ALBERGUERÍA e o libro LA MARCA DEL AGUA de SANTIAGO PALMEIRO.
//
Este é o libro "La marca del agua", todos os que leeron este
libro coincidimos que é fora de serie...Unha marabilla que
levaría calquera premio si se presentara a calquer concurso.
Na páxina web tendes a referencia do libro, por si queredes
mercalo.
Nesta fotografía de
Alberguería inspirouse José Luis de Dios para
pintar a portada do libro de Santiago Palmeiro,
observar o seu fondo.
O que se escoita é unha
grabación feita o día 19/02/2011 dun
programa que emitiu a "Radio Galega"
e na que se
entrevistou a Santiago Palmeiro, autor do libro
"La Marca del agua". Santiago falou sobre
o seu
libro e polo tanto falou de Alberguería, que
sin dúbida está presente no libro.
Alberguería a punto de desaparecer baixo as augas. Maio de 1959
Alberguería en 1974 cando baixou moito o encoro. A verdade que
non quedan máis que catro pedras, ademais moi afundidas no barro por
estar a pe de presa.