Personaxes de Alberguería

D. Sabino Gómez Gago
"O
fillo do Pirulí de Alberguería"
--o--
D. Sabino Gómez Gago
foi,
entre outras cousas, o promotor das actuais festas de
Alberguería, que celebramos dende 1996 ata hoxe 2009, os
días 15 de agosto. Por soio este feito xa é merecente dunha
reseña como personaxe de Alberguería. Pero hai moito máis...
Sabino é fillo de Dictino Gómez Fernández "O Pirulí" que
tiña Peluquería en Alberguería, tamén taberna, era zapateiro,
festeiro e o mellor bailador de muiñeira da comarca, todo
unha personaxe do pobo de Alberguería.
¡Gracias Sabino polas túas iniciativas!
.
Ver
cousas da súa vida
Fotografía (montaxe) do
pobo de Alberguería dos seus
amores...
Sabino Gómez Gago, fillo de Dictino Gómez (alias el
Pirulí) e de Prudencia
Gago, naceu o 16 de xuño do ano 1936 en Alberguería (A Veiga), foi o
segundo fillo do matrimonio
de Dictino e Prudencia, o primeiro foi Alfredo, e que logo tería
tres irmáns máis.

O
matrimonio Dictino Gómez e Prudencia Gago cós seus
fillos Dictino (d.e.p.), Alfredo (d.e.p.), Sabino, Concha
(d.e.p.) e Pilar ( a máis pequena). Sabino é o segundo pola dereita.
Na
fotografía familiar están os seus pais Dictino e Prudencia
xunto cós seus irmáns.

Nesta outra aparecen:
Dictino Gómez, Prudencia, Concha,
Tino e Pilar.
 |
O Pirulí.
Dictino, o pai
de Sabino, que aparece na fotografía da
esquerda, fixo de todo en
Alberguería: dende peluqueiro,
taberneiro xa que tiña unha
taberna, zapateiro,
organizador de festas ou festeiro, tiña
unha
dilixencia para festas e outras, ver
máis abaixo, etc.
Dicen que era
un gran bailarín de muiñeira, algúns
dicen que era o mellor de toda a
comarca...
|
O Bar do Pirulí

Por certo no bar tamén estaba a peluquería. |
No bar do
Piruli había de todo, observar as
estanterías...
Na
fotografía, sin lugar a dúbidas
histórica, está de esquerda a
dereita Concha a irmán maior de
Sabino, Pilar (Pilariña) a pequena da familia
que está casada con Raúl Muñiz (o do
video deste ano 2008) e Alfredo.
Tres irmáns de Sabino.
|
A xuventude
de Sabino, por certo que os rapaces lle chamaban Sabín, transcurriu no pobo de Alberguería , pobo que tuvo que
abandonar con 22 anos.
Nesos anos chegou a traballar na construcción da presa,
ademais de traballar na casa e, como non,
botar unha man, as veces, coa famosa
"dilixencia de
Alberguería"...
Como todos sabemos, chegou o fatídico momento, ano 1958
no que os veciños de Alberguería tuveron que abandonar o pobo, moi
o seu pesar e con bastantes malos modos por parte das
autoridades. De todos é coñecido, a historia contase noutro
lugar da web, o éxodo de tódolos veciños que tuveron que
marcharse para Francia, Argentina, Madrid, Bilbao, Vigo, O Barco, Petín, Arcos,
etc. A Sabino tocoulle ir para Vigo onde traballou, como chófer
dunha empresa ata hoxe que xa está xubilado.
Sabino vive actualmente coa súa
familia en Moaña.

Outra fotografía (montaxe) de Sabino Gómez con Alberguería
o fondo, seguro que lle gusta...
No ano 1996 foi o que propuso, nunha feira de A Veiga, de
celebrar unha festa xuntanza de tódolos veciños e amigos de
Alberguería, de feito así se fixo, o lugar era un prado preto do
encoro, pero o final e debido a unha treboada fíxose en Prada.
Trátase polo tanto do primeiro promotor das actuais festas.
Algúns momentos desta xuntanza,
que foi a pioneira das nosas festas actuais:
 |
 |
 |
A festa foi
en Prada no ano 1996 |
Asistiron 40
persoas |
Non faltou o
pulpo. |
 |
 |
 |
Nin o xamón |
Non faltou
nada |
Nesta
fotografía Paco Arias |
 |
 |
 |
Aquí está
Sabino |
Moita troula |
Sin dúbida. |
Ver un video de aquela
primeira festa.
Posteriormente Sabino sempre
foi un dos organizadores xunto con Maruja e o seu marido Lisardo,
os irmáns Arias, Tiberio e Paco, os irmás Prada (Luis e
Ovidio) e tantos outros que nos permiten xuntarnos tódolos anos.

Nesta
fotografía da festa do 2002, lembro perfectamente
que comín coa súa familia, foi a miña primeira festa
de Alberguería...menuda cuchipanda...
-------------------------------------------------
Algunas fotografías para o
recordo:

De
esquerda a dereita: Primitivo dos de Xares, Augusto da
tía Sara, Tiberio de Sagrai, Albino Vizcaya fillo do
Pirulí e Sabino Gómez fillo do Pirulí. Alberguería anos
50.

Nesta fotografía
Sabino traballando, con un veciño de San Fiz, no
formigonado da Presa de Prada.

Na festa có seu pai, seus irmáns e algúns amigos,
comendo o pulpo e outras cosas...
"Dilixencia de
Alberguería"

A famosa dilixencia
de Alberguería, un autobús do Dictino, modelo Chevrolet
1930, que naqueles anos levaba as feiras e festas a xente do
pobo. Unha fotografía histórica que me manda a filla de
Sabino, Isabel Gómez. Está feita en Santa Cruz na festa das
Ermitas.
A dilixencia tiña unha canción preferida, que máis ou menos decía
así:
Pola xegua abaixo baixa a
dilixencia
Rumba la rumba rum
Pola xegua abaixo baixa a
dilixencia
cargada de borrachos, cós
fillos da Prudencia
Rumba la rumba la rumba
A rumba do cañón.
Nota aclaratoria:

A
xegua era e
sigue sendo o camiño que baixa a Alberguería vindo do Bolo. Na
vista, sacada de Google, vese Alberguería, inda que esté a 30
metros abaixo da auga e dende ese pobo víase a dilixencia do
Pirulí baixando pola xegua abaixo. O
que non sei, é si se oía o "...a
rumba do cañón...", xa que inda que hai aproximadamente
un km. dependía moito dos cantantes que viñeran dentro e da
troula que trouxeran...digo eu...

Sabino na festa
do 50º aniversario de Alberguería en Ourense.
"Dese lugar
botáronos pola forza, pero nunca quitarán a nosa
Alberguería do noso corazón... ahí estará sempre, e
mentras vivamos seguiremos tendo a nosa festa..."
.

Nesta fotografía de
2006 está na festa cuns veciños e amigos...Sabino é o
terceiro pola dereita.
Sabino
nos dejó en diciembre de 2021. D.E.P.
Pequeno video sacado do documental Xares o río que nos leva de
Pedro Prada.
Saír
|