Unha historia de terror eso foi a marcha dos veciños de Alberguería do seu pobo no ano 1958. Unha auténtica vergoña.

¿A ónde imos ir?

Tóda-las portas do mundo teñen dono

Ramona Fernández: "Aínda me pasa hoxe pero daquela, cando falabamos de Alberguería, de que nos botaran e todo iso, eu xa temblaba, xa tiña frío e xa temblaba".

  

Isabel Dieguez: "Era o día que tiñamos que marchar. Eu viña da cama. No cimo da escaleira atopeime un guardia civil e díxome:´oiga ¿dónde está su marido? No sé por donde anda. ´ja, usted es de esas que dice yo aquí estoy y de aquí no me muevo´. E a ónde imos ir, pregunteille. Tóda-las portas do mundo teñen dono".

Obdulia Paradelo: Sólo nos pagaron o que colleu o embalse". "Unha limosna".

Paco Arias: "Cando nos botaron levabamos un mes escoltados pola policía secreta e a guardia civil a cabalo".

Ó redor de 20 parellas adicaronse durante o derradeiro mes a percorrer casa por casa para acelera-la súa marcha. O mes de abril veu un temporal de choiva e neve como non se acordaba. "Foi horrible. Sacando as cousas das casas e chovendo sen parar", lembran.

   "Eu viña de saca-los pas do forno e veu un guardia civil e díxome: "oiga señora, mañá ten que marchar da casa". Ónde quere que vaiamos -conta Isabel ainda indignada- ¿Pagounos a empresa?. E el díxome: nada, maña vimos a buscalos e levalos a unha serra". Oiga, o meu home que estivo tanto tempo na guerra é esto o que defendeu, que nos boten da casa sin cartos e sin nada".

"Decían para meterlle medo á xente, que se non nos íamos poñían unha ametralladora no camiño e que nos mataban a todos", engade nun susurro. "Ó fin -conclúe- cada un tivo que marchar como puido.

O resentimento hacia a guardia civil e case xeralizado entre os que foran veciños de Alberguería ainda que algúns, mozos daquela, intentan suaviza-los ánimos. "O que tiña a culpa era o gobernador que era quen daba as órdenes", sinala Francisco Arias. "Eu estaba de telefonista na empresa e un día o capitan chamou o seu xefe a Ourense e díxolle: "Esto que estamos haciendo en este pueblo es intolerable, es un atropello". Pero o outro insistiulle en que eran ordes e que había que cumplilas".

"Fixeron cousas moi malas" recalca con tristura Isabel. Unha delas é que sacaron os santos e os mortos para levalos a Prada cando o pobo aínda estaba alí".

"Aquel día estaba loca. No me dejaban pasar pero me zafé de los guardias y me metí en la tumba de mis padres para ver si había algún hueso y llevármelo. Los operarios -rememora Obdulia- sacaban los restos y los metían en un cartón; mezclaban unos con otros. Yo me quedé allí y cuando acabaron con mis padres les dije que cerraran el cartón. le pusieron el nombre pero quien sabe ..."

    "Un dos que estaba no cementerio dixo: Agora imos chupar un litro de viño polo oso desta perna. Despois viña andando por este camiño e por onde bebera o viño partiu el a perna", lembra Isabel mentras percorre paseniño o mesmo sendeiro do que fala na súa historia".

Estas escalofriantes historias son poucas o lado das que escoitei eu, dos propios veciños de Alberguería que inda viven e lembran... Realmente é dificil imaxinar tanta tristura e o mal que trataron a estos veciños.

E digo o mal que trataron e refírome a Guardia Civil e as autoridades do momento, o gobernador de Ourense que non fixo nada e os políticos da zona.

Houbo moito vendido no proceso, evidentemente podería falar moito sobre esto pero non ven a conto, alá cada un coas súas concencias...

Simplemente lembrar neste pequeno apartado dúas accións terribles, a da maller que foi durante un mes a súa casa do pobo a chorar, estaba nun pobo cerca de Alberguería e todos os días iba a chorar a porta da súa casa, ata que se puña o sol...

Lembrar tamén algún que viviu moitos días debaixo dunha ponte a intemperie, igual algún día publico a historia...

Últimamente estase a denunciar que moitas familias non cobraron, realmente habería que abrir unha investigación sobre este tema...

En fin realmente a un revólvense as tripas e os miolos de como se facían algunha cousas neste pais...

Lóxicamente entendo o xesto de rabia de Ramona Fernández.

 

¡É totalmente lóxico!

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír