| Anterior | Galería | Seguinte |
|
Fotografía única da zona de Alberguería polos anos 50 (está un pouco retocada na parte da ponte xa que estaba en moi mal estado, pero fun bastante fiel nos retoques). Vese o río Xares e a ponte que o cruza feita a principios do 1900. Nesta zona fixo Moncabril o encoro.
A esquerda o alto de Proboubo. Con esta fotografía non é dificil interpretar as tres xorobas que se ven as veces o baixar o encoro (ver a fotografía de abaixo que é de octubro do 2005).
Efectivamente unha é o alto. Outra vese no medio unha baixada e logo un altiño. E a outra está por detrás deste segundo. Logo xa ben a baixada o río Xares e a montaña do outro lado.
Claro que a fotografía vella está sacada moito máis a esquerda que esta. Realmente dende o chamado Piorno, seguramente dende o camiño de Alberguería a Aceveda. Un pouco máis arriba de onde se fai hoxe a festa o 15 de agosto.
| Anterior | Galería | Seguinte |