Por primeira vez na historia, a    VOLTA    CICLISTA    A     ESPAÑA pasou por terreos de Alberguería e Prada ( A Veiga - Ourense).  Foi o día 31 de agosto de 2011, estaba previsto que fora  as 15:27 horas, pero adiantouse casi cinco minutos.

 

A etapa era a nº 11 VERIN-CABEZA DE MANZANEDA

 
 
 
 
Este foi o perfil da etapa.
 
 
 
Observar que debera pasar aproximadamente polo cruce con Prada as 15:27, foi cinco minutos antes, un pelotón de destacados. Logo pasaría o groso do pelotón.
A partir do cruce de Prada foi precisamente o avituallamento da proba.
Este foi o resumen final da etapa:
 

A verdade que houbo pouca loita o final, ganou David Moncoutie e non houbo cambios na xeral. A etapa foi unha máis.

---------------------------------------------------------------
 
Estos son uns recordos fotográficos
 
 
O paso pola Veiga:
 

Todas as fotografías están sacadas dun video grabado por Nacho Prada na Veiga, o paso primeiro dos destacados e logo do pelotón.

 

O paso por Prada.

Fotografías de Juan Carlos Álvarez.

 

Aqui tendes a etapa en TVE. Video.

 

---------------------------------------------------------------------

 

O que estaba previsto, por ACAO,  non se poido levar a cabo, que era poñer unha pancarta de Alberguería un pouco antes do cruce de Prada, en terreos pecisamente que foron e penso siguen sendo de  xente Alberguería, e que  os comentaristas da volta falaran algo deste pobo, Alberguería,  que sin dúbida, mal que pese a moita xente,  marca a historia de A Veiga.

 

Comenzo da conexión de Teledeporte TDP coa etapa Verín-Manzaneda. Como vedes faltan 14,1 km. para Manzaneda, polo tanto xa vai moi lonxe A Veiga, Alberguería, Prada. Nese momento o pelotón estaba a 5:35 minutos deste grupo.

 

O primeiro non se poido facer por razóns de desplazamento  a última hora da persoa encargada o efecto,  e o segundo simplemente non resultou xa que  a conexión fíxose moito despois, defeito A Veiga soio apareceu nos mapas... Habíamos falado coa organización para que comentaran, cousa totalmente lóxica, algo sobre a historia da zona, e dixeron que si era posible que o farían... Non foi posible...

 

Mais ou menos a pancarta sería esta, que poño como montaxe, aproveitando unha fotografía das sacadas por Juan Carlos Álvarez...

 

---------------------------------------------------------------

 

Nota curiosa sobre a estrada que vai de Prada a O Barco de Valdeorras:
 

Esa estrada inaugurouse en 1961,  máis de 60 anos despois de  proxetarse.

Pois ben, agora pasaron outros 50 anos para que sexa arranxada. Xa era tempo...

Houbo un pouco de sorte que pasara a volta ciclista a España pola zona, para axilizar o tema...

Ver este link que explica como Franco inaugurou aquela en 1961.

 
http://www.albergueria.es/fardel01.htm

 

---------------------------------------------------------------

 

Por certo é de xusticia decir que a volta ciclista a España 2011 foi ganada por:

Juanjo Cobo.   ¡Enhoraboa!

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír