A
Presa de Vega de Tera ten relación coa Presa de Prada na Veiga (Ourense), foi a Empresa Moncabril quen fixo
as dúas. Os materiais foron completamente distintos, na de
Prada usouse formigón armado e na de Vega de Tera unha
mezcla de cemento e mampostería. O ano 2009 fai 50 anos deste
desastre. Webmaster de la web: Secundino Lorenzo
slorenzo@edu.xunta.es
Un encoro (a
primeira vista) igual que o de Prada
(A Veiga - Ourense) e da
empresa Moncabril, veuxe abaixo. Morreron 144 personas do pobo de
Ribadelago (en total había 516 veciños). Soamente 28 dos mortos
foron recuperados o resto quedaron no Lago de Sanabria para sempre.
(Ver mapa máis abaixo).
Nesta fotografía vese a Presa de Vega de Tera xa derrumbada na
súa mitade. (Fot. Confed. Hidrográfica del Duero)
Este encoro moi parecido o de
Prada, veuxe abaixo a noite do 9 de xaneiro do 1959 (aquela noite
chovera a Dios dar e houbo temperaturas de 18º baixo cero). Unha avalancha
de 16.000 m3 barreu do mapa o pobo de Ribadelago e deixou 144 mortos,
a terceira parte da población. A presa tiña 33 metros de altura e
300 metros de lonxitude (dos cales veuse abaixo 140 metros de presa). A cabida do encoro era de 8.000.000 m3.
Nesta fotografía vese o impresionante
canón do Tera e o fondo o encoro de Vega de Tera que se
veu abaixo en xaneiro do 1959. O canón do Tera ten 8 kms.
ata chegar a Ribadelago, A auga tardou 20 minutos en chegar o pobo e causar a desgracia,
aquela noite do 9 de xaneiro. Fotografía Archivo Histórico
de Zamora.
O encoro é similar o de Prada,
trátase dun encoro de mampostería e pantalla de hormigón. Realmente
o de Prada é máis grande e tamén foi construido de outro xeito (a
mampostería e o muro son de formigón, ou sexa o mismo material). No
de Vega de Tera meteron outro material, formigón pouco e así
lles foi...
Encoro de Prada. 280 metros de lonxitude.
Altura de 80 metros e cabida de 128.000.000. m3. Está feita
enteiramente de formigón con ferro. Fotografía Secundino Lorenzo.
A construcción é parecida. Encofrados en
columnas e pantalla. Pero esta presa os contrafuertes e o muro son
de formigón, cousa que non pasou en Vega de Tera.
A raíz de virse abaixo, cuestiónanse tódolos encoros de Moncabril;
unha mágoa que o de Prada xa estaba feito: Moncabril xa non fixo máis...
Incluso deixaron sin facerse
outros proxectos cercanos, como o do Lago de Sanabria.
É probable que o encoro de Prada
non se fixera...
Outra imaxen do encoro que se veu abaixo de
Vega de Tera. Aquí están inda os bloques que caeron. Hoxe están
desfeitos e retirados. Fotografía Editora Saavedra.
A noite do 9 de xaneiro as 12:00. Unha
avalancha de 16.000 m3 encarou o canón do Tera cara a Ribadelago.
Unha desfeita.
Empresa constructora da presa: Moncabril.
Ver o encoro que se veu abaixo, moi similar o de
Prada. Fotografía sacada o día seguinte. Fotografía Confederación
hidrográfica del Duero.
Encoro de Prada para ver as similitudes.
Mampostería igual có de Vega de Tera e logo o muro da presa. Por
suposto este é moito máis grande, e fago a precisión (que me indica
Alberto Barro) de que a mampostería e o muro son de formigón.
Fotografía Moncabril.
O encoro de Vega de Tera xa feito
(comenzou a obra en xunio de 1954 e rematou en novembro de 1956, foi
inaugurada por Franco en setembro do 1956) .
Era moito máis pequeno pero veuxe abaixo una noite de xaneiro do
1959. Dicen incluso alguns, que a auga pasou por riba da presa aquela
noite... Fotografía C. Hidrográfica del Duero.
Outra vista da Presa. C.H.Duero.
Parte de abaixo da Presa co canón do Tera. Foto archivo A.S.
O encoro o partir a presa, foise por este
canón do Tera, 8 kms de canón e tardou 20 minutos en chegar o pobo
de RibadeLago, o fondo da fotografía.
A auga 16.000 m3 (tres veces a
última enchenta do río Miño en Ourense do 2001 que foi incrible) baixou ocupando
o cañón en algún lugares ate 12 metros de altura (sobre 4 pisos)
Descoñezo o autor da Fotografía.
Algunha das rocas que moveu. Por
suposto polo cañón baixaron rochas, árbores de todo tipo, pedras,
terra, etc.
Imaxen do Cañón do Tera, onde se
ve o pedrusco que quedou atrapado na desgracia referida.
Descoñezo o autor da Fotografía.
Arrasou este pobo (Ribadelago), realmente a auga chegou
moi arriba
(observar onde está a xente, no cauce do río). Subiu prácticamente
ata a casa con galería blanca que se ve na fotografía. Observar o
campanario que hai no medio do pobo, a esquerda, soio é eso, un campanario,
pois ben os que subiron a esa zona salváronse... (Foto Heptener).
Imáxenes do día seguinte. Foto EEE.
Esta fotografía deu a volta o mundo. A
dor foi incrible. Un auténtico desastre. Foto EEE.
Imáxenes de dor. Enterro das persoas que
apareceron, soio 28. Moi poucas. 116 foron a parar o Lago de
Sanabria, onde están enterradas... Os buzos que viñeron non
foron capaces de atopalas xa que foron a parar o Lago de
Sanabria pero con tódolos cascallos, pedras, rochas, etc. Foto
EEE.
As seguintes fotografías son do
día 28/06/2006 nunha visita que fixen para coñecer o lugar.
Nesta fotografía vese o río
Tera xusto en Ribadelago. A auga, según veciños
consultados chegou xusto a galería que se ve no medio da
fotografía, por riba dunha roca bastante grande. Foto
Secundino Lorenzo.
Foto Secundino Lorenzo.
Nesta outra fotografía aparece
aparentemente o campanario dunha igrexa. É eso,
simplemente un campanario con dúas campás. Nada máis.
Está situado na cima do pobo.
Este campanario salvou a moitos
veciños que se desplazaron rápidamente ata este lugar.
Non confundir có campanario da
igrexa do pobo de Ribadelago.
A xente estaba a dormir e moitos
oiron pola serra a agua, o ruído, xa que tardou 20 minutos, era de
noite e facía moi mal tempo. Algúns creeron que era un vento moi
forte e otros que a presa se viñera abaixo; rápidamente subiron a
onde puderon, árbores, rochas, o campanario que está no medio do
pobo, etc.
Houbo 144 mortes, 28
apareceron e o resto quedaron para sempre no Lago de Sanabria.
O gando tamén morreu casi
todo.
Espectáculo dantesco...
Foi un desastre total...
Observar un carro na porta da
igrexa e a desfeita da iglesia máis arriba, o que dice a onde
chegou a auga. (Non confundir este campanario no que casi chegou a
auga, co campanario que está situado na cima do pobo e que
sirviu de taboa de salvación a moita xente...). Foto Archivo
Histórico de Zamora.
Imaxen actual 28/06/2006 da
igrexa de Ribadelago. Foi desmantelada toda a parte
central e trasladada a Ribadelago de Franco. Hai
cousas que son difíciles de explicar... Foto Secundino
Lorenzo.
Este é un mapa da situación do
encoro, do pobo e do Lago de Sanabria.
No mapa pode verse o encoro que
se veu abaixo "Embalse de Vega de tera" a 1.503 m. de altura,
Ribadelago abaixo a 1.012 m. , unha distancia de 8 km. e o Lago de
Sanabria, onde desapareceron os corpos para sempre.
Neste mapa sacada de Google Earth vese
un resumen dos datos, dende a Presa a 1503 m. ata 8 kms. máis
abaixo o pobo a 1012 metros. O desnivel é moi grande. Os
charcos que se ven son pozos actuais, os cales a auga chega
en fervenzas. En 8 kms hai un desnivel de 500 m. Si queredes
ver este mapa có Google podedes buscar o Lago de Sanabria e
seguir o canón ata Vega de Tera, poñer en 3D, é
espectacular.
Có Google Earth pode
verse tamén a presa rota, é unha pasada. Esta imaxen inda se
pode acercar máis.
Nesta outra imaxen,
o norte está a dereita, vese tamén o canón do Tera e o
desnivel que existe. Entre Porto e Vega de Tera hai unha
estrada que foi a utilizada por Moncabril para construir a
presa, e por mín para ver a presa (xuño do 2007), esa estrada ten aproximadamente 40 km. e vai por toda
a montaña de encoro en encoro; é unha auténtica pasada, pero
está moi mal...Solo para 4x4 que se lles queira pouco...
Sensacional fotografía de Karbayal,
onde se ve Ribadelago, que é o primeiro pobo, Ribadelago de Franco,
casi xa no lago, e o Lago de Sanabria. Vese
perfectamente que antes de Ribadelago hai un descampado
grande. A fotografía está sacada dende a parte dereita do
canón do Tera.
Foi un auténtico desastre no ano
1959, que fixo desaparecer Moncabril, que foi comprada por Eléctrica
Madrileña e logo Fenosa.
A verdade é que ten relación coa
central de Prada que asolagou o pobo de Alberguería (na Veiga
en Ourense) , xa que por poucos anos estuvo a
punto de non facerse.
A presa foi moi cuestionada...As
conclusións foron que a presa estaba mal feita, os materiais
escapáronselle moito e non casaron como pensaban, problemas de
elasticidade e de todo tipo, o resultado foi que na primeira enchenta todo abaixo...
A raíz desta desfeita fíxose un estudio a fondo sobre o tema con
conclusións, sobre todo por parte do inxeneiro Torroba,
que logo foron básica para as construccións de presas no
futuro...
Os materiais non fusionaron,
mentras que o cemento ten unha elasticidade a
mamposteria ten unha moito menor, 30 veces menos. O
final ver a fotografía da parte de presa que queda, un
desastre...
A Empresa Moncabril no fixo máis presas en
España.
No tema posterior dos pagos
á xente perxudicada, moi mal, algúns cobraron os vinte
anos, unha vergoña; tarde e pouco. Outros foron enganados ou
amenazados, realmente unha vergoña impresentable... O castigo os culpables
outra vergoña, non estuveron nin un día na cárcere...As axudas
algunhas foron para chorar, eso sí, seguramente con boas intencións...
pero moitas non chegaron os interesados, quedaron no camiño e
nalgúns bolsillos...
A mellor axuda a das forzas
americanas, que llegaron con comida, queixo e leite en
polvo así como racións de piloto, mantas e colchóns;
otras quedaron no camiño ou nos bolsillos dos
aproveitados de turno...
O pobo que se fixo,
Ribadelago de Franco, foi tamén unha auténtica vergoña, nun lugar
sombrío, en inverno non lle da o sol, e polo tanto
incorrecto, con casas inapropiadas e moi precipitado todo; o que
se chama unha chapuza...
As casas máis propias de
Andalucia, por suposto non tiñan para meter o gando,
que era do que vivía Ribadelago, do gando e das
hortas. Por ter nin tiña lareira, eso sí, cociña
económica. Unha desfeita, un insulto...
Hai cousas como Ribadelago
difíciles de entender, auténtica inxusticias, que non serán
nunca reparadas... Pero a historia hai que coñecela e sacar
conclusións e enseñanzas...
Outro tema que está sin
publicar é o das adopcións, tras as desfeitas houbo 64 peticións
de adopcións a Deputación de Zamora, que pasou con elas?...
O domingo día 18/01/2009
publicou o diario "El Mundo" un artigo có título "Así lo vivió
Vázquez Figueroa" que merece a pena poñer neste resumen, xa que
pon os pelos de punta. Vázquez-Figueroa foi un dos mergulladores que
baixou os fondos do Lago de Sanabria, para tratar de atopar a
xente que desapareceu, o seu testimonio é
escalofriante.
En xuño do 2007 fixen unha
visita a esta presa e noutro apartado tendes as fotografías desa
viaxe; merece a pena velas.
Estas son algunhas:
Esta é unha fotografía do estado actual
da presa. A fotografía é de Secundino Lorenzo, o sea do que
escribe esta web. Foi sacada no 2007. 26/06/2007.
Outra fotografía miña (Secundino
Lorenzo) de como está actualmente a presa. 26/06/2007.
A presa é impresionante, ten 12 metros de
altura. Outra fotografía do
26/06/2007. Secundino Lorenzo
Esta parte de presa está arranxada
posteriormente. Pode verse o endeble do muro. Un desastre. Non me
extrana que se viñeira abaixo. Foto Secundino Lorenzo.
Nesta fotografía de Alberto Barro,
hai no menu outras moi boas, vese o desastre da construcción
da presa e como non casaron os materiais.
Fotografía impresionante sacada por
baixo da presa e onde inda se ven trozos do muro. O desnivel
é de vértigo casi 500 metros en oito kms. A fotografía é de
Crez. Tynim.
A partir da presa o cañón é impresionante, 8
kms. ata chegar a Ribadelago. Ver esta fotografía:
A fotografía é propiedade do grupo se
Senderismo madrileño
El sendero.
Está sacada un pouco máis abaixo da anterior. Observar o
desnivel impresionante.
Nota: Moitas dás fotografías
anteriores están sacadas do libro
Ribadelago. Tragedia de Vega de Tera de
Jose A. García Díez.
Edita: A.
Saavedra, imprenta Kadmos. Salamanca. 2001.
Estatua inaugurada có
motivo do 50º aniversario da traxedia; trátase dunha
muller arroupando o seu fillo. Foi feita por Ricardo
Flecha. A fotografía é de José Fco. Gamazo.
Este pequeno resumen, esta web, é a
miña pequena homenaxe a todos eles.
Moitos
foron os actos programados para lembrar, despois
de 50 anos, os mortos de Ribadelago; o que sigue
son as fotografías de algúns deles.
Estatua que se levantou
(09/01/2009) en lembranza "da traxedia" de Ribadelago".
É unha muller con un neno e representa unha homenaxe a
xente que sobreviviu na traxedia. Foi realizada por
Ricardo Flecha. (A fotografía é de David Rodriguez).
Bernardo Morales, o campaneiro, tocando as campás a noite do
09/01/2009 en lembranza daquela data.
Fotografía de Alberto Barro. Vista da
presa dende dentro do encoro. Así é como se ve hoxe. Nesta
fotografía pódese apreciar perfectamente o desastre.
Prácticamente caeron 30 metros de muro en altura e 140
metros en lonxitude. Polo canón baixaron así de golpe
16.000 m3 de agua con pedras, rochas, árbores, etc.
Nota : Ver unha colección de fotografías
actuais da Presa de Vega de Tera, enviadas, para esta www, por
Alberto Barro, que engade unha serie de correcións sobre o texto
primitivo que había escrito e que me parecen moi apropiadas.
Efectivamente Alberto Barro fai as seguintes
precisións:
Unhas puntualizacións de tipo técnico.
Esta presa é de tipo gravidade alixerada (contrafortes),
igual que as de Prada, Salas ou Chandrexa (fora de Galicia,
Alcántara ou Itaipú).
A partir de ahí, todo é distinto. A presa de Ribadelago
xá era perigosa no proxecto, e sumouse unha execución
excesivamente apresurada e económica. Podemos citar:
-Xeometría:
Ribadelago ten uns
taludes moito máis arriscados que as outras (digamos que ten
menos peso encima para contrarrestar o empuxe da auga)
-Mateirais: Ribadelago estaba feita
de mampostería, frente ás outras citadas, que son de formigón en
masa, máis impermeable.
-Situación: a ubicación de alta
montaña favoreceu a aparición de cuñas de xeo no interior dos
contrafortes de mampostería
-Emprego de dous materiais distintos que
non traballaron solidariamente (A pantalla de formigón
fisurou na base ó ser máis ríxida que a mampostería dos
contrafortes). Esta foi a causa oficial que se aceptou no
sumario, para limitar a responsabilidade de Moncabril, xa que na
época non era coñecido o fenómeno.
Na fotografía a Presa de Vega
de Tera. Nese lugar comenza un canón, o Canón do Tera e a oito kms.
aproximadamente está Ribadelago e o Lago de Sanabria.
Visitei a zona o 26/06/2007 en
compañía de dous amigos, Alberto Prego e Javier López; foi un día
marabilloso do mes de xuño. Fixemos a viaxe, nun 4 x 4, dende
Ourense ata Porto e logo tomamos o camiño de terra e pedras, antiga
estrada que utilizou Moncabril nos anos cincuenta para facer os encoros, e que
vai por riba da Serra Segundeira xa na provincia de Zamora, moi
cerca do Lago de Sanabria. Unha ruta chea de pequenas lagoas,
regatos e encoros:
Puente Porto, Cárdenas, Garandones, Vega de Tera, Vega de Conde...Un terreo
duro, árido, dificil, de moita altura (sobre 1600 m., preto está o
Moncalvo con máis de 2040 m. e Pena Trevinca de 2.124 m ), de moitos
contrastes, marabilloso...
Ao longo do camiño vimos moitos
buxatos, catro corzos, algún espectacular, e moita avenoiteira o
caer a noite, aparte de moita vida, e moita beleza...
Estas son algunhas fotografías
da excursión...¡Que as disfrutes tanto coma mín!.