INVESTIGACIÓN de O Sil (Publicación Mensual, novembro 1997) ¿A ónde imos ir? Tóda-las portas do mundo teñen dono
|
|
Pode verse en grande pulsando no medio... A comenzos da década dos 50 chegou a Alberguería o rumor de que o pobo ía ser asolagado. De seguida empezaron a facer estradas, a medi-las terras, a construir residencia na que ían vivi-los traballadores de Moncabril, a empresa que se encargou da construcción da presa.
No 58 era xa eminente a desaparición do pobo máis rico do Concello de A Veiga. " Xa dicían que traballaban máis as mulleres de Prada que as vacas de Alberguería -espeta taxante Isabel mentras brilan con máis forza os seus ollos azuis.-. Era un pobo moi descansado. Tiña de todo e producía de todo. Todos lle tillan envexa. ("Os de Prada estaban desexando ver marchar á xente de Alberguería. pensaron que ían quedar máis ricos pero non foi así" explica Ramona) ¿Por qué a empresa non se arreglou con nós? -pregúntase Isabel-. Sólo nos pagaron o que colleu o embalse". "Unha limosna". Apuntilla Obdulia.
Alberguería, que tiña como lema "pobo de amistade e alegría", contaba, xa dende o ano 44, con luz eléctrica; o día 12 de cada mes había feira; escola para nenos e outra para nenas; barbería, panadería, cantina na que, por certo, servíase o licor café máis famoso da comarca. Desto pode dar boa conta Tomás Prada, o taberneiro, ademáis de panadeiro e carteiro, que lembra con sorriso pícaro esa faceta da súa vida empresarial. Non quere, sen embargo, desve-la fórmula segreda e insiste en que era a súa muller "a que se encargaba diso".
Pode verse en grande pulsando no medio... Pero Alberguería tiña ademáis dous regatos que cruzaban o pobo; canal de rego; e a súa terra era fértil que nela dábase de todo: patacas, garbanzos, castañas, viño, trigo..."De todo e todo bon". Reivindica, case airada por aquilo de que a duda ofende, Isabel.
Pode verse en grande pulsando no medio...
Non é, 40 anos despois, tempo de pedir nada. O fin cada un marchou para onde puido e saiu adiante ainda que non fora doado. Pero a rabia e a dor seguen presentes sobro todo polo trato que recibiron dos guardias civiles encargados de custodialos. "Cando nos botaron levabamos un mes escoltados pola policía secreta e a guardia civil a cabalo", sinalan.
Pode verse en grande pulsando no medio...
Ó redor de 20 parellas adicaronse durante o derradeiro mes a percorrer casa por casa para acelera-la súa marcha. O mes de abril veu un temporal de choiva e neve como non se acordaba. "Foi horrible. Sacando as cousas das casas e chovendo sen parar", lembran. "Eu viña de saca-los pas do forno e veu un guardia civil e díxome: "oiga señora, mañá ten que marchar da casa". Ónde quere que vaiamos -conta Isabel ainda indignada- ¿Pagounos a empresa?. E el díxome: nada, maña vimos a buscalos e levalos a unha serra". Oiga, o meu home que estivo tanto tempo na guerra é esto o que defendeu, que nos boten da casa sin cartos e sin nada". "Decían para meterlle medo á xente, que se non nos íamos poñían unha ametralladora no camiño e que nos mataban a todos", engade nun susurro. "Ó fin -conclúe- cada un tivo que marchar como puido. "Cando me dixeron o día que me tiña que ir -relata Tomás Prada- eu díxenlle, daquela xa comprara outra casa, que non tiña inconvinte sempre e cando fixera bon, que chovendo como chovía non me ía. Chegou o día e facía bon. Así que busquei Compañía para carga-lo camión. Íamos alí con todo: marraus, mobles...e cinco críos, a muller e eu subidos no teito do camión. Cando xa marchabamos parounos a guardia civil e preguntoume se íamos ir así. Eu díxenlle que si me poñían un coche que non. Calaron e dixéronnos que seguíramos".
O resentimento hacia a guardia civil e case xeralizado entre os que foran veciños de Alberguería ainda que algúns, mozos daquela, intentan suaviza-los ánimos. "O que tiña a culpa era o gobernador que era quen daba as órdenes", sinala Francisco Arias. "Eu estaba de telefonista na empresa e un día o capitan chamou o seu xefe a Ourense e díxolle: "Esto que estamos haciendo en este pueblo es intolerable, es un atropello". Pero o outro insistiulle en que eran ordes e que había que cumplilas". "Fixeron cousas moi malas" recalca con tristura Isabel. Unha delas é que sacaron os santos e os mortos para levalos a Prada cando o pobo aínda estaba alí". "Aquel día estaba loca. No me dejaban pasar pero me zafé de los guardias y me metí en la tumba de mis padres para ver si había algún hueso y llevármelo. Los operarios -rememora Obdulia- sacaban los restos y los metían en un cartón; mezclaban unos con otros. Yo me quedé allí y cuando acabaron con mis padres les dije que cerraran el cartón. le pusieron el nombre pero quien sabe ..." "Un dos que estaba no cementerio dixo: Agora imos chupar un litro de viño polo oso desta perna. Despois viña andando por este camiño e por onde bebera o viño partiu el a perna", lembra Isabel mentras percorre paseniño o mesmo sendeiro do que fala na súa historia".
Houbo, é certo, varios intentos por traslada-los habitantes de Alberguería a outro lugar. Pero ningunha das propostas convenceu ós afectados. "Nós queríamos un sitio, se tiñamos que marchar, que non fora mellor, pero tampouco peor". "Y sino -apunta Obdulia- que nos pagaran como pertenecía y que cada uno eligiera su camino". "Queríanos mandar para Lugo, a Tierras Llanas, ("a traballar para eles", dice Isabel; "allí donde nos llevaron no se veía más que cielo y tierra, un sitio que no producía nada" apuntilla Obdulia) e como non se aceptou decía que 9 ou 15 veciños fóramos para unha serra preto de Viana..." "Ninguén nos defendía", lamentan todos case o coro "O único que volvía un pouco por nós era o cura, Don Eleodoro, e como volvía por nós botárono". "También Don Raimundo, el maestro -añade obdulia-, que según me contó su mujer años después, recibía cada semana dos o tres anónimos en el que le decían que lo iban a matar si seguía defendiéndonos". Pero, a pesar de todo isto, qué tiña tan especial Alberguería para que os mozos de entón, pais e ata avós hoxe, téñanlle tanto apego. "Había moita xuventude e todos eramos moi unidos", respostan Francisco e Tiberio Arias. "Por Reises facíamos o sorteo dos mozos e mozas. Poñíamos nomes nunhas papeletas e íanse facendo as parellas, que quedaban de consorcio todo o ano. O día de reises tiñan obrigatoriamente que acompañarse. Era moi divertido". E pola expresión dos seus rostros con tan só lembralo, debía ser certo. "Todo era así. Raro era ó sábado ou o domingo que non faciamos unha festa. Había dúas ou tres rapazas que tocaban moi ben a pandereta e alí, o redor da igrexa, organizabámolo baile". É o máis pintoresco pero tamén o máis entrañable de toda a historia e que esa inquietude trasmitíronlla, como a herdanza máis querida, os seus descendentes. "A xente nova chega alí, ó embalse e non se fai a idea. E preguntan unha e outra vez onde estaba o pobo. Por eso a nos gustaríamos poñer unha marca, unha cruz, a imaxe da virxe..., calquera cousa dentro da presa que, máis ou menos, sinale o centro do pobo, onde estaba a igresa. Para que todos saiban exactamente onde estaba Alberguería".
Onde estaba, porque xa non está. Según dín, por moito que baixe o nivel da auga xa non se ve nada. Todo está desfeito. "Despois de que alagaran todo estiveron ainda ben tempo abrindo e cerrando a presa. Moitos aínda fomos alí a coller madeira das casas. Qué como era entón o pobo. Pois como si houbera unha guerra. Estaba todo queimado, todo negro. Unha tristura velo así e saber como era antes..."
Eles son uns dos artífices da romaría que organizaron o día da Asunción en Alberguería ainda que, por razóns obvias, a misa tuvo lugar na igresa de Prada. Agora a súa loita, o seu obxetivo, é poder construir unha ermita ou un albergue nos terreos pertencentes ó pobo e que non ocupa o embalse para ter un punto de referencia para que este encontro de confraternidade poida ter continuidade.
E é, por esta paradoxas do destino, o único que se mantén en pé do que fora o seu pobo é a igrexa. Está na Veiga de Cascallá, en Rubiá, ainda que visiblemente transformada en relación a estructura orixinal. A imaxen da virxe, os retablos, a pía bautismal... perdeuselle a pista xa dende os tempos do traslado.
Pode verse en grande pulsando no medio...
Da igresa de verdade só quedan, como do demais, algunhas fotos e un bon puñado de lembranzas que ninguén dos veciños de Alberguería están dispostos a olvidar.
Pode verse en grande pulsando no medio...
|
Pulsando nas fotografías poden verse en grande.
O meu máximo recoñecemento a publicación mensual O sil do Barco de Valdeorras a quen se debe intégramente este traballo.