Poesía: As ondas do vento.

Deste libro,  publicado no 2008 pola Editorial "A pena dáuga Edicións ", collo, con permiso de CEDRO, que é a defensora dos dereitos do libro,   as poesías que fan referencia o río  Xares, a Prada e o encoro,  e  o Balneario de Mondón. Os interesados no libro tendes este email de referencia  apenadauga@mundo-r.com  .

Leoncio Fdez. Rodríguez

Biografía do autor sacada da contraportada do libro.

Leoncio Fernández Rodríguez (17/01/1930) Natural de O Seixo no Concello de O Bolo da provincia de Ourense. É o cuarto de sete irmáns. De orixen humilde vive a guerra civil e foi escasamente a escola. Aprendeu a ler e a escribir pola súa conta en libros de poesía, periódicos, para non quedar analfabeto. Vive a súa infancia no pobo da súa nai en Barxa, a infancia típica dun neno labrego. Como moitos labregos da zona foi novo as segas a Castela e traballou para outros labregos de xornaleiro. Foi mineiro tanto nas minas de carbón como nas de cobre. Das primeiras retirouse cunha silicose. Despois de recuperarse, traballa de barrenista nas estradas e nun túnel de trasvase de auga entre dous encoros. O derradeiro oficio foi de taxidermista...Superadas varias doenzas, das que padece secuelas, decide darlle o mundo a súa experiencia vital neste libro de "AS ONDAS DO VENTO"

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

POESÍA  O  RÍO  XARES

Fotografía do río Xares, que tan ben canta Leoncio Fernández en algúns dos seus versos, xa que noutros non canta, noutros versos chora... S. Lorenzo.

¡Aqueles pozos profundos!

¡Aquela area pulida, do sol dourada!

¡E aquela auga doce e brilante

que máis pura cun cristal estaba!

 

--------------------------------------------------------------   

Leoncio Fdez. Rodríguez

 

O Xares

 

¡Oh,  río Xares, río Xares!

Con millóns e millóns de anos

de vida enteira.

 

Quen agora che trancou o camiño

que por mor de facer cartos da túa forza,

che cambiaron o rumbo, para outra ribeira.

 

Fuches o amor dos pescantíns,

a saúde dos que a pé de tí nos criamos,

có rumor das túas brisas,

e agora unha xente explotadora,

o teu canto che roubaron.

 

¡Aqueles pozos profundos!

¡Aquela area pulida, do sol dourada!

¡E aquela auga doce e brilante

que máis pura cun cristal estaba!

 

Agora fixeron do teu camiño

un charco de auga emporcada,

e montañas, e máis montañas

de silveiras enredadas,

cortándolles o paso a  todos

que se esquivan das porcas augas.

 

¡Río Xares, río Xares!

¡Quen te traizoou e te leva,

non merece perdón de Deus

nin no ceo, nin na terra!

-----------------------------------------------------------------------

Con permiso de CEDRO, que é a defensora dos dereitos do libro.

------------------------------------------------------------------------------------

As fotografías e os comentarios son do autor da web. (Secundino Lorenzo)

A poesía é de Leoncio Fernández Rguez.

                 

Que ben entendo esta poesía de Leoncio Fernández e canto me gusta:

Río Xares un pouco máis arriba de Barxa, co encoro de Sta. Eulalia.  Hoxe casi non existe o río, ver a fotografía da dereita. O río Marabilloso que se ve na primeira fotografía, xa non existe. Efectivamente hoxe o río vai a "outra ribeira..."

¡Río Xares, río Xares!

¡Quen te traizoou e te leva,

non merece perdón de Deus

nin no ceo, nin na terra!

O río Xares coa auga desviada dende este encoro de Sta. Eulalia. A dous kms. está o pobo de Barxa. Así pode entenderse o que dice o poeta deste río.

-----------------------------------------------------------------------------------

No mapa vese como o pobo de  Barxa,  o pobo do poeta,  está a carón do río Xares, preto de Mondón e do encoro de Prada e Alberguería.

 

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Poesía: O Balneario de Mondón

No mapa vese como Barxa,  o pobo do poeta,  está a carón do río Xares, preto de Mondón e do encoro de Prada e Alberguería.

 

Balneario de Mondón que canta o poeta nos seus versos:

No municipio de O Bolo,

está morrendo sen comunicación,

a vella casa -"balneario"-

¡triste casa -a de Mondón!.

 

A Fonte de Veto, da que dí o poeta:

¡Vamos! ¡Vamos!

¡Axiña! ¡Axiña!

tomar auga da Fonte de Veto

que quita a sede, e é menciña.

 

-----------------------------------------------------------------------------------------

Leoncio Fdez. Rodríguez

 

O Balneario de Mondón

 

No municipio de O Bolo,

está morrendo sen comunicación,

a vella casa -"balneario"-

¡triste casa -a de Mondón!.

 

Donde acudían para curarse,

os da saúde cansada,

de moitos pobos lonxanos,

tomar unha auga dotada,

có vermello mineral de ferro,

que de aquela fonte manaba.

 

Camiñante e cabaleiros,

todos por Barxa pasaban;

...¡Que longo é o camiño!

os de a pé se lamentaban;

namentras os cabaleiros respondían:

¡Vamos! ¡Vamos!

¡Axiña! ¡Axiña!

tomar auga da Fonte de veto

que quita a sede, e é menciña.

 

Camiñaban agrupados

para volver restablecidos...

Camiñantes e cabaleiros

parecían peregrinos,

buscando a fonte mineral

da que tomaban con efecto,

como se fora un milagre

de Santo Tomás de Veto.

 

Xa chegados a Mondón,

¡como moitos máis había!

saudábanse uns a outros

con respeto, e armonía;

con unha capela na casa

por si algún rezar quería.

 

Tamén había unha forxa;

porque o dono era forxador.

Era un artista no cobre, -dicían;

que ata facía moedas, 'de moito valor!

 

Perto a un kilómetro de lonxe

entre a casa e a fonte mineralizada

con unha portiña ben feita,

e unha chave para pechala.

 

Era unha fontiña fonte,

era unha fonte fontela,

aló no medio do monte,

cunha muralliña de pedra,

para sentarse os auguistas,

ou calquera que fora a ela.

 

Despois que o vello Emilio morreu,

e para o outro mundo marchou...

De todo a viuva se esqueceu,

e o balneario fracasou.

 

Os herdeiros liscaron,

sen facer argumentos nin memoria.

 

Tan só a fogar, e a fonte

son testigos daquela historia...

 

...Pero, aínda algúns te laiamos,

¡triste casa de Mondón,

que soia te vas esmoroando,

sen atopar restauración!.

 

...¡Ai, tempos aqueles

de vida, e pureza,

que agora morreron

de pes, e cabeza!...

 

¡Ai casa soia, casa triste!

¡Vella velliña olvidada!...

Por máis que eu te chame na porta,

¡xa ninguén me responde nada!.

 

Perdeuse o camiño,

encheuse de monte.

Creceron as uces,

taparon a fonte.

 

Con mutismo, e saudades, lembranzas me fan

de cas, e a fonte, no medio do monte;

por mor de esquecelas, ¡xa mortas están!

 

 

 

 

----------------------------------------------------------------------------------------

Con permiso de CEDRO, que é a defensora dos dereitos do libro.

-----------------------------------------------------------------------------------------

 

Outra fotografía do Balneario de Mondón, que algúns laian, dice o poeta:

...Pero, aínda algúns te laiamos,

¡triste casa de Mondón,

que soia te vas esmoroando,

sen atopar restauración!.

 

Subir                                                        Volver al balneario de Mondón.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

POESÍA A PRESA DE PRADA

Encoro de Prada o que o poeta, Leoncio Fernández  dedica unha poesía:

E un gran encoro, a presa de Prada,

E enriba, unha illa

soíña e calada.

 

Pobo de Alberguería que quedou anegado polo encoro de Prada. Así dice o poeta:

E perto da presa. un pobo afondado.

¡Por culpa da industria

morreu afogado!

 

Leoncio Fernández Rodríguez

 

A PRESA DE PRADA

 

E un gran encoro, a presa de Prada,

E enriba, unha illa

soíña e calada.

 

E perto da presa. un pobo afondado.

¡Por culpa da industria

morreu afogado!

 

Como base do aire ten un bo calado,

para apagar o lume

no monte arriscado.

 

Tamén ten raxeiras  de praias douradas

con homes tostados

e mozas bronceadas.

 

E pedras redondas, que nelas me sento,

labradas de auga,

do sol e do vento.

 

Pasa a rúa pola presa, e na beira, unha fontela.

Para beber cantos queiran,

¡de tan fresquiña pinguela!

 

...E o cabo do encoro, atópase a vila da Veiga:

Concello de pobos e aldeas...

¡Terra firme, terra meiga!

 

Con séculos do pasado chegou o moderno...

Desperta no verán,

e durme en inverno...

 

Foi feira dos gandeiros, e de moitos labradores.

Agora xa non hai gandeiros,

tan só, veñen pescadores.

 

Pescadores deportivos, en pesca fina do río Xares.

Auga limpa, e xantar san,

para pescar bos exemplares.

 

No verán, os bañistas con barcas lixeiras,

pasan por baixo da ponte,

fronte as panasqueiras.

 

E moi preto da ponte, un novo restaurante,

para acoller ós bañistas,

ou calqiera viaxante.

 

-Pero teus pobos, Amiga, van morrendo e fuxindo.

Tan só ti quedas, como Vila,

con pes nadando e resistindo.

------------------------------------------------------------------------

Con permiso de CEDRO, que é a defensora dos dereitos do libro.

--------------------------------------------------------------------------------------

 

 

No mapa vese como Barxa o pobo do poeta está a carón do río Xares, preto de Mondón e do encoro de Prada e Alberguería.

Subir