O lecer das
augas é un libro publicado por Editorial Galaxia, os
autores son Luís Alonso Álvarez, Elvira Lindoso Tato
e Margarita Vilar Rodríguez.
O libro, interesantísimo e ben
escrito, fai un estudio a fondo do que foron e supoñen
actualmente para Galicia os seus Balnearios, toda unha cultura da
auga integrada no turismo de saúde en España e que no 2011
volve a estar poñéndose en valor.
No libro faise historia dos
balnearios máis importantes de Galicia nos séculos pasados: A Toxa,
Os Baños do Marquesito en Arteixo, As augas do lume en Cuntis,
as augas de Dávila e Acuña, o balneario familiar en Caldelas de Tui,
O Carballiño e Portovia, a Vila de Carballo, Cortegada, Guitiriz, as
Termas de Lugo, Baños de Molgas, a Belle epoque de
Mondariz, as augas louras do Incio, e as augas de Verin.
O libro trae unha fotografía,
por certo sacada da nosa páxina web e sin referencias o autor da
misma que foi Mako, e por suposto cita o Balneario de Mondón,
simplemente eso.
Penso que o capítulo 2 do
libro citado "Galicia a terra da auga" é un texto
adecuado para completar o noso traballo sobre o Balneario de Mondón;
polo que poño unha amplia referencia o mismo neste link
Galicia: a
terra da auga.
Salír.
GALICIA:
A TERRA DA AUGA.
Fotografía do
Balneario de Mondón que aparece na páxina 57 do libro "O lecer
das augas". Autor Mako para a páxina web de Alberguería. O libro
non cita ó autor. Evidentemente a fotografía foi tomada da nosa
páxina web, e coa citación bastaría... unha cuestión de
elegancia que non costaría nada...
Capítulo 2: Galicia a terra da
auga.
O que sigue é unha
copia dunha parte do capítulo 2 do citado libro. Este texto
pretende aclarar, para os internautas que visiten a nosa páxina
web sobre Alberguería, Mondón estaba a poucos quilómetros, o tema dos
Balnearios Galegos e o que supuso o longo de varios séculos. O texto
pode suprimirse si os autores do libro o consideran necesario, non
quero problemas co copryriht. De tódolos xeitos penso que esta copia
supón un recoñecemento o libro e unha propaganda clara para que se
compre o mismo.
Ata aquí o trozo do capítulo
2 do libro, do que suprimo neste resumen o texto dedicado a
remodelación dos anos 1940 o 2000.
Si poño a reflexión final:
Fin do texto copiado
_______________________________________________________________________________________
BALNEARIO DE MONDÓN. (Engadido por
Secundino, webmaster da web)
O artigo sigue falando da
remodelación entre 1940 e o ano 2000 que non é o caso no Balneario
de Mondón que pechou o comenzar a guerra civil española, en 1936.
Balneario de Mondón. Fotografía da web. O
Balneario está situado no Concello de O Bolo, ten os seus pes o río
Xares e hoxe o encoro de Santa Eulalia.
Decir que a historia do Balneario
de Mondón data da súa fundación no 1903 polo matrimonio formado por
Emilio López e a súa esposa Basilia Rodríguez que mantuvo o
balneario ata o ano 1936.
Tiña trinta habitacións con
dereito a cociña e chegou a ter moita xente xa que moitos dos
médicos da zona recomendaban as súas augas para abrir o apetito, e
os males de estómago, entre outras cousas.
O sistema estaba basado en
recorrer tódolos días, dúas veces, o traxecto que iba dende a casa o
manantial de augas ferruginosas, as 11 da mañán e as cinco da tarde
por regra xeral. O tratamiento duraba un mínimo de nove días e
consistía en beber as augas no manantial.
Características das augas. Foto da web.
Manantial de augas ferroginosas. Tiña unha pequena billa
para poder beber.
O balneario de Mondón está situado nunha
paraxe marabillosa. Na fotografía da web na parte esquerda donde
parece que remata o encoro.
Outra vista do Balneario de Mondón. Fotografía de Mako.
------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Salír.