AS CASAS DE ALBERGUERÍA.
(Secundino Lorenzo. Webmaster da www.)
1950-1958

Gustaríame aclarar algúns
conceptos, antes de escribir os datos xerales das casas de
Alberguería.
Son consciente que o término
casa é moito máis amplo do que aquí trato. O
término casa aplícase ó edificio onde se vive e esto non é de
todo axeitado para a Galicia rural, como ben escribe Begoña Bas
no libro As construccións populares: un tema de etnografía
galega. Libro publicado en 1983 como Cuadernos do
Seminario de Sargadelos. Nº 44.
A casa e moito máis que a
vivienda ou edificio onde se vive, a casa é tamén a corte, a
palleira, a adega, a horta, as leiras, o monte e un longo etc.
No meu traballo de
recopilación voume referir únicamente as edificacións do pobo de
Alberguería polo tanto: as viviendas, xunto coas cadras,
palleiras, adegas, etc.
Veremos que as edificacións
axústanse totalmente as construcións populares de Galicia, tendo
en conta, tres aspectos básicos que marcan a construcción: os
materiais da zona onde está situado o pobo en cuestión, o clima
da zona e a funcionalidade que ven marcada pola economía da
casa. Está claro que según a producción da casa haberá unha ou
outra vivenda.
Alberguería estaba situada nun
chan cun clima oceánico-mediterráneo non moi quente no verán
(sobre 18º) e non moi frio no inverno (4º a 5º), pero sin
esquecer que eran 817 metros de altitude (a media da temperatura
sobre 10º en todo o ano), as chuvias, xeralmente, en xaneiro e
febreiro cunha media de 200 mm; un clima moi sano según Madoz,
onde as xentes vivian ata 90 anos e mais (Madoz 1850).
A maior parte das casas vivian
da recolleita de productos do campo:
berzas, leitugas,
nabos, centeo, liño, patatas, moitas castañas , trigo e
cebada, moita e boa herba verde e seca, algo de viño e mel e
cera. Criaban ganado vacuno, cerdos, cabalos e ovellas e cabras.
Dice Antonio
Castro Voces nun
traballo sensacional que se titula "O
Concello da Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo
de alta montaña",
publicado en 1992, traballo que está baseado nos Interrogatorios
ou Respostas Xerais do Catastro de Ensenada, e dice
"...Alberguería
tiña 57 veciños, 228 habitantes
e 57 casas..." e
sigue "... En xeral
en todos os pobos, había terras de hortaliza de regadio e
secano, cortiñas de regadio e secano, terras centenais de
regadio e secano, prados regadios e secano, montes e devesas. En
Pradolongo, Riomao, Curixido, Alberguería
e San Fiz había tamén, soutos de castiñeiros, mentras en Prada,
Alberguería
e San Fiz había algunha viña,
non moitas...";
e "...en Alberguería había
8 muíños de fariña..."; e "...Alberguería
tiña 2 sacerdotes e un
crego..." e sigue "...Alberguería tiña unha taberna e un
estanco..."; "... tamén tiña 1 ferreiro e 1 barbeiro..."
e sigue nas
conclusións "a actividade industrial era escasa, limitándose
a: muíños de fariña, un batán, algún colmear e fornos
particulares...","...a actividade comercial ceñíase casi en
exclusividade a feira do 26 en O Bolo, as tabernas e
estancos...".
No punto nº 9 das súas conclusións afirma
"...A Veiga era un concello donde a altitude, os accidentes
xeográficos e a dureza climatolóxica marcaban a pauta no pasado
máis próximo, propiciando a emigración masiva, o éxodo rural e a
busca de novos horizontes nas grandes ciudades e precisamente
eses condicionantes que fixeron emigrar os seus fillos son os
que hoxe a configuran como unha zona con gran futuro no turismo
rural, no turismo verde..."
Os textos anteriores sirven para situar o noso
pobo, a súa economía o seu clima que van a condicionar as súas
vivendas.
Os materiais que abundan,
sempre pensando no tipo de casas da zona, é a pedra de
todo tipo e as laxes de pizarra. (É curioso e demostra
claramente este punto que hoxe, en marzo do 2006, en terrenos de
Alberguería hai en explotación unha canteira).

Na fotografía (do SigPac) a 400 metros de
altura vese a presa de Prada, a isla Preboubo e a esquerda a
canteira en explotación actualmente e en terreos de Alberguería.
Con puntiños bermellos o pobo de Alberguería do que estamos a
falar. É lóxico que as casas foran todas de pedra de perpiaño,
moi boas por certo. A distancia é exactamente de 1500 metros.
Madoz decía que no ano 1850
había sobre 140 casas toda de granito, e eso vese perfectamente
nas fotografías. Pedra, moita pedra posta de tódalas
formas posibles. Esas eran as paredes de Alberguería.
Vexamos xa algunhas
características das casas:
Convén aclarar que no momento
das fotografías e dos estudios feitos, un 60% das casas do
pobo estaban abandonadas e en ruinas según consta na declaración
feita polo Xurado Provincial de Expropiación Forzosa con fecha
21 de octubre do 1958. No párrafo 4º onde se dice que
"...mas de las 2/3 de las casas del pueblo y por ser reciente su
conformidad sería una excelente referencia para su valoración.
Sin embargo aunque con mayores dificultades, hemos preferido la
valoración de cada uno y por separado de los inmuebles por creer
que de esta forma lograríamos un mayor beneficio para los
propietarios de los expedientes que faltan por resolver..."
 |
 |
No ano 1957 desmantelouse o pobo e
levaron moitísimos materiais. Os precios que pagaron non
tuveron en conta, para nada, este desmantelamento. |
Outra fotografía dese ano.
Antes do ano 1957 xa marcharan moitas
familias e as casas, moitas, botáronse a perder. |
Ademais nas fichas as que
tuven aceso, no 2º apartado aparece a valoración de
ruinoso, malo, regular, bueno e refírese o estado do edificio
nese momento, as fichas están feitas no ano 1958. Polo tanto nun
70% o perito valora como ruinoso, o que lle falta o
tellado ou non ten cristais o as ventanas rotas; sin
comentarios...
Estes aspectos poden
detectarse nas fotografías perfectamente.
Por exemplo ¿que opinar desta
casa?:
 |
Casa totalmente en
ruinas, sin embargo a casa tiña vigas e pontóns de
castaño, unha mampostería perfecta. As divisións eran de
ladrillo cousa pouco habitual naqueles tempos. O tellado
era como todos de laxes de pizarra sobre vigas de
castaño. A carpintería interior era tamén de castaño.
A empresa Moncabril S.A. valorou a casa
en 6.917,44 pts. no ano 1958
Vexan os precios que tiñan algunhas
cousas no ano 1958:
PRECIOS DAS COUSAS NO
ANO 1958 |
Un albanel
"non cualificado" gañaba o día sobre 36
pesetas.
Os artículos
máis correntes tiñan este precio:
1 kg de pan,
7,50 pesetas; 1 kg de azúcar, 11
pesetas; 1 kg de patacas, 2,20 pesetas; 1 kg
de arroz, 11 pesetas; 1 litro de leite, 4
pesetas; 1 litro de aceite, 16 pesetas; 1
camisa, 150 pesetas; un traxe bon, 1.500
pesetas, 1 par de zapatos, 140 pesetas; 1
corte de pelo, 8 pesetas; un periódico, 1,50
pesetas. |
O que
propuña a empresa citada eran a cambio o equivalente
4 traxes bons e 4 pares de zapatos. Unha vergoña
auténtica.
A
valoración do Xurado? : 11.892,40 pts.
|
No que sigue terei que
adiviñar en moitos casos a estructura antigua da casa para poder
deducir as características xerais, por suposto non me sirven os
precios pagados xa que visto o exemplo anterior, aparte de
revolverme o estomago e poñerme malísimo, non me dice
absolutamente nada sobre a casa.
Decir que a principios dos
anos cincuenta Alberguería xa tiña luz nas súas casas e nas
rúas, mentras o Concello de A Veiga inda nona tiña.
 |
Observar na parte
esquerda da fotografía xusto na ventana un punto de luz.
Realmente era un pobo curioso e moi lonxe do que fala o
Xurado Provincial de Expropiacións "...las pocas
ventanas y puertas que se ven, se encuentran casi
siempre en mal estado y carentes de cristales y
pinturas.-Las puertas son empleadas principalmente en
las bodegas y cuadras, esto es en los bajos, siendo
simplemente de tablas..." |
 |
"Sin comentarios
sobre portas e ventás"... |
Vexamos as casas:
As paredes
Sobra que diga o que é
trivial: o elemento máis importante da casa en conxunto son
paredes.
Todas as casas de Alberguería
eran de paredes de pedra, onde abondaba a cachotería con
pedras de granito asentadas una por riba de outras e de
distintos tamaños; tamén moitas casas eran de pedras de
perpiaño rectangulares e sin labrar, en moitas perpiaño
concertado e noutras sin concertar e por último tamén as había
de auténtica cantería que asentaban a perfeción. Moitas das
casas estaban encintadas.
Estas son as formas das paredes das casas de
Alberguería:
(Dibuxos sacados do libro A Casa
de Xoaquín Lorenzo Fernández)
 |
 |
 |
Cachotes. Son trozos de pedra que
se van axustando. |
Perpiaño corrente |
Perpiaño concertado |
 |
 |
 |
Cantería |
Perpiaño encintado |
O mesmo. |
Vexamos exemplos do anterior, dentro das
fotografías de Alberguería:
 |
 |
 |
Perpiaño concertado ou
mampostería en seco perfectamente colocada |
Cantería encintada. |
Mampostería en seco
adaptada perfectamente, incluso en curva. |
 |
 |
 |
Cantería encintada |
Cachotería, un 50% das
casas eran deste tipo. observar que nas esquinas úsanse
as pezas máis grandes. |
Mezcla de cantería
encintada por un lado e pedra recuberta por outra. |
O 100% eran casas de pedra de granito ben en
pedras de perpiaño rectangulares sen labrar ou labradas,
ou ben en cachotes mais pequenos. O 50% estában encintadas ou
cubertas con cal (como o balcón da última). Eran de cachotes moi
ben colocados un montante grande de casas, sobre un 50%.
 |
¿Como eran as paredes
de cachotes?:
Na fotografía vese
perfectamente como se compón a parede con cachotes
grandes (chamanse forras) por fora e por dentro e máis
pequenos (sillares) no medio da parede. A maña dos
canteiros para asentar estas pedras sempre foi
extraordinaria en Galicia, e por suposto tamén o eran en
Alberguería.

Nas paredes de
cachotes nos laterais póñense as pedras ou cachotes máis
grandes. |
As cubertas
As cubertas son outro elemento
básico das casas e no pobo de Alberguería non hai máis que
velas. moi ben feitas e usando, como sería menos, os materiais
da zona. Por certo todas do mismo xeito.
Eran todas as casas de lousa,
osea pizarra con distintas pezas e sobre madeira de castaño.
 |
Tellado típico de
pizarra sobre pontóns de castaño.
As laxes de pizarra son grandes e van
unhas apoiadas noutras.
O cumeal cóbrese encaixando anacos
saíntes das laxes dun lado nas do outro por medio dunhas
encarnas feitas nelas. Observar a fotografía como
sobresae. |
 |
Este tellado tamén era
de pizarra, pero esta estaba composta de pequenas
peziñas cortadas dun mesmo grandor e colocadas
simétricamente. Son as chamadas escamas de peixe. |
En xeral os tellados tiñan moi
pouca inclinación e as laxes descansaban directamente sobre este
tellado. O normal é que unhas apoien noutras.
De todas formas vin tellados
de pezas pequenas e elaboradas.
A maioría eran casas de dúas
augas inda que había moitas tamén de una e catro e outras.
Estadística de "augas nos
tellados de Alberguería"
Podo afirmar que o 74% das
casas de Alberguería tiñan o tellado a duas augas, ademais
por suposto o tellado era de laxe de pizarra.
 |
Na fotografía vese un
pallar, pero vale o exemplo para ver como quedaba
asentado o tellado, osea a súa armadura. O típico
era a trabe central ou chamado cumeal que en Alberguería
eran todas de castaño. O cumeal levaba lateralmente as
encarnas, que se ven na fotografía e que apoian nun
madeiro chamado soleira que tamén se ve. Por suposto que
había casos moitos máis complicados. |
Por dentro o típico: a trabe central forte e
longa seguindo o eixo maior da casa, a partir deste saen as
ripas que fan as vertentes sobre as que se apoian as laxes.
Elementos exteriores:
Había de todo o que máis eran as portas e
fiestras. Había un 10% de casas que teñen galerias pechadas. O
60% tiñan balcons cubertos os chamados corredores ou solainas.
 |
 |
|
Ventanas típicas de
madeira acristalada. |
Galería pechada. |
|
Corredores máis típicos:
Algúns había con barrotes de ferro.
 |
 |
Este tipo de balcón é
o que máis abundaba. |
Corredores ou solainas. |
Sobre un 50% tiñan balcóns ben
o exterior ou interiores a un patio. Tamén solainas ou
corredores e galerías.
Eran tamén moi típicas as
escaleiras que eran de pedra si estaban exteriormente e de
madeira as interiores.
No 90% dos casos as escaleiras
levaban a porta de entrada no primeiro piso que era a vivenda.
 |
 |
Nesta fotografía unha escaleira
exterior de pedra típica de Alberguería.
Tamén se vía alguna de madeira pero son
as menos. |
Este tipo de casa sin escaleiras
exteriores tamén se presentaba moito. Aproveitavase o
terreno en dous niveis para entrar a casa. Neste caso o
primeiro piso polo camiño. A corte pola parte dereita. |
Pavimentos interiores:
 |
O normal era terra na
parte baixa e madeira na vivenda. Na fotografía unha
casa típica de Alberguería. En bon estado de
conservación. |
Aquí era unánime en canto a
materiais: sempre na parte baixa era terra e na vivienda
madeira, xeralmente de castaño.
Na parte baixa estaban as
cadras que normalmente estaban divididas en tres compartimentos
un pequeno de leñeira, outro máis grande para a corte do ganado
vacún e un terceiro lugar cun cortello
A corte tiña o piso de terra
que se cubría con estrume que logo, como sabemos, dedicábase cmo
mineral para as terras. Na corte era normal ter comedeiro e unha
pía de bebedeiro. No cortello separábase o ganado onde se metía
parte da facenda que non quería misturarse coa outra.
Evidentemente a corte viña
marcada polo tipo de ganado que se tuvera, está claro que en
Alberguería como noutros lugares non se mezcla o ganado, por
exemplo unha vaca con un porco; teñen sitios diferentes.
Preto da casa, dependendo si
tiñan unha pequena horta ou non, tíñase o poleiro, cun
pequeno lugar onde corretean as pitas e onde poñen os ovos.
Xeralmente catro taboas cunha tea metálica e unha pequena
casopa para que as pitas poderan dormir e por suposto por ovos.
O normal.
Os pisos estaban montados
normalmente osea por riba dos trabes dun groso en relación co
longo; cruzados por riba van os pontóns que sosteñen o final as
táboas.

Este era por norma xeral o piso.
Sempre de castaño.
Hai que ter en conta que no
90% dos casos na parte baixa eran as cuadras ou ben a bodega. É
lóxico que fora de terra.
Na cociña o redor da lareira
ou lugar para facer lume non se puña madeira o normal era poñer
dúas laxes longas e grandes.
Divisións interiores.
Habitacións:
Á vista dos planos que
aparecen nas fichas levantadas de cada unha das casas e contando
o número de dependencias das viviendas teño os seguintes datos:
Tabla de dependencias ou habitacións incluida
a cociña:
Dependencias |
1 |
2 |
3 |
4 |
5 |
6 |
7 |
8 |
9 |
Nº Casas |
3 |
7 |
18 |
27 |
5 |
12 |
5 |
3 |
1 |
Porcentaxes |
3% |
9% |
23% |
35% |
6% |
15% |
6% |
3% |
1% |
Total casas vivenda analizadas: 81
Nº de edificios que son bodegas, pallar, telar
ou cadras únicamente: 26.
Total : 107 edificios.
Vese que o máis normal e ter catro
dependencias.
Resulta chocante que o Xurado provincial a
vista dun 3% de casas cunha soia dependencia xeneralice de
forma incrible.
En canto os planos nos interiores das vivendas
vou a distinguir tres casos según teña escaleira exterior,
escaleira interior ou non teña escaleiras (pallar, adega,
alpendre ou outra)
Esta é a estadística do que atopei:
Con escaleira
exterior a vivenda |
Con escaleira
interior a vivenda |
Outros casos
típicos |
50 |
29 |
28 |
47% |
27% |
26% |
Deduzco claramente que o que máis abundaba en
Alberguería eran as casas con escaleira exterior de pedra.
Plano que máis se ve nas casas de Alberguería:
1º
Plano: Casa con escaleira exterior de pedra. Planta
baixa para cortes e cortellos ; planta alta para vivenda.

Planta baixa A : 1.- Leñeira. 2.- Corte. 3.- Cortello.
Planta alta B: Vivenda. 1.- Cociña. 2.- Habitacións.
3.-Comedor. 4.-Aseo.-5.-Solaina ou balcón.
Dibuxo de Begoña Bas do libro As
construcións populares: un tema de etnografía en galicia. |
O que máis se ve é
unha casa con catro dependencias, toda de madeira no
piso con divisións de barrotillo ou tablilla e sobre 60
m2. A primeira planta súbese por una escaleira de pedra
que empalma cun balcón con acceso a unha das habitacións.
Aquí no norte que sería a parte de abaixo non hai ventás.
O sur hai unha. O balcón daría o oeste, veríase o
Preboubo.
Na parte de abaixo a
corte e o cortello e tamén un pequeno lugar de leñeira.
Pode haber tamén unha despensa para gardar a carne
fresca salada.
As veces na cociña
tamén tiña unha pequeno lugar para a carne. |
2º
Plano: Casa con escaleira interior de madeira. Planta
baixa para cortes e cociña ; planta alta para vivenda
 |
O plano está sacado do libro
Enciclopedia temática de Galicia. Apartado Arquitectura
popular. Pedro de Llano Cabado. |
Tipo de material
usado para dividir as habitacións:
Tipo de material usado para dividir as
habitacións: |
 |
 |
 |
Barrotillo con
barro ou con cal |
Tablas unidas
simplemente. |
Ladrillo |
67% |
30% |
3% |
O dito, a división máis
vista era a de barrotillo con morteiro de barro ou cal.
Básicamente é o chamado pallabarro, que era un sistema de
tradición medieval; a trama facíase con cangos os máis
fortes eran os verticais e logo enlazaban os outros. Os ocos
entre a madeira ibase cubrindo con barro ou con cal. Era
normal poñer clavos ou puntas na madeira para que logo
pegase mellor o barro. O típico.
Moitas das casas sobre un
40% teñen cieloraso de tablillas, noutras falta.
A mais das veces a
estructura inferior da cuberta vai ó aire. Sin embargo en
Alberguería un 40% tiñan un teito que cubría todas ou
algunhas habitacións.
O teito nas que o tiñan
consistía nunha serie de pontóns que se poñen debaixo das
trabes e que logo se calean ou se pintan, indan que moitas
quedaban co seu aspecto natural. Esto por suposto non se
facía na cociña.
A parte máis importante da casa: A cociña.
Efectivamente a parte máis
importante do interior da casa era a cociña. Polo que
vexo nas fichas únicamente se fala dela cando a cociña se
sae do común que é cando hai cociñas tipo Bilbao, a clásica
cociña de ferro ou cando hai, como se da en varios casos
azulexos, que é algo totalmente fora do común por aqueles
anos. Cociña de tipo Bilbao (hoxe xa as teñen moitas casas
de campo ou chalets, pero en 1950 había moi pouca xente que
as conocera) había unhas cantas en Alberguería nos
anos 1950-1958. ¡Menudo pobo!.
 |
 |
Cociña tipo
Bilbao. Está cociña xa existía en 1940. |
Eran fabricadas en
Bilbao, por eso no informe dicen "tipo Bilbao" |
O típico das casas é a
lareira. A lareira podía ser simplemente unha laxes sin
erguer do chan ou ben varias formando un rectángulo situadas
por riba do nivel deste. Algunhas tiñan chimenea e outras
non. o normal é que o fume fora saíndo pouco a pouco polas
fendas, portas e ventás.
 |
Lareira típica,
feita con laxes de pizarra sen erguer do chan. Podía
ser unha laxe ou varias. Tamén podía estar un pouco
levantada do chan. |
No vou describir como era
a lareira xa que non o sei, non figura no traballo, pero
preguntarei no seu día...seguro que había de todo. A xente
de Alberguería era moi adiantada, cada día estou máis
convencido.
Por suposto tamén había
chemineas. ¡En Alberguería había de todo!.
 |
Nesta casa vese
perfectamente a chimenea. |
 |
Nesta casa a
chimenea é unha simple lousa que se abre dende
dentro. Osea teñen un dispositivo para carealas
contra o vento. Era bastante típica. |
A cociña tradicional foi
sustituida en algunhas casas polas cociñas tipo Bilbao, a
clásica cociña de ferro e convencional. En Alberguería había
unhas cantas xa no ano 1958. Na cociña estaba a maiores os
tallos, os escanos, bancos, mesa, alzadeiro. Tamén había
unha pía de pedra cun burato que comunicaba co exterior.
Nesta pía fregábanse os pratos. A auga traíase da fonte.
Inda que hai que decir que
algunhas casas tiñan auga corrente. Pero non era o normal.
É falso tamén o que dicen
o Xurado Provincial de expropiación nunha circular que
mandou a todos os veciños de Alberguería "...Se
comprende que en este tipo de construciones no existan
instalaciones sanitarias, ya que el (pobre) pueblo es pobre
en agua y aunque tiene alguna casa pozo propio, carece de
instalación y por tanto de W.C....". El pueblo
no era pobre en agua había moitas fontes (6 no pobo e 16 nas
inmediacións do pobo) e estaba rodeado de dous regatos (o
regato de Prado da Fonte tiña auga todo o ano). Estos
señores do Xurado de E. de Ourense...sin comentarios. En
canto os W.C. soio se cita en algunhas casas.
Moitas casas tiñan desván
ou sobrado que normalmente era unha soia habitación.Tamén se
usaba de secadeiro.
As división interiores, das
que tamén tomei nota en tódalas casas, son, a maioría,
de tablas de madeira e tamén de palla - Barro.
As portas eran de castaño e
bastante ben feitas na súa maioría. No pobo había varios
carpinteiros que traballaban moi ben a madeira.
Terrenos sobrantes ou colindantes. A
horta.
Non todos tiñan terrenos a
carón da casa, pero máis da mitade sí, os terrenos estaban
entre 4 e 60 m2.
 |
Diante desta casa
vese un terreno rodeado de pedras que era a típica
eira ou aira onde se podía mallar o pan e outros
traballos.
O centeo o trigo e a cebada mállase
nas eiras ou airas. Aquí tamén se podían debullar as
castañas.
En moitas destas airas tamén se
facían traballos de espalla-los grans de millo, os
chícharos, as fabas, etc.
Normalmente estas airas eran de laxes
de granito. Normalmente eran de propiedade comunal. |
No conxunto das casas tamén se ven:
palleiras, bodegas, poleiros e palomares. En Alberguería
había de todo:
 |
Estos edificios
eran bodegas, observar que están metidas na pequena
montaña. Desta forma consérvanse mellor o viño e
outros elementos. |
 |
Palleira e leñeira
o típico
Nas palleiras
gárdase a herba seca, as veces tamén a palla e por
veces leña. O normal era gardar neste lugar os
apeiros de labranza: arado, grades, gadaña, aixadas,
picarañas, gallas, machada, etc. Por suposto tamén
había alpendres que facían màis o labor anterior. |
 |
Nesta casa
cilíndrica aproveitábase para palleira no baixo e
palomar na parte de arriba. |
Moitas casas tiñan a parte das cadras:
pozo, forno, leñeira e na cociña secadeiro de castañas.
 |
Esta casa tiña
un forno para cocer o pan. |
 |
Esta tiña na
cociña un sistema para secar as castañas. |
 |
Esta casa de
Alberguería tiña unha pequena terraza, con pavimento
enlosado de pedra e de dimensións 5.6 x 11. Casi
nada en aqueles tempos e lugares... |
Ata
aquí o análise dos tipos de vivendas de Alberguería.
|
Subir.
A MANEIRA DE
RESUMEN:
A CASA TÍPICA DE ALBERGUERÍA
 |
Poño este exemplo de
casa como podería por outros moitos de Alberguería.
A estadística fala da casa típica de
Alberguería como aquela de cuberta de laxe de pizarra
normalmente a dúas augas (esta da fotografía parece que
ten tres).
No baixo estaban as cadras para o
ganado e normalmente unha leñeira. No primeiro piso, que
é sempre de madeira de castaño e dividido con madeira e
morteiro de cal ou barro, atópase a cociña, un
comedor e dúas habitacións, esto era o normal, osea
catro dependencias. (A casa da fotografía tiña 5
dependencias ).
Xeralmente entrábase o piso por unha
escaleira que si era exterior era de pedra. O 47% das
vivendas de Alberguería tiñan escaleira de pedra
exterior.
A casa vivenda, normalmente,
tiña unha media de 60 m2 inda que a da fotografía tiña
102 m2.
Anexa á casa era o máis corrente ter
unha pequena horta e unha casa para a palla ou herba e
apeiros de labranza.
Na casa que se ve tamén tiña adega a
carón da casa.
Para resumir nun plano
podera ser o seguinte:

No plano que está
collido do libro de Begoña Bas, fala da típica casa de
Ourense e ese é o caso coas casas de Alberguería.
No primeiro plano está
a planta baixa xusto na entrada hai un lugar como
leñeira e inmediatamente se entra a corte e o cortello.
No piso súbese por unha
escaleira de pedra. O número 3 é o comedor que da o
corredor os número 2 son habitacións e o número 1 a
cociña. Neste caso hai un pequeno carto de baño en 4.

Neste dibuxo (de
Xaquín Lorenzo) vese un corte feito a unha casa típica
que podo asumir para as casas de Alberguería. Nela vese
a esquerda a escaleira para subir; tamén está dibuxado
un poleiro, incluso coas escaleiras para subir as
galiñas (vaia detalle); logo na planta baixa a corte e o
cortello. No primeiro piso, por suposto de madeira vese
únicamente a cociña a esquerda e unha habitación a
dereita, cunha ventá típica. Suponse que detrás destas
hai polo menos outras dúas. Por suposto a cuberta da
casa de laxe de pizarra.
En canto as
valoracións das casas polo Xurado Provincial de
Expropiacións de Ourense non vou entrar neste traballo,
soio decir, que si fai uns anos pensaba que había sido
un roubo, hoxe, e cós datos que teño, estou en
condicións de demostrar que foi ademais de roubo
vergonzoso. Pero este pode ser o tema de outro traballo
e ademais hoxe, xa non hai nada que facer...
Nota:
na fotografía da casa que pusen como exemplo teño que
decir en honor o seu dono que tiña outras cousas que non
eran tan típicas: como forno para cocer o pan e cociña
tipo Bilbao. Tiña o mismo tempo unha horta de 58 m2. A
casa en total vivenda máis cadra, adega e leñeira tiña
sobre 212 m2. |
|
Subir.
Bibliografía usada no
traballo anterior:
As construcións
populares: un tema de etnografía en galicia.
Begoña Bas. Cuadernos do Seminario
de Sargadelos. 44. 1983.
A casa.
Xoaquín Lorenzo Fernández.
Editorial Galaxia. 1982.
Enciclopedia temática de
Galicia.
Tomo de Antropología: Arquitectura popular.
Pedro de Llano Cabado.
.-Notas recollidas polos arquitectos
encargados de Moncabril S.A. de levantar planos para facer as
Expropiacións das vivendas do pobo de Alberguería en 1958.
Mostra usada na
estadística:
107 casas. Prácticamente é o
99% das casas de Alberguería en 1958.
Os datos levantados de cada casa:
estado da casa, lindeiros, tipo de muros,
entramados, tipo de cuberta, pavimento, tipo de
divisións, cielos rasos, tipo de revestidos, carpinteria,
escaleiras tipo e lugar, saneamentos, m2 da casa,
valoración do perito, valoración da empresa, valoración
do Xurado de Exprociación de Ourense, fotografía.
Os datos aparecen todos eles
firmados polos arquitectos: José Barreiro Vázquez e Luis
Vega Escandón. Os
traballos foron encargados pola empresa Moncabril S.A.
nos anos 1958.
Están archivados no Arquivo
Histórico Provincial de Ourense nas carpetas 9194
a 9204. Nome: Salto de Prada.
Este traballo foi realizado en
marzo do 2006 por Secundino Lorenzo Fernández que é o
que escribe e ademais webmaster da páxina sobre o pobo
de Alberguería.
O traballo forma parte dende o 23 de marzo de
2006 do Arquivo Histórico Provincial de Ourense no
apartado de biblioteca auxiliar.
Doulle as gracias o seu Director actual, Pablo
Sánchez Ferro, e os traballadores do arquivo
por este detalle e outros que tuveron mentras fixen
o traballo anterior.
|
|
Subir.
Nota importante:
O presente traballo está basado
simplemente nos apuntes tomados polos arquitectos e peritos que
levantaron acta para facer a expropiación forzoza das casas de
Alberguería no ano 1958, con motivo do encoro de Prada e o
asolagamento total do pobo de Alberguería. Nesas fichas figura o
plano das vivendas e unha fotografía que se adxunta a este traballo.
Non me basei nos interrogatorios
orais que penso facer cos meus veciños do corazón de este pobo.
Polo tanto no futuro irei
completando e correxindo este primer traballo que por suposto seguro
que tera algún erro, inda que coido que non sexan importantes.
De momento aquí tendes
o meu correo particular para calquera comunicación.

|
Subir.
Saír.
|