Os comenzos de Alberguería.
Secundino Lorenzo Fdez.

Iglesía
de Alberguería ano 1950, máis tarde foi desmontada e
pedra a pedra foi trasladada a 50 km. a Vega de
Cascallá, onde está actualmente; a iglesia actual, ten
poucos parecidos coa antiga, salvo no aspecto
exterior.
A iglesia
tiña na parte de atrás o símbolo dos templarios, como
se pode ver na fotografía; símbolo que está hoxe na
nosa bandeira.
Realmente dos comenzos de Alberguería
sábese moi pouco por non decir nada. A primeira referencia que se ten,
polo menos que eu sepa, data do século XIII nun documento de Tumbo negro
e no que fala da Orden de San Xoan de Xerusalem, documento do que fala Antonio Castro Voces noutro apartado desta historia.
Antes do século XIII teño moi poucas
referencias, pero vou facer uso delas. O que sigue trata de encher un
pequeniño anaco deses anos...
A prehistoria:
En
Galicia como se sabe, debido as condicións ácidas do solo, que descompón
rápidamente os restos orgánicos, non aparecen fósiles humáns de épocas
prehistóricas, polo que o único rexistro para coñecer a historia dunha
bisbarra e dunha época determinada son os puramente arqueolóxicos,
restos realizados pola man humana así como bifaces, restos megalíticos
como as mámoas, petroglifos, machados, restos de casas, etc.
Qué restos hai na bisbarra de Alberguería?.
Fagamos un percorrido polos distintos
períodos da prehistoria e o mesmo tempo iremos vendo que temos na nosa
bisbarra.
Nota para entender as cronoloxias :
B.P. ven das palabras inglesas "Before present" e
quere decir antes do presente, tomando o ano 1950.
Despois hai a.C. "antes de Cristo" e d.C. "despois de Cristo" que xa é moito máis coñecida. Tamén se utiliza m.a. cando se
fala do homo Sapiens por exemplo, neste caso m.a. quere
decir millóns de anos. Así decimos Homo Sapiens dende
200.000 ata hoxe. Antes no 500.000 B.P. apareceron os
neandertales por evolución tanto en Europa como no Oriente
Medio. No B.P. 30.000 desaparecen os neandertles e soio
quedan o Homo sapiens que colonizaron todo o mundo actual.
Actualmente utilízase a cronoloxía de B.P. ver por exemplo a
obra "Sapiens, de animales a dioses", o que Yuval Noah
Harari o seu autor chama "Breve historia de la humanidad"
2015.
O Paleolítico (para entendernos pedra vella, tallada ou pedra
lascada) é a primeira época da prehistoria e comprende o período
que vai dende a aparición do home ata o fin das glaciacións. Nesta etapa
hai pequenos grupos humáns que se dedican a vida nómada e a caza. Divídise
en tres partes inferior, medio e o superior. Estamos falando de fai
2.000.000 B.P. anos, nada menos. No paleolítico
medio, polo menos a nivel europeo, é a epoca na que predomina o Homo
Sapiens e na que aparecen os asentamentos e outras manifestacións. Desta
etapa son os bifaces atopados na bisbarra de A Veiga.
Do Paleolítico Medio hai na nosa bisbarra dous
bifaces que
se conservan no Museo Arqueolóxico de Ourense e dos que teño
solicitado oficialmente a fotografía. Un deles foi atopado en Meda
trátase dun Bifaz ojivo triangular con talón esquisto de
12,8 cm. de lonxitude, cunha anchura de 7,9 cm. e unha altura de 4,1 cm.
Sería parecido o segundo pola dereita na fotografía do Museo de
Villalba.

Bifaces do Museo de Villalba. Fotografía sacada de internet,
deste link.

Bifaces do
Museo Arquelóxico-Provincial de Ourense. Fotografía sacada
deste link.
Tamén do Paleolítico Medio é o outro Bifaz que se
conservan no Museo Arqueolóxico de Ourense e dos que teño
solicitado oficialmente outra fotografía. Foi atopado tamén en Meda trátase dun
Bifaz lanceolado cuarcita de 9,4 cm.
de lonxitude, cunha anchura de 6 cm. e unha altura de 2,8 cm. Sería
parecido o que se ve na esquerda por riba do paño vermello.

Trátase de pezas da prehistoria con dúas caras
(bifaz), e que xeralmente termina en punta e son de base redondeada para
coller como se ve no dibuxo. A aresta é como un fío cortante.
Pequena aclaración sobre os bifaces.
Son as primeiras ferramentas prehistóricas e podían ser:
circulares, elipticas, triangulares, lanceoladas e un longo etc.
A primeira é lanceolada e esta é triangular. .
Realmente eran como a
"navalla suiza", servían para
todo: cavar, cortar, raspar, perforar, golpear, etc.
Os materiais eran duros o máis duro posible como os coios de
cuarcita, cristal de roca, silex, etc. Para profundizar ver este
link. |
Fotografías dos bifaces de Meda:
As fotografías son
propiedade do Museo Arqueolóxico Provincial De Ourense,
calquera uso da fotografía debe facerse con permiso documentado
polo propio Museo.

Bifaz de Meda
( A Veiga - Ourense)
trátase dun Bifaz ojivo triangular con talón esquisto de
12,8 cm. de lonxitude, cunha anchura de 7,9 cm. e unha altura de 4,1 cm.
A esquerda unha cara e a dereita a outra.
Este Bifaz está actualmente no Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Foi atopado tamén en
Meda ( A
Veiga - Ourense) trátase dun Bifaz lanceolado cuarcita
de 9,4 cm.
de lonxitude, cunha anchura de 6 cm. e unha altura de 2,8 cm.
A esquerda unha cara e a dereita a outra.
Este Bifaz está actualmente no Museo
Arqueolóxico Provincial de Ourense.
------------------------------------------
O Mesolítico (tamén chamado epipaleolítico) é a transición
do Paleolítico ó Neolítico, cando baixan as temperaturas e aparecen máis
animais. Nesta étapa non hai restos na bisbarra de Alberguería. Estamos
falando sobre o ano 6.000 B.P. para o final desta etapa.
O Neolítico (para entendernos pedra nova, pulida) é
a etapa na que rematan as baixas temperaturas o que favorece a
aparición dos primeiros agricultores e gandeiros. Tampouco nesta etapa
hai restos na bisbarra de Alberguería, salvo o final coa aparición das
mámoas.
O Calcolítico é a etapa na que se inician as técnicas
metalúrxicas e a ceramica que vai dar lugar a intercambios. Tamén desta
etapa temos o inicio da cultura megalítica (sitúanse na etapa dende
o neolítico final , 3.000 e 2.500 B.P. ata o Calcolítico, pero hai
distintas teorías na súa aparición cronolóxica), representada
entre outras cousas polas mámoas das que si temos representación na
bisbarra.
Hai algúns restos megalíticos que demostran que naqueles tempos remotos vivían nesta
bisbarra algunhas familias. Son bastante significativos os restos, por exemplo, de enterramentos, as típicas
mámoas, aparecidas en moitos
montes da zona como por exemplo dúas moi preto do pobo de Meda,
o Conxunto
de mámoas A Pedra
Má que aparece no mapa e fotografías de abaixo, e tamén o
Conxunto de mámoas As Pouliñas, tamén de Meda e a 1,5
km. das anteriores, entre outras...

Mapa da bisbarra de Alberguería, onde se ven
os lugares onde está, entre outros, os posibles castros, aquí
chamados castelos, e tamén as Mamoas de Meda, o que se chama
Conxunto a Pedra Má. A un 1,5 kms. están tamén as mámoas de As Pouliñas
tamén de Meda.

Subindo a
Pedra Má, sacou Mako esta fotografía o 19/10/2008. Vese
Oleiros, a isla Preboubo e o Piorno onde está esa
canteira que afea moita a paisaxe. Moitas gracias.

Unha das
mámoas de Pedra Má. Un conxunto que según Mako está "a
monte" e nada coidado; de feito non veu nada
convencido do seu traballo. A mín gústame. Repito:
moitas gracias.

Dibuxo dunha mámoa ou medoña.

Como se fai unha mámoa?
Aclaración : Esquema dunha mámoa
ou medoña.
Nos dibuxos da esquerda hai unha
mámoa (túmulo) que ten unha anta (cámara
mortuoria) no interior. Trátase dunha maqueta para
facernos unha idea. Tamén se chaman medorras.
A maioría é un casquete esférico e dentro ten o
lugar de enterramento ou anta. Era sin lugar a dúbidas
lugares de enterramentos ou monumentos funerarios. Por
supostos hai varios tipos. A medida oscila entre os 15 a
30 metros de media, observar o home que hai a dereita.
O dibuxo é de
E. Ramil Rego.
No segundo dibuxo vese como se fai a
construción dunha mámoa, unha vez que se achegan as
pedras e se poñen os andamios para logo cubrilo todo.
Lóxicamente debido a falta de medios interviña moita
xente. Primeiro facíase unha gabia na cal vai espetada a
lousa principal ou rocha nai, logo póñense as outras
lousas. A
misma terra que se extraía para facer a anta logo usase
para cubrilo todo. Finalmente cubríase todo de terra e
pedras e finalmente púñase a pedra protectora, ou
tellado, da anta.
Nas mámoas enterraban os mortos, pero
non se atopou nunca restos humáns: xa se sabe, terreos
ácidos que rematan con todo, entre outras cousas.
|
Finalmente,
temos a Edade do Bronce está dividido según varios autores en
inferior (1800-1500 a.C.), Medio (1500-1200 a.C.) e superior
(1200-500 a.C.), neste período antecede a edade do Ferro (Final da edade do Bronce ata a cultura dos Castros incluida). Decir
simplemente que deste período é cando se obtén o Bronce, como aleación
entre o cobre con estaño que vai dar lugar a armas como os
machados e os moldes que se ven na fotografía seguinte. Tamén hai moitas
xoias e cerámicas campaniformes.
Atopáronse restos de
manifestacións artísticas da edade do Bronce e do Ferro, como
petroglifos (non moi
lonxe de Alberguería en Valdegodos e Petín).
Preto de Alberguería atopouse un machado que ten as
seguintes dimensións: unha lonxitude de 16,3 cms, un peso de 280 grs., unha anchura
de 4,9 cms e unha altura de 1,35 cms. Está feito de bronce e atópase
actualmente no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. Trátase dun machado plano
con dous apéndices laterais perto do talón. A sección é rectangular que
se vai adelgazando progresivamente. O machado está situado na edade do
Bronce Medio.

Machados do Museo Arquolóxico Provincial de Ourense. Fotografía sacada de internet,
deste link.
Teño solicitado o poñer a fotografía
do machado, atopado na Veiga, nesta páxina web. O día
21/11/2008 déronme permiso para poñer a fotografía solicitada; este
é o texto:
Ver o machado recollido por
Cuevillas no ano 1.954 en A Veiga. A fotografía é propiedade do Museo Arqueolóxico Provincial De Ourense,
calquera uso da fotografía debe facerse con permiso documentado
(neste caso de novembro de 2008, con citación expresa do uso da
fotografía, para a Páxina Web de Alberguería,
http://www.albergueria.es
) do museo citado:

Machado de A Veiga, Cuevillas 1954.
Referencia CE003874. Edade do Bronce Medio. Bisbarra de
a Veiga. Datos técnicos: lonxitude de 16,3 cms, peso 280 grs., anchura
de 4,9 cms e altura de 1,35 cms.

A outra cara do machado anterior.
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Datos técnicos expostos a esquerda.
-----------------------------------
Preto de Alberguería, no concello de
A Veiga e no pobo de A Ponte hai unha casa que se chama a
"Casa dos Baqueiros" que presenta uns relieves que representan
escenas de caza e
que datan seguramente, non está probado, da época anterior a
romanización da bisbarra. Normalmente este tipo de representacións con
escenas de caza, armas, etc. sitúanse da edade do Bronce para
adiante.
O pobo de A Ponte está situado a 13
kms. xustos do antigo pobo de Alberguería, por suposto en liña recta.

Casa dos Baqueiros. A Ponte. A Veiga. Ourense

Estos son os relieves que aparecen nunha das
paredes da casa. Son figuras de caza, entre outras.

Nesta fotografía de Juan Carlos Alvárez vense as
pedras do can, a pita, e outro xinete.
Poden perfectamente ser os típicos petroglifos. Seica, según moitos
autores, os grabados rupestres serian realizados por algunhas
comunidades campesiñas, asentadas no noroeste durante o desenvolvemento
da etapa inicial da metalurxia. A temática xeral é moi variada e
vai dende alabardas, puñais, combinación circulares e laberínticas,
espirais, equitación, cervos, serpes, cazolas, figuras humáns,
cilindros, pegadas de pe, paletas, esvásticas, etc.
Dende o
punto de vista anterior nos grabados da "casa dos Baqueiros" vese perfectamente un cabalo con xinete incluido, aparte dun can ou
lobo, unha pita ou similar, outro cabalo e unha especie de roseta. O
que pasa é que noutra pedra vese unha cruz típica latina e unha
palabra "sobii" que non está dentro dos grabados rupestres
precisamente...

Nesta outra fotografía de Juan Carlos
Alvárez vense as pedras coa palabra e a cruz latina.
Quero pensar que estos grabados estuveron noutro lugar e cando se
fixo a casa viñeron a formar as paredes que se ven. De calquera
xeito no lugar fálase da súa antiguedade, miles de anos dicen as
xentes de A Ponte, e da necesidade dun estudio a fondo que
determine si realmente se trata duns grabados antiguos mezclados con
outros posteriores.
E pare vostede de contar,
polo menos eu descoñezo outros restos, inda que por suposto é a
miña intención completar, si é posible, este apartado. Seguro que
algún lector pode aportar e está disposto a completar este pequeno
apartado desta páxina web. O meu correo é
sloren@edu.xunta.es.
A cultura Castrexa:
Para investigar un pouco que pasou na
zona antes de que viñeran os romanos, qué xente había nestas bisbarras?,
temos que acudir precisamente a eles, Estrabón, Tolomeo e sobre
todo Plinio, eles son os que escriben sobre o que se atoparon cando
chegaron a estas terras. Estamos falando do ano 73-74 d.C.
Plinio fala de tres grandes comarcas,
que chama conventos xurídicos (ver no mapa) e que son o
Asturicense, o Lucense e o Bracarense, cada un coa súa capital Asturica
augusta(Astorga), Lucus Augusti (Lugo) e Bracara Augusta (Braga).

Este é o mapa dos conventos
xurídicos

Este é o mapa de algúns dos pobos que
habitaban estos conventos en total 61 pobos distintos
dos que soio se conservan 48 nomes.
Fontes do mapa e das ideas: "A Gran
historia de Galicia". A Cultura Castrexa. Tomos 3 e 4, escrito
por Jose Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
No segundo mapa aparecen os
Gigurros
que son os primeiros pobladores da comarca de Valdeorras, da misma
maneira que os Tiburi poblaban Trives e os Nemetas o Bolo e polo
tanto a zona de Alberguería (soio a 5 km.) que é o que nos interesa.
No mapa que sigue reflexo esta
circunstancia:

Mapa actual sobreescrito os
nomes dos pobos que habitaban a zona. Elaboración
propia.
¿Quenes poboaban Alberguería e a
comarca ?
Os primeiros poboadores de Alberguería, dedución miña por proximidade, foron os
Nemetas. A súa capital era Volobriga, que non teño
nin idea onde estaba, pero seguro que non moi lonxe de O Bolo
actual.
Pero ¿qué sabemos dos antepasados
dos veciños de Alberguería?.
No dibuxo
vese unha reconstrución hipotética do sector norte
do Castro de Santa Tegra feita por J. Luaces e
Dideas.
Castros parecidos seguro que había na
zona de Alberguería. onde aproveitarían de forma
marabillosa a calidade da pedra que hai na bisbarra...
O castro non
sería moi distinto do que aparece na fotografía de
abaixo.

Na fotografía o Castro de A Guarda.
Onde vivían?:
Pois a maioría
vivían en castros, que normalmente eran recintos fortificados, con
tendencia circular e asentados en lugares elevados. Os castros son
comúns en toda Galicia, pero hai menos conforme se gaña en altitude.

Os puntos negros
son castros recoñecidos na fotografía aérea en Galicia,
observar que na zona de Alberguería, en vermello, hai moi poucos, ademais algúns
están recoñecidos con dúbidas.
En Alberguería e moi preto
de onde estaba o pobo, hai
uns castelos que tiñen toda a pinta de que foron
asentamentos ou castros, de feito o castelo de Alberguería
albergou xente en algún momento e tamén o da Mayada :

Castelo de Alberguería, preto de Oleiros. Ver a súa historia
neste link da
páxina.

Fotografía do pobo. 1950 onde se ve o
Castelo de Alberguería.

Castelo ou castro da Mayada, moi cerca de Prada e de
Alberguería. Fotografía de Juan Carlos Álvarez.
Ver este link.

Castro da Mayada, moi cerca de Prada e de
Alberguería. Fotografía de Juan Carlos Álvarez.
Ver este link.
Recentemente, chega a mín a noticia , outubro de 2012, de que o
arqueólogo Juan Manuel González
Carballo, fixo o catálogo dun Castro en
terras de Prada, concretamente na zona dos Cabeceiros, ou sexa
moi perto de onde estaba Alberguería. A 900 metros en liña recta do
Castelo de Alberguería.
Este catálogo está
inventariado na Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de
Galicia.
Remito a información destes
datos o seguinte link:
http://pradaweb.blogspot.com.es/2012/10/el-castro-de-os-cabeceiros-en-prada.html
Estos son os datos do Castro:
Castro dos Cabeceiros. Terrenos de Prada (A
Veiga-Ourense).

Código de Identificación: GA 32083031.
Localización:
-
Nome do xacemento: CASTRO
DOS CABECEIROS
- Provincia: OURENSE
- Concello: A VEIGA
- Parroquia: PRADA
- Lugar: OS CABECEIROS
- Nº de Folla (1:25.000): 228-II Nº de
Cuadrícula (1:5.000): 228-15
- Proxección U.T.M. H29T ED50: 663807,
4686724.
- Altitude: m.s.n.m. 1108 metros
Descripción de accesos:
dende a Veiga hai que empregar a estrada
que vai a Prada. Ó chegar a Prada, no
cruce desta estrada coa que se dirixe ó
Barco sae unha pista de terra estreita á
dereita. Este camiño leva ata preto do
castro. O firme desta pista atópase en
moi mal estado con tramos complicados
polo cal somentes pasan vehículos de boa
altura ó chan. O percorrido ó castro é
de uns 2 km pola pista e de algo menos
polos atallos que hai no monte aínda que
neste caso o acceso é difícil.
Caracteristicas
do emprazamento:
-
Emprazamento topográfico:
En ladeira suave nun pequeno descanso
orográfico..
- Utilización do entorno: Monte baixo e
aproveitamento cinexético e gandeiro.
Estado actual:
-
Vexetación: Cuberto de
vexetación arbustiva xestas, uces e
fentos misturados con gramíneas, toxos
nas áreas máis escarpadas.
- Destruccións e alteracións: Non se
aprecian alteracións, bo estado de
conservación das defensas.
-
viisibilidade: para as estructuras
defensivas é boa-media, no resto do
emprazamento e media –baixa.
Características do enclave: a
fortificación atópase situada nunha
ladeira sobre un pequeno promontorio
rochoso. Ten como defensas dous
recintos amurallados completos con
terraplens e foxos (dobres polo
norte). Murallas de 2,5 a 3 metros
de espesor e preto de 4 m de altura
conservada na cara norte, feitas en
cachote de pedra local (granitos e
xistos) e cun recheo de terra,
algúns restos moi miudos de pizarra
completan os materiais á vista.
Outra muralla parcial pouco
apreciable cecáis dobre polo norte
que é a zona de máis doado acceso.
Malia atoparse en pendente está é
moi levadeira de feito que tivo que
reforzarse a defensa norte, leste e
oeste con grandes traballos de
construcción. A cara sur cecais teña
tamén importantes obras aínda que
nesta primeira aproximación non nos
foi posible inspeccionar todo o
recinto.
Descoñecemos o acceso orixinal ó
poboado. Cara o leste ábrese un
amplo espacio cáseque de chaira no
que foron feitas varias terrazas
aínda que non as podemos situar
cronolóxicamente. A provisión de
auga está asegurada polos regatos
que baixan das montañas e na
actualidade non hai que andar máis
de 200 m. para atopar auga, os
nacentes destes regos tamén se
atopan próximos.
As dimensións estimadas son de 110 m
no eixo N-S e 150 m no eixo O-L. A
superficie interior sen contar os
foxos e de preto de 10000 m². ó
norte do castro cara a pista hai un
amoreamento de pedras moi próximo,
que se semella pola súa estructura,
ás chamadas mámoas de Meda xa que
incluso conta cun “foxo” centrado.
Como as mamoas de Meda semella un
amoreamento producido pola labranza
das terras e non o relacionamos cun
elemento arqueolóxico prehistórico.
Contexto arqueolóxico: os xacementos
máis próximos que atopamos no
contorno son o Castro de O Castelo e
as Mámoas de Pedra Ma, situados
ambos ó sur do castro que nos ocupa.
|
Estas son algunhas fotografías
tomadas do Blog xa especificado:

Mapa de situación do Castro de Prada, catalogado por Juan
Manuel Glez. Carballo no 2009.

Plano do Castro.

Fotografía do Castro.

Visión aérea do Castro.

Vista da zona de Alberguería dende o Castro.
Para ampliar estos datos visitar este link:
Castro de Cabeceiros.
Link realizado polo autor do traballo.
-------------------------------
Máis datos do Concello de A Veiga.
Hai restos de poboados castrexos en
Castromao e Castromarigo os
dous lugares tamén preto de Alberguería e dentro do Concello de
A Veiga. Ver no mapa onde están situados estos pobos, a menos de
dez kms. de Alberguería.
Tamén preto dos pobos de
Xares e Seoane no Concello de
A Veiga e por tanto non moi lonxe de Alberguería
hai restos de castros concretamente no Alto da Escrita
(1.143 m) existiu un lugar funerario e nese lugar están os
castros que se chaman O Castro e O Casquete.
Seica hai tamén castros en
Corzos, o Castro das Corbaceiras; en Espiño o
Castro das Mourinallas; na Lamalonga o
Castro de Lama Redonda; e en Requeixo o
Castro das Caborcas.
Outro castro non moi lonxe
de Alberguería, soio dez kms., pero fora do Concello
de A Veiga é o Castro de Bois. Ver o mapa de
situación e unha fotografía do asentamento.

Castro de Bois, a dez kms. de
Alberguería, xunto o pobo de Cambela e preto da
Comarcal 533 que vai de Viana a Rúa. Un claro exemplo dun
castro.

Castro de Bois. Fotografía cedida
para esta páxina web por Mako.
A cultura castrexa pódese
situar na primeira mitade do século IV a.C. e iría ata o século
I d.C. Os interesados nesta cultura poden consultar a
bibliografía citada (A Gran historia de Galicia nos voluméns
3 e 4,
Ocupación do territorio e cultura material e Economía, Sociedade,
Relixión e Arte. que tratan de forma moi extensa os temas dos castros e todo o que o rodea).
Os castros anteriores cumplen
dúas condicións típicas: unha a visibilidade do entorno cara a
defensa do territorio e dúas o estar situadas preto de lugares
con posibilidades de cultivos, pastoreo e caza. En Alberguería,
había que sumar as posibilidades anteriores outra máis, xa que a
zona tiña unha pesca importante no río...troitas
e anguías non faltaban dende logo, hai constancia posterior
delas...

Esta era unha casa típica dunha casa dun castro.
Os castros eran en realidade
pequenas cidades e neste senso non faltaba de nada. Chámame a
atención os servicios colectivos como as fontes, as
canalizacións, as rúas e as prazas. Tamén os elementos
defensivos, os fornos e as saunas; de feito algúns lugares eran
auténticos balnearios.
¿Como se organizaban e que
cultivaban?.
Decir
que non hai constancia escrita, polo tanto o que sigue son suposicións do que deixaron escrito os que viñeron despois, ou
sexa os romanos. Do dito o feito hai un gran treito...por eso o
que sigue en moitos casos son suposicións ou deducións máis ou
menos fundamentadas...
Decir que na cultura castrexa
prácticamente son descoñecidas moitas cousas básicas como
os modos de producción, si as terras eran colectivas ou non, e o
status social das profesións; pero si se pode decir moito das
materias primas que usaban, da súa minería e das actividades
artesanais e de comercio. Neste senso, e sempre a maneira de
resume, decir que nos xacementos atopáronse grandes cantidades de
cereais como o trigo, leguminosas como as fabas e os chícharos.
Entre outros. Tamén nos cultivos vese unha gran avance en canto o uso de
especies según as estacións.

Na
fotografía vense landras carbonizadas que foron
atopadas no Castro de Vixil en Vilalba Lugo.
Actualmente no Museo de Vilalba. A landra
ocupaba un lugar destacado na alimentación. Da
landra facían, entre outras cousas, fariña e un
tipo de pan.
Gracias
os estudos de restos vexetais pódense, hoxe en
día, saber moitas cousas sobre a cultura
castrexa.
Decir que ocupaba un lugar moi
destacado da alimentación as landras, do xénero Quercus, ou sexa o froito do
carballo, pero non faltan as avelás, arandos e seguramente
castañas.
Qué útiles usaban?
Nos útiles xa se vía un pouco
de todo: muíños de pedra, machados, podadeiras, picos, sachos,
etc.

Nesta escultura atopada no
pobo de Bembibre preto de Viana do Bolo vese un
porco ou un xabaríl feito en pedra.
Preto deste
pobo hai o castro do Eirexario.
A escultura recibe o nome de
Berraco.
A súa gandería?
Na gandería vese, polos restos
atopados, que xa tiñan un pouco de todo: dende vacas,
porcos, pasando por cabalos e ovellas entre outros.
Descoñezo totalmente si se
facía intercambio de comercio ou non...
Organización sociopolítica?
A organización sociopolítica
tamén é a gran descoñecida inda que hai algúns datos sobre
aspectos da vida cotiá: por exemplo dedúcese polo tipo de
construcións a importancia que xa tiña o grupo familiar, ou sexa
a sociedade básica xa era a familia, que por certo a xulgar
polos distintos tipos de casas as economías destas familias era
xa diferenciada según os traballos a que se dedicaba, agrícola,
metalúrxica, etc. Trataríase según a maioría dos autores
que estudiaron o tema de familias autosuficientes e pechadas,
que contan coa súa propia forza de traballo para xerar os seus
propios recursos.

No dibuxo sacado do libro
A
Gran Historia de Galicia editado pola Voz de
Galicia, no tomo dedicado a Cultura Castrexa
aparece este dibuxo que representa un castro, en
vermello, e a área potencial dos seus traballos.
O dibuxo está referido o
Castro de Torroso en Mos (Pontevedra).
Do trazo amarelo suponse que
non se pasa nas labores xa que pasan dunha hora
de camiño dende o castro o que suporía dúas
horas camiñando dende o castro, o que é
moito.
O trazo negro sería a media
hora de camiño.
As cores indican os pastos
válidos e non válidos así como o terreno válido
para cultivos.
O dibuxo é de
A. de la
Peña Santos.
Cómo era a propiedade?
A propiedade da terra en
principio é colectiva ou sexa o castro onde se asenta colle as
terras que están o redor do mesmo, seica ata distancias de media
a unha hora de camiño. Logo dentro destas cada familia collía os
terrenos según a súa capacidade de traballo, manteñendo o ano
seguinte.
Eran belicosos, como dice
Estrabón?
Cuidaban moito a súa defensa,
polo tanto os romanos decían que eran moi belicosos, fálase
dunha belicosidade castrexa pero os únicos fundamentos parecen
ser, as construccións tipo defensivas, as prácticas termais que
seica tiñan caracter sacro e as estatuas guerreiras. O feito é
que se defendían e que de algún xeito mostraban, en plan
disuasorio a súa forza; de eso o bandolerismo endémico do que
fala Estrabón, vai un largo camiño, penso eu...

Ara adicada o deus da guerra
Reve, actualmente conservase no museo Arqueolóxico de Ourense.
Este é unha das moitas aras
atopadas e que se conservan.
Hai outras
dedicadas as Ninfas, a deusa
Nabia, a
Verore, a
Berobreo,
Ocaelaego e outros
deuses.
Eran ateos como decía Estrabón?
Os romanos decían que eran
ateos, pero realmente tiñan deuses e de feito rendían culto nas
noites de plenilunio bailando en círculos . Tiñan varios deuses,
seguindo unhas funcións determinadas: primeiro os encargados de
velar polo mundo, logo os da guerra e o vigor físico e por
último os relacionados coa reprodución e a abundancia. Así no
primeiro grupo estaban os deuses da montaña como Ladico, Larouco, Tilenus, tamén
Nabia entre outros; deuses da guerra
como o deus Coso e Reve. Tamén os deuses da auga como a deusa
Nabia, que tamén era protectora da comunidade, e quizais
Veroca e Bandua. Tamén os deuses dos camiños os
Lares Viales.
Cómo enterraban os mortos?
Non enterraban os mortos, pero
fálase dunha incineración dos corpos. O certo é que da cultura
castrexa non se coñecen necrópoles nin enterramentos, nin
tampoco siñalización das tumbas. Suponse que o ritual era a
incineración.
 |
 |
 |
 |
Triscel. Museo do Castro de Sta. Tegra. |
Roseta de idem. |
Guerreiro atopado en Rubiás (Ourense). |
Torque, Burela (Lugo) |
Eran artesanos só ou tamén
artistas?
A arte castrexa é moi rica:
apareceron restos de vasixas, doas, ánforas. vasos, todo tipo de
decoracións, figuras masculinas, femininas, guerreiros, aras,
figuras sedentes, triscels, rosetas, esvásticas e moitas xoias
(tanto en ouro como en prata) como diademas, arracadas, torques,
e un longo etc. que demostran que a cultura castrexa estaba xa a
moita altura. Tamén fan ver que dentro da sociedade castrexa,
dalgunha forma xa había determinadas clases sociais, seguramente
como hoxe según o seu poder adquisitivo.
------o------
Bibliografía
deste traballo:
A Gran historia de Galicia.
Tomos I a IV. José Manuel Caamaño Gesto. La Voz de Galicia.
Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Non funciona o link.
Museo Prehistorico de Vilalba.
Non funciona o link.
Historia de Galicia. Link de Julio Anta
Deixou de funcionar.
Traballos de Juan Manuel González Carballo. (O Castro de
Cabeceiros).
"Sapiens, de animales a dioses". Yuval Noah
Harari. Debate 2015.
Saír
|