(c) Secundino Lorenzo |
|
|
![]() |
DICIONARIO XEOGRÁFICO DE GALICIA - A VEIGA.
|
|
O que sigue é un pequeno resumen sacado do Dicionario Xeografíco de Galicia na súa Voz Veiga, concello de...
Mapa físico do Concello de Prada.
Neste mapa aparece o medio físico de A Veiga que destaca principalmente pola súa altitude que se corresponde co macizo de Trevinca (2127 m.). Ver Serras Segundeira e do Eixe, onde nace o río Xares, que logo deu lugar o Encoro de Prada.
A liña rosada que parte de Pradolongo ata o Maluro marca os limites do espacio natural (según a iconografía do DX).
O clima é oceánico húmido con trazos de montaña, influenciado pola altitude media e o afastamento do mar. Os invernos son duros cunha media entre outubro e abril inferior os 4ºC que pode chegar en xaneiro os 0ºC polo que é normal que neve. Entre xullo e agosto as temperaturas son suaves non sobrepasan unha media de 16ºC( inda que a oscilación diaria sexa entre os 28ºC de mediodía e os 2ºC pola noite).
As precipitacións rondan os 1.600 mm anuais, repartidos de maneira irregular.
O río principal é o río Xares, que ten numerosos afluentes que aparecen no mapa.
As diferentes altitudes tamén influen na vexetación. Por riba dos 1.200 metros medra principalmente flora arbustiva e por debaixo as especies arbóreas, como o carballo.
Mapa de parroquias e lugares. A Veiga ten actualmente 56 lugares repartidos entre 29 parroquías. En total tiña no 1998 1473 habitantes dos que a parroquia máis poboada é a Veiga, onde está o Concello, con 265 habitantes, a de menos é Curra con 8 habitantes.
No 2007 tiña 1.204 habitantes.
A densidade demográfica é das máis baixas de Galicia 4,14 hb./ km2. A media galega é de 94,4 hb./km2 e a de Ourense provincia 46,3 hb/km2.
O DX de Galicia explica sobre a demografía como foi a evolución no século XX, presentando unha tendencia negativa, así no ano 1900 tiña 6.997 habitantes, que crece ata 1910. Entre 1920 e 1940 hai un descenso do 8,22% a pesares das vagas migratorias caro os países americanos. Entre 1950 e 1991 pérdense 4.762 efectivos. As principales causas atópanse nos movementos migratorios e na descompensación entre natalidade e mortalidade. Así por exemplo no 2006 a tasa de natalidade era de dous nacementos por 1000 habitantes mentras que a de mortalidade era de 30,3. Todo o anterior levou a un índice de avenlletamento de 750 o que supón que por cada persoa menor de 20 anos hai máis de sete maiores de 65 anos. Esto leva a unha edade media elevada 59,4 anos.
Resumen da demografía e da economía actual de A Veiga.
O DX explica como actualmente a orografía provocou o despobamento das zonas altas en beneficio das áreas próximas o río Xares. Por outra banda o sector primario, dende os anos 80 foi perdendo peso en beneficio doutros sectores debido en particular o avellentamento demográfico así como o despoboamento.
![]() |