|
Da-las gracias a Carlos García Hervella, do diario O SIL do Barco, que me remite o nº 17 do periódico O Sil publicado no ano 1997. Unha auténtica xoia que publico completo na páxina www sobre Alberguería. Ese ano tuvo lugar precisamente a primeira festa de Alberguería despois da desfeita... |
|
|
Na memoria colectiva de todo o oriente ourensán gárdase ainda inesquecible aquel feito, insólito daquela. Ninguén quedou indiferente cando Alberguería desapareceu baixo as augas, as mesmas que facían deste pobo do municipio de A Veiga un dos máis fértiles e ricos do contorno. Truncouse a vida de máis de oitenta persoas, que se convirtiron para sempre nuns desterrados. Foi Francisco Franco, ala por mediados do mes de setembro do ano 1961, o encargado de inaugurar oficialmente o embalse de Prada, Cuarenta anos despois os que foran de Alberguería voltaron a reunirse para celebra-la festa da Asunción convertidos xa en centos. |
Pulsando nas fotografías poden verse en grande.
O meu máximo recoñecemento a publicación mensual O sil do Barco de Valdeorras a quen se debe íntegramente este traballo.