Anterior Galería Seguinte

Comenzo da construcción da presa de Prada. Fotografía tamén moi interesante nela vense varias cousas que axudan os que non coñecíamos a zona: o cañón do río Couso, (que vai por debaixo das casiñas que hai no centro da fotografía); tamén o río Xares polo medio da presa. Vese un prado enorme que tiñan os pais de Tiberio xusto por debaixo das casas de Moncabril (eran 30.000 m2 e tiña de todo, patacas, pan, era prado, etc.) , concretamente onde hai unha casiña blanca, que según me contou Tiberio fixo de cantina aqueles días atendida polo seu irmán. En fin toda unha historia...

Anterior Galería Seguinte