Moitos veciños de Alberguería aparecen na longametraxe, entre eles:

Olga Primo.

Pedro Paradelo.

Na fotografía Pablo Arias e
Manuel Canelas.

Luís Arias.

A mestra Dª Rosario.

Pura Álvarez.

Maruja.

Maruja e Pura Álvarez.

Os irmáns Luis e Ovidio Prada.

Tiberio Arias.

Sabino Pérez no centro.
E moitos outros dos que non recollín fotografía,
como D. Eloy Tato, Kiko Lameiro, Sabino, etc. incluido o que
escribe que tamén aparece o final.
Todos contan cousas importantes sobre aqueles tempos.
O documental combina tamén de
forma maxistral a imaxen dos entrevistados con fotografías da época.
Alternando con eles, historiadores, especialistas nos
temas dos encoros, representantes da Confederación hidrográfica e moita máis xente que opina sobre o feito de
anegar un pobo e unha comarca, e o pouco que esta comarca recibiu a
cambio.

Félix García Yañez, historiador da zona.
Autor do libro sobre "O Barco e a Terra de Valdeorras
durante a II república e o franquismo 1931-1977". Un dos
moitos especialistas que interveñen na longametraxe.
Polo medio sona una cantiga
preciosa a "Cantiga de Alberguería", que é unha canción interpretada
por Magín Blanco e con letra adaptada de Manuel Mª Fernández, unha
especie de canción de cego que gustou moito ó público.
Tamén, digamos polo medio, é de
destacar a paisaxe e os medios para plasmar esa paisaxe, sempre espectacular. Moi emotivas as escenas recollidas baixando cós
buzos ata o que queda de pobo no fondo do encoro...
Tamén me gustou o xogo de
escenas en blanco e negro e cor. Contrastes moi bonitos e ben
estudiados.
A película remata cunha homenaxe a toda a xente que
tuvo que pasar por eventos parecidos e polo tanto non teñen un pobo
ó que volver:

¡ENTRAÑABLE!
¡HAI QUE VELA!
¡ENHORABOA A TODOS!
 |