|
|
| Vista da Conca do río Sil no Barco de Valdeorras. A vista está tomada dende o alto preto da Pena Cabrón a 1361 m., na estrada OR-121 do Barco de Valdeorras (Ourense) a Prada e a Veiga por Santiagoso. A dereita Ponferrada. De frente, no centro o Barco de Valdeorras (Ourense). |
|
|
|
Outra vista xa baixando pola misma estrada ata Prada. A dereita o cañón do Xares, no medio o Santuario do Santo Cristo de la Ascensión en Prada, a ezquerda unha canteira na zona onde estaba Alberguería. Esta canteira, está na Parroquía de Alberguería (hoxe desaparecida e que perteñece a Veiga). |
|
|
| Nesta fotografía vese perfectamente a zona de Prada. No medio a canteira, a ezquerda (de branco) o encoro de Prada, onde estaba Alberguería. A fotografía está sacada baixando pola estrada de Santiagoso, cara a Prada, xusto polo cañón do río Mao. Un lugar maravilloso da Provincia de Ourense. |
|
|
|
Outra vista do Santuario do Santo Cristo de la Ascensión de Prada. Por certo nin aparece no mapa publicado recentemente pola Voz de Galicia, citando fontes da Consellería de Cultura. Realmente non sabemos nin o que temos na Provincia de Ourense...... lamentable. |
|
|
| O cañón do río Mao, co Santuario do Cristo da Ascensión de Prada, sacado dende a estrada que baixa cara a central do encoro de Prada no río Xares. As árbores son a maioría castaños. Trátase dun lugar maravilloso dentro da Provincia de Ourense. |
|
|
|
Outra vista do cañón do Xares. No fondo onde está a central da Presa de Prada, confluen o río Xares e o río Mao, que baixa pola ladeira dende onde está tomada a fotografía. |
|
|
|
Fixen tamén unha visita a central de Prada, onde confluen o río
Xares e o río Mao, a palabra é "terrible a desfeita". Por certo a este
lugar chega a cola do seguinte encoro. O caudal ecolóxico, hoxe,
15-08-2002 era maior que otros días, pero, dende logo, moi debil. A
zona está estragada por non decir outra palabra.
Por certo o cañón do Xares incrible. |
Sin dúbida a zona é especialmente fermosa.
Sensacional.