A VEIGA PARA VER E OIR. O QUE NON SE PODE PERDER DE GALICIA
Ter paciencia e esperar que saia a voz...
//
Pena Trevinca dende o couto de Caza maior de Xares.
(Fotografía Secundino Lorenzo)
O
couto de caza maior ten 2.000 Ha. É particular. Dentro do couto
pódense facer sensacionais rutas sin ser de caza. Eu fixen unha
delas e quedei marabillado. Vín moita vida.
O que se escoita é unha
grabación feita o día 19/02/2011 dun
programa que emitiu a "Radio Galega" en
na que se
entrevistó a Santiago Palmeiro, autor do libro
"La Marca del agua" e tamén a Begoña
Lozano
responsable de Bexurga S. L. en Xares, que é unha empresa
que se dedica a facer rutas pola zona.
A Morteira o lugar de festa dentro do couto de Caza de Xares.
(Fotografía Secundino Lorenzo).
Neste lugar hai como digo unha romería moi famosa, tamén o
xogo de bolos, o día da festa, é outra das características deste lugar.
Na fotografía vense corzos na parte
de arriba. O día que fixen eu a ruta vin todo tipo de
animais: corzos, cervos, etc. o couto dende logo é
espectacular e único. A sensación incrible.
A ruta da Cantara da Moura tamén é
espectacular, dependendo de cando se faga. Na fotografía
estou cós meus amigos Luis e Tiberio, os dous de
Alberguería, que me ensinaron o
lugar. Chégase doado e alí hai efectivamente unhas pozas, eu
diría poteiras ou pilacóns, non sei como as chaman na zona,
que meten medo...