A PRENSA LOCAL DE OURENSE E A PELÍCULA
------------------------------
OURENSE DIXITAL.

Vecinos de Alberguería al
final de la proyección.
Fue como volver a
los orígenes, retornar al pasado por unos
minutos, por el cine, por el Xares.
O río que nos leva los trajo al
Festival de Cine de Ourense, y ellos
llenaron la sala azul del Auditorio de
recuerdos y emociones. Al final, la futura
Asociación de Veciños de Alberguería
le hizo entrega al director del documental,
Pedro Prada, de un recuerdo muestra de
cariño y agradecimiento.
|
LA
RETROSPECTIVA DE PEDRO PRADA
EMOCIONÓ TANTO COMO LLENÓ EL
FESTIVAL DE CINE DE OURENSE.
20 DE
NOVIEMBRE DE 2007.
Independientemente de la
calidad del trabajo y las
arduas labores de
documentación de la
película, de lo que el
director valdeorrés Pedro
Prada ya puede presumir es
de que su obra, Xares, o
río que nos leva, no ha
pasado indiferente para las
gentes del lugar, para sus
propios vecinos. Lo cual
tiene mucho mérito teniendo
en cuenta lo difícil que es
ser profeta en el pueblo de
uno. La sala azul del Auditorio
de la capital ourensana se
quedó la tarde noche del
lunes muy pequeño para
albergar el preestreno de la
obra del director valdeorrés.
Agotado el aforo, numeroso
público tuvo que visionar el
trabajo de pié. Además de en
sus propios coches, muchos
de ellos habían llegado
desde A Rúa y O Barco de
Valdeorras en autobuses
fletados para la ocasión.
Conocedores de la zona y de
la historia del lugar y sus
gentes, amigos y, sobre
todo, muchos vecinos de la
asolagada
Albergueria va ya para el
medio siglo. Para éstos,
sobre todo, la ocasión
constituía una especie de
retorno a sus orígenes, el
reencuentro con el pasado,
un momento especialmente
emotivo. Puede que para más
de uno incluso duro.
De pié, como tantos otros
vecinos, tuvo que seguir la
proyección el alcalde de A
Veiga, Fernando Fernández
Yáñez, quien acudió
acompañado de varios
miembros de la corporación.
Fernando Fernández goza de
la simpatía de los
albergueños ya que, según
ellos, es el primer
representante de alguna
institución que en más de
cincuenta años se ha
mostrado sensible con
Alberguería y sus gentes, y
ha atendido algunas de las
modestas reivindicaciones.
Poco piden, por ejemplo,
disponer de un lugar donde
celebrar a la patrona, La
Asunción, y las fiestas
patronales del pueblo que
desde hace varios años
llevaban planteando sin
éxito a su predecesor en la
alcaldía de A Veiga. Al finalizar la proyección,
la que será en un futuro
próximo la Asociación de
Veciños de Alberguería
hizo entrega a Pedro Prada
de un obsequio conmemorativo
como muestra de
agradecimiento.
De esta forma, el Auditorio
de la capital ourensana
vivió este lunes una velada
muy distinta a las que tiene
por costumbre, y el Festival
de Cine Independente de
Ourense acogió una
proyección insólita en su
hasta ahora inédito capítulo
de las emociones más
directas y cercanas. Con ese recuerdo imborrable,
el Xares de Pedro
Prada discurre, imparable,
hacia su segundo pase, el
próximo jueves, día 22.
|
|
|
|
Copiado de este link.

Fotografía de Secundino Lorenzo.
Pedro Prada o director da Película recibindo un agarimo por parte
dos veciños e amigos de Alberguería.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------
LA VOZ DE GALICIA
------------------------------------------------------------------------------------------------------
LA REGIÓN.
------------------------------------------------------------------------------------------------

R.R.
Ourense.
Había presa por asolagar o
val. E, en plena ditadura, a empresa concesonaria da
obra contaba con apoio expreso do estado franquista para
acelerar ese asolagamento. Os últimos veciños de
Alberguería, a aldea máis poboada do Concello da Veiga a
mediados do século pasado, foron desaloxados pola Garda
Civil baixo coaccións no mes de abril de 1958, logo da
publicación dun bando municipal que amenazaba aos
habitantes que non acatasen a orden con "serán lanzados
pola forza pública sin excusa nin pretexto algún".
Hidroeléctrica Moncabril S.A. deu a orden de pechar as
comportas apenas uns meses despois (Franco tardaría
aínda dous anos en inaugurar a obra principiada en
1954)., e o segundo grande encoro naqueles primeiros
anos do ´plano de estabilización´ (ocupa 612 hectáreas e
ten unha capacidade de 122 hm3) deu en encherse antes
que a parede de contención estuvese aínda rematada e sen
que os propietarios das casas cobrasen sequera as
irrisorias contías das expropiacións impostas.
A aldea, duns 500 habitantes, quedou a varias
ducias de metros de profundidade en 1959 e só emergullou
en parte en 1973, cando Endesa (a actual empresa
propietaria, baleiraron parcialmente o encoro. A súa
poboación principiou daquela un exilio forzado por todo
o Estado e varios paises de America Latina que
dura xa medio século. A pesar da desposesión e o drama
de partida, a lembranza da vila engolida polas augas
xunguiunos na distancia.
Hai apenas uns meses, Pedro Prada conseguiu que
un grupo de mergulladores filmase as primeiras imaxes da
Alberguería asolagada en máis de 50 anos. Aló no fondo,
entre a escuridade e as augas avoltas, unha cámara
submarina guiada por uns mozos de Xares deulle forma a
un vello soño dos veciños: ver de novo a súa aldea
varada durante cinco décadas no lamacento fondo do
encoro de Prada. "Foi unha viaxe á memoria", puntualiza
agora o director de Xares, o río que nos leva, o
documental coproducido pola TVG que narra esta historia
de reivindicación dun pasado roubado e que se vén de
preestrear no Festival de Cine. " O de menos foi atopala
ou non: o máis importante foron as historias que os
veciños de Alberguería nos contaron no catamarán situado
na superficie do encoro", engade.
Pedro Prada, director do documentario
Xares, o río que nos leva, preestreado
nesta edición do Festival de Cine
Independente de Ourense. |
O realizador rues comezou a fiar esta
historia de desposesión silenciada pola ditadura hai un
par de anos. A primeira pista deulla Félix García, que
debulla au detalle en O Barco e a terra de
Valdeorrras durante a segunda república e o Franquismo
o proceso de incautación das terras e a
expulsión dos veciños. O segundo esteo deste proxecto
documental foi Secundino Lorenzo, un dos veciños
expulsados de Alberguería que creou un web (www.albergueria.es)
sobre a aldea. Pero o paso definitivo que o decidiu a
contar este drama foi unha entrevista que o
director mantivo con Ovidio Prada, nado tamén en
Alberguería e evacuado desta aldea hai máis de medio
século.
"Esta é unha historia que se conta hoxe, pero
sobre a que tería sido imposible traballar hai vinte
anos, porque na montaña ourensá aínda había tabús e
medos", sinala Prada. "Agora sabemos que a construcción
do encoro foi un proceso totalmente corrupto, como non
podía ser doutro xeito (Moncabril S.A., tiña estreita
relación co rexime de Franco)". afirma "Foi un gran
negocio para algúns e un desastre para os veciños, aos
que lles pagaron unha miseria polas casas e lles puxeron
o carameliño do traballo no encoro durante un tempo",
prosegue. "Eles mesmos", conclúe, "cavaron o seu
propio foxo traballando na construcción da presa".
A narración do documental, preestrenado no
Auditorio diante dun cento de veciños de Alberguería
chegados a Ourense dende Valdeorras e A Coruña, é
cronolóxica. Unha especie de percurso pola memoria
colectiva dunha aldea. En Xares, o río que nos leva,
rememórase a coacción das autoridades que destinaron un
destacamento de gardas civís a intimidar durante cinco
anos aos veciños a través de varias entrevistas. Pero
asemade o esforzo destes mismos veciños por manter viva
a memoria. O documental inclúe amais un capítulo
do Nodo que recolle o momento no que "Franco fai o
paripé de premer o botón da Central de Prada". E tamén
as opinións de diversos expertos no eido da economía, a
edafoloxía ou a inxenería industrial que avalían a
desfeita ecolóxica e a perda de recursos que supoñen
para Ourense este tipo de encoros. "Non tería sentido
derrubalos agora", di Prada, "porque precisamos esa
enerxía, pero é necesario que se impoñan canons
hidroeléctricos que revirtan nas zonas desfavorecidas",
advirte.

Unha imaxe da aldea de Alberguería, no
concello de A Veiga, antes de ser
asolagada polas augas do encoro de Prada.
------------------------------------------------------------------------------
Ata aquí o artigo de O
SIL.
----------------------------------------------------------------------------------------
Aclaración de
Secundino Lorenzo
"Aclarar a R.R.
que non son veciño de Alberguería e polo tanto
tampouco expulsado dese pobo...non teño nada que ver
nin con Alberguería ni con ningún pobo da comarca de
A Veiga. Son de Ourense ciudade, Catedrático de
Matemáticas do IES As Lagoas de Ourense, durante
vintesete anos, o resto ata trinta e sete anos en
activo paseino en Ribadavia, nos tempos do encoro de
Castrelo e dous anos en Canarias, na Isla da Palma.
Fago a páxina web
sobre Alberguería de forma totalmente anecdótica y
que explico nas "razóns
da web".
Por certo a miña
páxina é anterior o sensacional e imprescindible
libro de Félix García, que curiosamente cita a miña
páxina no seu libro, na páxina 602, cando pon
o link
http://albergueria.htm.
Por certo doulle,
unha vez máis, as gracias a Félix García, sin a súa
colaboración non apareciarían as casas de
Alberguería na miña páxina web e por suposto no
documental, el foi o que me dixo que as atoparía no
Arquivo Histórico de Ourense". Ese feito, o de que
as xentes de Alberguería poderan e poden actualmente
ver as súas casas en fotografía, no ten precio e
algo incrible e algo que fixo chorar de ledicia a
todos os veciños de Alberguería...moitas gracias."
|
|