Mapa de ríos, montes e cumios da Veiga ( (c) Juanjo Seoane)

Nota: pola miña banda fixen catro engadidos: a pequena isla que figura no encoro, a isla de Preboubo que está a 847 m,  Alberguería que estaba a 817 m. ; por suposto hoxe no fondo do encoro de Prada; e tamén os dous regatos que rodeaban o pobo de Alberguería.

Figura tamén os regatos de Alberguería, o principal o Regato do Prado da Fonte (tamén chamado regato de O Couso e tamén regato de Meda). E logo un regato que era afluente deste que quedou debaixo do encoro (a confluencia) o regato de Varxa (tamén chamado Regueiro de Barreiros)

Si queredes profundizar no tema dos tres ríos da zona, para nós básicos: o pai Xares e os fillos regato do Prado da Fonte e o Varxa pulsar neste link, desta páxina www.

O que queira profundizar na xeografía da zona pode consultar nesta misma páxina www o que escribiu Vicente Risco sobre o tema, todo un clásico.

Na fotografía a vista do encoro dende unha altura de 600 metros onde pode verse a Isla preboubo e intuir onde estaba Alberguería. (Programa SIGPAC).

Aquí fixen unha simulación, como si fora "unha ollada nas augas profundas" e puxen onde estaría o pobo de Alberguería no ano 1958.

Entre a Isla de Preboubo e a orilla hai 817 metros. Neses 817 m e a unha profundidade de 30 metros está actualmente o pobo de Alberguería.

Nesta fotografía de 1945 vese a Isla de Preboubo e o pobo o fondo, coa súa iglesia (orientada o oeste como debe ser) no medio.  A verdade:  ¡era un pobo ben bonitiño!.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.