autor da fotografía. |
O cruceiro que se ve nesta
fotografía, que está precisamente no adro, foi costeado
polo portugués Manoel Miranda cun donativo de 510 reais de
vellón. O cruceiro é un simbolo da Árbore da salvación, un
viacrucis condensado. Casi nada. A partir de aquí arranca un viacrucis,
precisamente vense na fotografía as primeiras capelas, este
viacrucis foi feito
xa no século XVIII, que segue o "Camiño do deserto",
con sesenta e dúas figuras xeitosamente talladas. A quinta
estación desapareceu no 1909, por mor dun derrumbe, sendo refeita
máis tarde.
De frente a Casa da Administración. Lugar
para o estudio do Latín e da Filosofía, dependentes do seminario
de Astorga.
|
 |
 |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Vista do Santuario dende a estrada da Rúa a
Viana. O cañón do río Bibei é impresionante pero non ten río...
|
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
O río Bibei a carón do Santuario ¡pobriño!
non viven nin as rás... unha vergoña.
|
 |
 |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Pequenos soportais, onde vendían os devotos
diversos víveres e outros. O Santuario foi realizado a
proposta de Alonso Mexía, que seica curou milagrosamente neste
lugar, pero o edificio foi realizado polo seu sucesor, Nicolás de
Madrid, que dirixía naquel intre a construcción do Panteón dos Reis
do Escorial.
|
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Vista do adro do Santuario e da fachada do
Santuario. A iglesia, dende logo, é fermosísima e non se axusta os
moldes
clásicos, de feito está orientada o naciente, o que é bastante
atípico. Por detrás ten unha gran roca, e esa debe ser a razón, entre
outras.
Dende logo o Santuario é dos mellores de
Galicia.
|
 |
 |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Outra fotografía do entorno do Santuario.
O santuario está rodeado de socalcos onde madura o viño entre olivos,
cipreses, almendros e xaras. Unha zona sensacional.
|
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
O río Bibei, nesta zona é unha sucesión de
pozos profundos e un pouquiño de auga. Podría ser un río, pero nono
é, son unhas cantas charcas ...Iberdrola, unha multinacional que
presume de ecoloxista, ten a culpa..."poderoso cabaleiro é
don diñeiro"
|
 |
 |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Campanarios do Santuario. O edificio fíxose por etapas, de
feito no interior hai diferencias entre as naves, que foron construidas
en distintas épocas.
|
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Outra vista do entorno.
No ano 1909 houbo un desprendemento de rochas
que arrasou varias vivendas e unha das capelas do Vía Crucis. Foron 28
mortos.
|
 |
 |
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
Outra vista do campanario. No interior do
santuario, o altar
maior é barroco.
No santuario gárdanse algúns obxetos famosos
como o "Cristo Monfortino", que é moi peculiar e ten "a
súa historia", que ven a conto, pero nona conto, hai que ir o
Santuario...
|
Fotografía
de Xustino Barrio.
Pulsar para ver a toda pantalla.
A casa da Administración, que sempre
funcionou como centro de estudios de filosofía e latín
dependente do Seminario de Astorga e como centro hospital de
peregrinos. Tamén como dependencias de artesáns, que alí fabricaban e
vendían as súas cousas os peregrinos. Foi en tempos colexio
(1892-1941), e Seminario (1945-1963).
|
Documentación sobre o Santuario:
Algúns datos anteriores están sacados do libro
"Galicia Enteira" , libro número 11 de Xosé Luís Laredo Verdejo.
Tamén utilizo o libro "Ourense Guia Monumental" editado pola Diputación
Provincial de Ourense.
Atopei
fai uns días o libro "Santuario da Virxe das Ermidas"
Ourense. Un libro que trae moitos datos sobre este Santuario. Publicado
pola Xunta de Galicia no 1992. Ver algunhas
fotografías deste libro e outros datos.
|
Evidentemente o lector
pode pensar que "me paso", cando falo do caudal do río Bibei, e cando digo,
que O RÍO BIBEI, NESTE LUGAR NON É
UN RÍO, SON CHARCAS... A vista das
fotografías, pode pensar que esaxero; pois ben,
aquí van algunhas probas do que digo, de tódolos xeitos non hai mellor
proba que facer unha visita o lugar e comprobalo persoalmente. Así lle
pasou o autor das fotos, o meu compañeiro
Xustino, dixo
o voltar "que
era impresentable como estaba o río". As
multinacionais que teñen os encoros na Provincia de Ourense ( esto xa o
digo eu), fan o que lles
da a gana cós nosos ríos, e a verdade "OS RÍOS NON SON DELES, E XA
VAI SENDO HORA DE QUE MIREN POR ELES, E NON SOIO TIREN DO TETO...".
VER AS FOTOGRAFÍAS.
 |
Nesta fotografía pódense ver os
"charcos actuais" (maio do 2002) do río Bibei o seu
paso polo Santuario das Ermidas, na fotografía da dereita de fai
cincuenta anos, o río Bibei, nun día normal, sin enchentas, a
verdade é que se poñen os pelos de punta por tanta desfeita...
|
 |
Nesta fotografía o río disimula
mais, xa que a carón do muíño hai hoxe un pozo, casi de augas
paradas, mentras que en tempos había o cachón da dereita. Hoxe o
río Bibei, por debaixo do encoro do Bao, é unha sucesión
impresentable de pozos putrefactos que apenas lles chega auga. A
verdade é, que xa está ben deste abuso.
|
Volver a Alberguería.
Mapa
Alberguería - As Ermidas.
 |
Entre o pobo de Alberguería (a
Atlántida galega do interior) e o Santuario das Ermidas hai uns
escasos 9 kms., distancia que se recorría a pé perfectamente no día,
ida e volta. Non me extrana que os veciños de Alberguería foran a esta
sonada e milagreira festa.
No mapa o pobo de Alberguería, hoxe no fondo no
encoro de Prada, no municipio da Veiga, e as Ermidas, que pertenece o
Bolo.
|

|