AS
FONTES DO TRABALLO

Realmente foi o historiador
Félix García Yáñez
, autor do libro O Barco e a Terra de Valdeorras durante a II
República e o Franquismo (1931-1977), quen me puso na pista
dos expedientes que Moncabril había levantado no ano 1958 para
expropiar as casas (vivienda, corte, adega, pallar, terras, etc.)
de Alberguería xa que quedarían asolagadas polo encoro de Prada. O
autor citado, nas súas investigacións en Ourense, atopou estos
expedientes no Arquivo Histórico Provincial de Ourense e así mo fixo
saber, cousa que lle dou as gracias. Que sepa que lle estou
agradecido de verdade, no nome meu e de todos os veciños de
Alberguería.
Evidentemente a miña ledicia foi incrible
e rápidamente me puxen
mans a obra. O feito de ter fotografías dábame a oportunidade de
reconstruir o pobo, que hoxe está debaixo do encoro de Prada, e por
certo en moi mal estado; de saber como era, de vivir una vez máis a
páxina www...

Pobo de
Alberguería en 1973. Muros caídos, tellados
desfeitos, hoxe 32 anos despois non quero pensar ni
como está...
No primeiro intre tuven algunhas dificultades
debido a que a documentación data do ano 1958 e non pasaran 50 anos.
Tuven polo tanto que xustificar que o meu traballo sería únicamente
a efectos estadísticos e en ningún caso personalizando nin
publicando elementos persoais. O acordo o que cheguei co Director do
Arquivo, que me deu todo tivo de facilidades, foi que podería
publicar as fotografías e un estudio xeral sobre os datos das fichas
que están no Arquivo citado.
Así o fixen e así publico en internet, todas as
fotografías atopadas do pobo de Alberguería; penso que faltan moi
poucas, e o mismo tempo unhas características xerais sobre as vivendas que había neste pobo no ano citado.
Os veciños de Alberguería quero que sepan, que
toda a documentación sobre as súas casas atópase no Arquivo
Histórico Provincial de Ourense e xustamente na carpeta que figura no nome da
fotografía. Unha vez que pasen os cincuenta anos esta documentación
será pública e, mentras tanto, poderá ser consultada por calquera,
debidamente documentado e xustificando o obxecto da consulta. Que sepan, polo tanto, que esta información existe e onde a poden ver
si veñen a Ourense.
Por certo o Arquivo Histórico Provincial de
Ourense atópase na rúa Hernán Cortés nº 2.
Os seus
datos pódense atopar nesta www. Aproveito para decir que é un
lugar agradable e cunhos bons profesionais dispostos sempre a
atender, orientar e explicar calquera tema ou pregunta sobre o
arquivo. Moitas gracias a todos.
Pola miña banda tomei datos xerais de cada unha
das casas e tamén as fotografías que figuran cun nome que pode ser a
clave para calquera dos veciños que queira ver o seu expediente
algún día.
Vou poñer un exemplo:
.jpg)
O nº de fotografía pode verse pulsando có ratón o botón dereito por
riba da fotografía, vendo as propiedades; e así con todas.
Aparece primeiro a carpeta, e
logo o nº de fotografía, nesta páxina www.
Esta fotografía é unha
das moitas casas de Alberguería, por certo
era comercio e tiña nela instalada unha
fábrica de gaseosas.
Pois ben, figura co nome de
caixa_9194_036(1), esto quere decir que o
seu expediente figura nesa caixa e ten
encima o número 36 (marcado cun lapis, que é
o nº de fotografía que se lle puso polo
profesional que a escaneu). Así é moi fácil
solicitar e ver esta información si algún,
repito, debidamente acreditado, se decide a
facelo. Bastaría pedir a carpeta 9194 que se
refire o Encoro de Prada na Veiga.
Na
información figuran os planos da casa, o
estado da casa, o
tipo de casa en canto a muros, carpintería,
piso, pavimentos, divisións, lugares anexos
a casa, etc. O mismo
tempo a valoración, tanto da empresa como do Xurado de Expropiación Forzosa de Ourense
e as veces tamén a dun Perito; e ademáis toda a documentación,
a posteriore, si
realmente recurriu esa expropiación. |
|
Pola miña banda
Con cada expediente fixen unha recolección dos
seguintes datos que fun completando na ficha que persoalmente
elaborei:
G.CIVIL DE OR.**JURADO PROVINCIAL DE EXPROPIACIÓN**ALBERGUERÍA.
A VEIGA. MONCABRIL S.A.
Nº
foto:
ESTADO CASA |
1.-Ruinoso |
2.-Malo |
3.-Regular |
4.-Bueno |
|
LINDEROS |
|
MUROS |
1.-Mampostería seco |
2.-Encintada |
3.-Cantería. |
4.-Otros |
|
ENTRAMADOS |
1.-Vigas castaño |
2.-Pontones castaño |
3.-Otras |
|
CUBIERTAS |
1.-Pizarra sobre castaño |
2.-Otra |
|
PAVIMENTOS |
Bajo:
1.-Tierra. 2.-Otro |
1ºPiso.
1.-Madera cast. 2.-Otra. |
|
DIVISIONES |
1.-Barrotillo+mort. barro |
2.-Mad.+Mort.cal |
3.-Ladr |
4.-Otro |
|
CIELOS RASOS |
1.-No |
2.-Si
(Madera Tablilla//otra) |
3.-Si.
Solo Habitac. |
|
REVESTIDOS |
|
CARPINTERIA |
1.-Madera
castaño |
2.-Otros |
|
ESCALERA |
1.-Exterior. P: Pied. o M:Mad./B:si/no |
2.-Interior. Pied. o Madera |
|
SANEAMIENTOS |
1.-No dispone |
2.-Si dispone |
|
COCINA |
1.-Sin dato |
2.-Si.
Tipo B:Bilbao o Lousa piedra O :
Otras. |
|
OTROS |
Solana o balcón: 1.-Si.
2.-No |
Galeria. 1.- Si 2.- No |
|
Nº COMPARTIM. |
1.-Una |
2.-Dos |
3.-Tres |
4.->= 4 |
|
M2 CASA |
Casa: ,
m2 /Piso: m2 |
Anexo:
, m2. |
|
BAJO |
1.-Bajo
SI. Función: C:Cuadra. B:Bodega. |
2.- Bajo
NO. |
|
PISO 1º |
|
OBSERVACIONES: |
Terrenos
sobrantes: Telar:
Patio Pajar Otros:
Otras Observ.: |
|
Valoración empresa |
,
Pts Valor.
Perito: , pts |
Valoración Jurado |
,
Pts. |
|
|
Arquitecto:
. Año valoración= 1.- 1.958
2.-59 3.-60 4.-61
Dibujo planos casa |
Dibujo Casa. |
Planta
Baja:
Dim: |
1º Piso:
Dim |
|
|
|
Con estos datos, que tratarei de resumir, e nunca
personalizar, escribirei como eran, en xeral, as casas do pobo de
Alberguería. Cales eran as súas características.
Espero, estou seguro, que os veciños de
Alberguería lles gustará este traballo. O mismo tempo, xa adianto o
resultado: non estou de acordo co dito polo Xurado de
Expropiación Forzosa de Ourense en canto as construcción en xeral,
si ven é certo que moitas estaban abandonadas cando se fixo o
expediente, e se tomaron as fotografías, , lóxicamente xa que no
1958 xa estaba a punto de asolagar o pobo as augas do Xares. En
Alberguería había casas moi ben construidas en xeral, e levei
moitas sorpresas o leer os expedientes firmados todos por
arquitectos recoñecidos en aquela data. É incrible tendo en conta o aillamento deste pobo e de
todos os da bisbarra, inda hoxe. A zona da Veiga está moi lonxe de
Ourense e dos centros de decisión. Pense o lector que de aquelas soio
había camiños e para eso malos. No ano 1961 inaugurou Franco a
estrada de Prada o Barco. Con esto penso que está todo dito...
Maila o anterior as casas na miña opinión eran
bastantes boas.
Discrepo polo tanto totalmente con ese Xurado
cando elaborou un escrito para entregar a todos e cada un dos
veciños e no que dí "...nos encontramos con un pueblo muy
atrasado en su forma de vivir, de construcciones rudimentarias, sin
obras recientes que por su costo nos sirviese de base a la tasación
...", "...en muchas de las mal llamadas viviendas se trata de una
habitación simplemente, haciendo toda la vida familiar en ese
departamento, de tal forma que el edificio no consta nada más que de
planta baja y piso, el bajo se destina a cuadra y el local superior
a vivienda, no habiendo más diferencia entre los dos departamentos
que el bajo es de tierra y la vivienda de madera..."
Nota: dos estudios realizados, que foron
simplemente mirando o plano atopo un 3% de casas nas condicións
indicadas. O 35% das casas de Alberguería tiñan catro dependencias.
Realmente para chorar o texto anterior...
Algún día publicarei o escrito completo que dende
o meu punto de vista é vergonzoso.
Evidentemente no meu estudio estadístico,
prácticamente có total da mostra, xa que figuran por riba de 110 locais
ou edificios, demostrarei que Alberguería era un pobo bastante
adiantado, para estar situado, repito, nun "rincón
esquecido da
provincia de Ourense e moi mal comunicado, inda hoxe, marzo do 2006
non está ben comunicada a zona e algunhas estradas están
impresentables, como por exemplo a que leva do Bolo a Prada que é unha
vergoña auténtica...parece unha estrada lunar, está chea de
cráteres...".
O escrito
do Xurado Provincial non ten xustificación posible e vese as claras
que o único que pretende é xustificar uns pagos lamentables por unhas casas
e unhas
terras que eran as mellores da comarca e que xa quixeran outros pobos
da provincia de Ourense,
inda hoxe en día, despois de pasar casi cincuenta anos.

Aspecto sensacional do pobo de Alberguería no ano 1950
Sair. |