
| Gustaríame aclarar algúns conceptos, antes de
escribir os datos xerales das casas de Alberguería. Son consciente que o término casa é moito máis amplo do que aquí trato. O término casa aplícase ó edificio onde se vive e esto non é de todo axeitado para a Galicia rural, como ben escribe Begoña Bas no libro As construcións populares: un tema de etnografía galega. Libro publicado en 1983 como Cuadernos do Seminario de Sargadelos. Nº 44. A casa e moito máis que a vivienda ou edificio onde se vive, a casa é tamén a corte, a palleira, a adega, a horta, as leiras, o monte e un longo etc. No meu traballo de recopilación voume referir únicamente as edificacións do pobo de Alberguería polo tanto: as viviendas, xunto coas cadras, palleiras, adegas, etc. Veremos que as edificacións axústanse totalmente as construcións populares de Galicia, tendo en conta, tres aspectos básicos que marcar a construción: os materiais da zona onde está situado o pobo en cuestión, o clima da zona e a funcionalidade que ven marcada pola economía da casa. Está claro que según a produción da casa haberá unha ou outra vivenda. Alberguería estaba situada nun chan cun clima mediterraneo non moi quente no verán e non moi frio no inverno, pero sin esquecer que eran 700 metros de altitude, un clima moi sano según Madoz, onde as xentes vivian ata 90 anos e mais (Madoz 1850). A maior parte das casas vivian da recolleita de productos do campo: centeo, patatas, moitas castañas , trigo e cebada, moita e boa herba verde e seca, algo de viño e mel e cera. Criaban ganado vacuno, cerdos, cabalos e ovellas e cabras. Os materiais que abundan máis na zona é a pedra de todo tipo e as lousas de pizarra. Madoz decía que no ano 1850 había sobre 140 casas toda de granito, e eso vese perfectamente nas fotografías. Pedra moita pedra posta de tódalas formas posibles. Esas eran as paredes de Alberguería. Vexamos xa algunhas cousas: Convén aclarar que no momento das fotografías e dos estudios feitos, un 60% das casas do pobo estaban abandonadas e en ruinas según consta na declaración feita polo Xurado Provincial de Expropiación Forzosa con fecha 21 de octubre do 1958. No párrafo 4º onde se dice que "...mas de las 2/3 de las casas del pueblo y por ser reciente su conformidad sería una excelente referencia para su valoración..." Ademais nas fichas no 2º apartado de ruinoso, malo, regular, bueno e refírese o estado do edificio nun 70% o perito valora como ruinoso, o que non lle falta o tellado non ten cristais o ventanas... Estes aspectos pode detectarse nas fotografías perfectamente. Por exemplo ¿que opinar desta casa?:
No que sigue terei que adivinar en moitos casos a estructura antigua da casa para poder deducir as características xerales sin dúbida. Decir que a principios dos anos cincuenta Alberguería xa tiña luz nas súas casas e nas ruas, mentras o Concello de A Veiga inda nona tiña.
Vexamos as casas: As paredes En xeral abonda de todo dende a cachotería con pedras de granito asentadas una por riba de outras, pedras de perpiaño rectangulares e sin labrar ata cantería nas que as pedras asentan unha noutra perfectamente. Moitas das casas estaban encintadas.
O 100% son casas de pedra de granito ven en pedras de perpiaño rectangulares sen labrar ou labradas, tamén en cachotes mais pequenos. O 50% estában encintadas ou cubertas con cal (como o balcón da última). Eran de cachotes moi ben colocados un 50%. Os entramados eran todos de madeira de castaño. 100%. Ben en vigas ou tablillas. As cubertas Eran todas as casas de lousa, osea pizarra con distintas pezas e sobre madeira de castaño.
En xeral os tellados teñen moi pouca inclinación e as laxes descansaban directamente sobre este tellado. O normal é que unhas apoien noutras. De todas formas vin tellados de pezas pequenas e elaboradas. A maioría eran casas de dúas augas inda que hai moitas tamén de catro e outras. Por dentro o típico: a trabe central forte e longa seguindo o eixo maior da casa, a partir deste saen as ripas que fan as vertentes sobre as que se apoian as lousas. Elementos exteriores: Había de todo o que máis eran as portas e fiestras. Había un 10% de casas que teñen galerias pechadas. O 60% tiña balcons cubertos.
Sobre un 50% tiñan balcóns ben o exterior ou interiores a un patio. Tamén solainas ou corredores e galerías. Pavimentos interiores:
Aquí era unánime sempre na parte baixa e terra e na vivienda é madeira, xeralmente de castaño. Hai que ter en conta que no 90% dos casos na parte baixa eran as cuadras ou ben a bodega. É lóxico que fora de terra. Divisións interiores. Habitacións: Á vista dos planos que os copie todos e contando o número de dependencias das viviendas teño os seguintes datos: Tabla de dependencias ou habitacións incluida a cociña:
Total casas vivenda analizadas: 81 Nº de edificios que son bodegas, pallar, telar ou cadras únicamente: 26. Total : 107 edificios. Vese que o máis normal e ter catro dependencias. Resulta chocante que o Xurado provincial a vista dun ·% de casas cunha soia dependencia xeneralice de forma incrible. Plano que máis se ve nas casas de Alberguería:
A parte máis importante da casa: A cociña. Efectivamente a parte máis importante da casa era a cociña. Polo que vexo nas fichas únicamente se fala dela cando a cociña se sae do común que é a lareira. A lareira podía ser simplemente unha laxes in erguer do chan ou ben varias formando un rectángulo situadas por riba do nivel deste. algunhas tiñan chimenea e outras non.
A cociña tradicional foi sustituida en algunhas casas polas cociñas tipo Bilbao, a clásica cociña de ferro e convencional. En Alberguería había unhas cantas xa no ano 1958.Na cociña estama a maiores os tallos, os escanos, bancos, mesa, alzadeiro. Tamén había unha pía de pedra cun burato que comunicaba co exterior. Nesta pía fregábanse os pratos. A auga traíase da fonte. Inda que hai que decir que algunhas casas tiñan auga corrente. Pero non era o normal. É falso tamén o que dicen o Xurado Provincial de expropiación nunha circular que mandou a todos os veciños de Alberguería "...Se comprende que en este tipo de construciones no existan instalaciones sanitarias, ya que el (pobre) pueblo es pobre en agua y aunque tiene alguna casa pozo propio, carece de instalación y por tanto de W.C....". El pueblo no era pobre en agua había muchas fuentes y estaba rodeado de dos regatos. Estos señores...sin comentarios. En cuanto al W.C. solo se cita en algunas casas. Moitas casas tiñan desvan ou sobrado que normalmente era unha soia habitación.Tamén se usaba de secadeiro. As división interiores das que tamén tomei nota en tódalas casas son a maioría de tablas de madeira e tamén de palla - Barro. As portas son de castallo e bastante ben feitas na súa maioría. Terrenos sobrantes ou colindantes. A horta. Non todos tiñan terrenos a carón da casa, pero máis da mitade si entre e 20 m2.
No conxunto das casas tamén se ven: palleiras, bodegas e palomares. En Alberguería había de todo:
Moitas casas tiñan : pozo, forno e na cociña secadeiro de castañas.
|
Bibliografía usada no traballo anterior:
| As construcións populares: un tema de
etnografía en galicia. Begoña Bas. Cuadernos
do Seminario de Sargadelos. 44. 1983. A casa. Xoaquin Lorenzo Fernández. Editorial Galaxia. 1982. .-Notas recollidas polos arquitectos encargados de Moncabril S.A. de levantar planos para facer as Expropiacións das vivendas do pobo de Alberguería en 1959. |