Destino Turístico Starlight Trevinca. "O camiño das estrelas" |
|
A Veiga. |
No número cero fai :
Una presentación. Un editorial: sobre a Nosa Montaña. Unha folla sobre a Natureza: Mouchos, coruxas, etc. Unha reportaxe sobre unha noite de lenda na Lagoa da Serpe. A toponimia da palabra Trevinca. Artículos sobre a Veiga. Por exemplo reproduzo o titulado "O Meu pobo" firma José Sánchez. As festas da Comarca: O Santiago de Xares, O Corpus da Veiga, O Cristo da Ascensión de prada, e O San Pedro de Vilanova. Nota: si interesa algún artículo mandar un email e fago a reprodución íntegra. |
(Artigo firmado por Jose
Sánchez Blanco e que aparece no Xornal
Trevinca ,
Ano 1 Nº 0 ) Fago unha reprodución integra do texto, toda vez que o comparto plenamente e ademais é bonito e sinxelo. Gracias a José Sánchez. ------------------------------------------------------------------------------------------
Vivo nun fermoso pobo de montaña, fermoso como tantos outros de zonas rurais repartidas por toda Galicia. Pero o meu é particularmente bonito, porque é o meu pobo, o pobo donde eu nacín e donde me criei. A Veiga, é o nome de onde eu son, está ubicada no Sureste da Galicia rural, na provincia de Ourense. Lugar onde a calma, o sosiego e a paz abundan por tódolos recunchos, o mesmo que a sua preocupante despoboación. E agradable ver como no verán o meu pobo e tódalas aldeas que forman parte deste concello de A Veiga énchense de xente, moita dela é natural destes lugares e que por circunstancias da vida víronse obrigados ou quixeron emigrar a outras poboacións, principalmente ó extranxeiro para poder obter uns recursos, que na súa terra non lles era doado conseguir. Como dixen antes é moi agradable velos de volta no verán, tanto a eles como a outras xentes que sin ser naturais destas latitudes acuden a este Concello polo simple placer de disfrutar dun paraxe paradisíaco, xente que lles gusta a montaña, a natureza nos seus múltiples e caprichosas maneiras de expresarse; xente que na súa gran maioría a respetan e coidan. Pero, por desgracia hai outros tipo de "persoeiros" tanto naturais do pobo como foráneos que a degradan, mancillan e incluso a violan como si tivesen un direito divino de avasallamento, herdado non se sabe ben de que deuses, xente que ensucia, queima, y emprega tódalas maneiras abrasivas para facer a fermosura da nosa terra, convírtase en vertedoiros de lixo das súas propias inmundicias e miserias. Agora que está de moda a montaña, e concretamente a nosa montaña "Peña Trevinca" e todo o seu entorno, na cal dito sexa de paso preténdese facer unha estación de montaña, a cal volverá a traer xente e riqueza a esta bisbarra. Só desexo que este tipo de depredadores ambientais concienciense e que seipan que o mellor favor que nos poden facer e pódense facer eles mesmos, é tratar de ser respetuosos coa natureza, que ó fin e contas é patrimonio de todos, e que seipan que ela si saberá compensarllo co esplendor das suas fragas e ríos, coas suas flores, seus aromas e co arrullo de sus paxaros. Nos tamén somos natureza xa que formamos parte de ela. José Sánchez Blanco.
|
TREVINCA NÚMERO 1 . ANO 1
Algunhos temas tratados no Xornal Trevinca: |
TREVINCA .- FEBREIRO DO 2002.
Concurso de poesía e narrativa. Clase de Baile. Alberguería un pobo asolagado. Respetemos o noso. A malla. Lume en Trevinca. Camiñando na Veiga. Da auga e da terra. Reflexiones sobre Trevinca. Santuario da Ascensión de prada. Entre outros temas. |
ALBERGUERÍA UN POBO ASOLAGADO.
Ponte que se fixo en 1955 na Veiga por mor do encoro de Prada.
Alberquería:
un pobo asulagado Emilia González Barrio.
Ata
mediados do século pasado o Concello da Veiga tiña un
pobo mais, Alberguería, este
pobo situado na marxe dereita do Rio Xares cerca de Meda e Prada,
desapareceu en. 1959 baixo as augas do Encoro de Prada, pero volvamos
a nosa mirada atrás e descubramos un pouco da súa historia, costumés
e,das súas xentes: 0 termino Alberguería, probablemente proceda do
termino albergar, as alberguerias solian estar as beiras dos camiños,
así según o historiador valdeorres Castro Voces, o pobo de
Albergueria estaba nun camiño medieval. Según este mismo historiador
as primeiras noticias que hay de Albergueria son do século XIII nun
documento de Tumbo Negro da Catedral de Astorga. No século XVIII, tiña
57 veciños. No ultimo censo que existe, antes da desaparición do pobo, pertencente a 1940 tiña 140 veciños e 668 habitantes ausentes
e residentes.
Tratábase
dun pobo agrícola e gandeiro, dada a súa situación e
o
seu clima (semellante o resto dos pobos do Municipio, caluroso
no
veran e bastante frio no inverno) os cultivos predominantes eran:
patatas,
legumbres, centeo, castañas e sobre todo o liño. Era básicamente
unha agricultura de subsistencia salvo dous grandes propietarios agrícolas
e gandeiros (uns chamados os do Siérra e os outros os de Mourisca). A gandería era de vacun e lanar. Tiña unha escola
unitaria
a que asistian nenos e nenas. A súa igresa estaba consagrada
a
Nosa Señora da Asunción, celebrando unha festa na súa honra
o
15 de agosto de cada ano. Antes de ser asolagado o pobo esta Igresa
foi desmontada e traslada pedra a pedra ata o pobo da Veiga
de
Cascalla, onde foi reconstruida. Algo bastante incomprensible
pois
o
mais lóxico houbera sido que se quedase nun pobo do Municipio
ou
incluso na capital do mesmo (A Veiga). 0 lado da igrexa atopabase
o
cemíterio as persoas enterradas nel foron, trasladas o cemiterio do
veciño
pobo de Prada, antes de ser cuberta polo encoro. A finais
dos
anos cuarenta empezaron as expropiacions para construir o futuro
encoro
de Prada, pola empresa Hidroeléctrica de Moncabril S.A. Nos
anos
50 empezaron as obras e en 1959 prodúxose a enchenta do,
encoro
quedando asolagado o pobo de
Alberguería. Os derradeiros
veciños
que quedaban víronse obrigados a marchar, pois aunque se
lle
ofreceu a construcción dun poblado noutro sitio esta posibilidade
foi
rechazada polos vecinos, polas causas que fosen. Existe unha gran
polémica
sobre o tema das expropiacións, na que non vamos a entrar,
solo
un pequeño apunte, según alguns testimonios alguns vecinos
cobráron
todas as súas propiedades, pero outros os que pleitearon
so
cobraron os terreos asolagados. Os montes comunais foron
abonados
o Concello da Veiga.
Algún
destes montes non asolagados foron cedidos os pobos
de
Prada e Corexido, este último
renunciou
a eles. Así, en 1959
debaixo
das augas, desapareceu a realidade dun pobo e
comenzou
a súa lenda. Nota: O texto está sacado do Xornal Trevinca, publicado pola Región o sábado
16-02-2002. |