CARNAVALES  EN ALBERGUERÍA (1950-58) e NA VEIGA (hoxe)

 

O pobo de Alberguería, xa cun color de morto polas augas.

 

 Carnavales en Alberguería (1950-58). (Escribe Claudina Estévez).
 Carnavales en A Veiga. ( Escribe Secundino Lorenzo)
Estudio sobre o Entrudio de A Veiga. 2019 (Angeles Rguez.)
Fotografías de O Sil. Ano 2019.
Video: Charrelos , Boi e Folión. (Sonia Rguez. 2019)

 

O boi máscara típica de A Veiga- Ourense.

 

Volver Alberguería.

 

                                              Salir a Mapa del Entroido Provincia de Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARNAVALES EN ALBERGUERÍA.

Recuerdos de Claudina Estévez

Claudina Estévez.

Fiesta en Alberguería, todos los quince de agosto. Se hacía en Prado da Fonte.

CARNAVAL EN ALBERGUERÍA

          Era una fiesta de mucha alegría para todos, especialmente para la juventud.  El primer jueves de carnaval se celebraba el día “dos Compadres; ese día las mujeres agasajaban a sus maridos. Y el segundo jueves se celebraba el día “das Comadres” . El día das Comadres se hacía “a Corrida do galo”  en las afueras del pueblo;  participaba toda la juventud y especialmente os rapaces e as rapazas. Para esta celebración, que era de gran algarabía, las niñas guiadas por la  maestra hacían en la escuela “a Lardeira” , con los materiales que podían obtener (cartón, papel, lana, paja, etc.);  era una especie de muñeca grande y se llevaba como estandarte en la corrida do Galo, y los mas pequeños llevaban unas “volandeiras” que nos fabricaba nuestro padre Amadeo Estévez con unos alambres y papeles de distintos colores; al correr giraban velozmente y para los niños resultaba un juguete maravilloso, ya que los juguetes en aquella época brillaban por su ausencia. Previamente a esta celebración los niños se encargaban de conseguir el gallo y las niñas juntaban varias docenas de huevos. Después de haber hecho la corrida se volvía a la escuela y se le regalaba a la maestra el gallo y las docenas de huevos y ella invitaba con higos y galletitas.

Otro elemento que formaba parte de los festejos del carnaval era “o Entroido” ; lo hacían los mozos con paja y lo vestían con traje y corbata, lo colgaban en un árbol (negrillo) que había en la calle principal en la mitad del pueblo, cerca de la iglesia. Estaba colgado desde el día de los Compadres hasta el martes de carnaval, día en que se quemaba por la noche, era todo un acontecimiento.

           Los hombres también se disfrazaban creando distintos personajes (de mujeres, de cura, de médico, etc.) e iban recorriendo las distintas casas, representando distintas parodias y cantando. Les regalaban chorizos, vino, aguardiente y el famoso y delicioso licor café. Finalmente se reunían en una bodega a comer y beber.

Nota 1: Pequeño comentario sobre Claudina Estévez.

Claudina Estévez.

Claudina Estévez, que murió el 14/02/2008 fue para esta página una informadora de primera mano de todo lo que aconteció en Alberguería en los años cincuenta, su Alberguería querida.  Madrina de la bandera de Alberguería en Buenos Aires (Argentina).

Donde estés  Claudina, muchas gracias y un abrazo.  Ver un link dedicado a Claudina.

 

Nota 2: sobre a "Corrida do Galo".

Sobre  a "Corrida do Galo",  da que escribe Claudina,  decir que Federico Cocho no seu libro  "O Carnaval en Galicia"  dice que entre outras cousas..." tivo a consideración de xogo infantil en moitos lugares, como por exemplo Allariz, os rapaces provistos dunha espadiña perseguían, ata esgotalo, un galo que se soltaba nun recinto amplo. Despois regalábanllo o seu mestre...así se facía en Oimbra, unha localidade da provincia de Ourense, a uns pasos da fronteira de Portugal..."

"...Os nenos, que levaban pequenos paus con virandelos de cores, corrían sen cesar detrás do galo ata agotalo..."

 Observar que é o que describía perfectamente Claudina sobre A Corrida do Galo é a "Volandeira" que lle facía o seu pai Amadeo Estévez  e que aquí Federico Cocho chama "Virandelo".

Por certo o da corrida do Galo tamén se facía en Celavente.

 

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

CARNAVALES  EN  A  VEIGA - OURENSE

O Boi.

O Boi é un disfraz que se intenta recuperar en A Veiga. A fotografía é de Carlos G. Hervella.

Tamén se intenta recuperar, polo menos no 2019, os charrelos, dos que poño unha fotografía da que descoñezo o autor.

Nesta fotografía están a esquerda os tres charrelos e a dereita O Boi. Fot. 2019.

Outra fotografía dos Charrelos. Fot. e Mónica G. Bellver.

 

O texto que poño a continuación está sacado dun libro que se chama " As caras do entroido Ourensán" que fai pouco, 2009,  publicou a Diputación Provincial.

O Boi tamén aparece non moi lonxe de  A Veiga en Buxán, onde lle dicen O Touro, inda que é distinto o disfraz.

O resto é unha opinión do que escribe, que simplemente estuven uns días no carnaval na zona, no ano 2008.

A única referencia que atopo, na bibliografía que utilizo é un breve texto de X.A. Fidalgo Santamariña que aparece no libro "As caras do entroido Ourensán" e que reproduzco exactamente:

" No Concello da Veiga salientan varias prácticas e actos propios do Entroido que comenza coas tradicionais ceas locais de comadres e compadres. O acto central é a celebración organizada o Martes de Entroido na que os veciños participan nun desfile de carrozas, comparsas e outros disfraces variados que se desenvolve polas rúas da capital do concello. Tamén, o Martes de Entroido, desde hai uns anos, celebran a denominada Festa da Soá, que xa vai pola cuarta edición (2009). Trátase dunha mostra gastronómica local que se proxecta baixo a forma dun concurrido xantar a base de productos do porco, orella,  chourizo e soá. Despois de ben comidos e bebidos, continúan a lúdica xornada festiva cun baile de disfraces, amenizado por unha orquesta de prestixio. Nesta zona tamén están tratando de recuperar unha figura carnavalesca: o boi, un personaxe tradicional. Esta rehabilitación estase establecendo cunhas bases ben delimitadas"

Ata aquí o texto de Fidalgo Santamariña.

Posteriormente a este texto, xa no ano 2024 atopo na revista Entroido de O Sil, febreiro de 2024, un artigo de Mónica G. Bellver no que fala de que o Entrudio de alta Montaña da Veiga ten catro personaxes: O Charrelo, o Boi, a Morte e a vella, que son elementos recuperados nos últimos anos e que acompañan ao fulión en moitas das saídas.

O Charrelo e o Boi xa sabemos de que vai, a Morte dice que é o personaxe máis terrorífico e que saía sobre todo en Valdín.

Este é a morte, a fotografía é de Carlos G. Hervella.

As vellas dice que son homes vestidos coas mellores galas de muller, camisa branca; saia de la tecida no tear ou muradana de cor vermella; pano polos ombros, cruzado por diante e atado á cintura por detrás; pano á cabeza; e carauta de cartón con beizos pintados.

 

Por certo decir que esos días hai a Festa da Soá, un plato típico e moi sabroso que convén ter en conta.

 

--o--

 

Conto unha pequena historia que nos pasou en Xares, cando estuvemos no ano 2008 no entrudio de A Veiga.

 

 

Na fotografía da esquerda vese o Hotel el Ciervo, lugar onde había programado unha cea de disfraces, ver o cartel da dereita. Era febreiro do 2008. A Veiga- Ourense.

Pola miña banda estuven no ano 2008 por terras de A Veiga precisamente no Entroido, onde puden comprobar  o ambente en xeral, boísimo. Hai,  como na maioría dos lugares da provincia de Ourense,  dous tipos de Carnaval ou Entroido,  o tradicional que está descrito anteriormente e que se intenta recuperar  e o urbano que se basa en festas privadas e algún que outro baile público aparte da Festa da Soá.

     En canto o carnaval tradicional chámame a atención que non se conservarán máis eventos, habería que investigar,  toda a vez que na zona si había, como se ve no caso de Alberguería e noutros moitos non moi lonxe como Celavente, con tradicións moi parecidas as de Alberguería e Buxán sin ir máis lonxe. Ver os interesados este link da miña páxina sobre o Entroido en Ourense-provincia. A miña teoría,  a vista da lectura da maioría dos entroidos da provincia, pasan de trinta, é que se conservan mellor os entroidos dos pobos pequenos  do Concello,  que no pobo principal. As razóns quizais sexa que nestos pobos pequenos, na prohibición das caretas da épòca de Franco a Garda Civil foxe máis permisiva por descoñecemento, non o sei... Seguro que hai máis razóns...

En canto o carnaval digamos urbano, decir que hai moita animación e que ó puden comprobar persoalmente.

Deste carnaval urbano porei simplemente dúas fotografías que me traen moitos recordos:

Algúns dos participantes no concurso de disfraces celebrado no Hotel el Ciervo na Veiga. Febreiro do 2008.

 

Outros tres participantes. Saúdos á Sra. do medio, a outra xa a vexo máis veces...

Na fotografía, a esquerda, o que escribe a web de Alberguería.

Que non sabedes que é esa Sra, dareivos unha pista, actualmente é un dos mellores chef de Galicia, a súa especialidade de "arroz de androlla" é do mellor que levo comido en arroces.

Seguides sin saber que é?. Pois visitaino no restaurante que hai en Maceda, no Castelo de Maceda...e darlle saúdos meus...

Si quedades con ganas de saber que é visitai este link.

Fai honor a súa frase: "o importante non é ó que se come, senón cómo se come".

 

Ver outras fotografías daquel día 02/02/2008

Este ano 2012 este é o cartel do carnaval, entroido ou entrudio.

 

 

Poño un video no entroido no ano 2023.

 

A Veiga está a recuperar o entroido de fai anos, non hai dúbida.

 

Está claro, a vista do video, que o entroido na Veiga (Ourense) está a volver a ser o que era fai anos, estou a falar de fai 75 anos, 1950, que é do que trata no fondo este artigo.

 

 

Bibliografía:

"As caras do entroido Ourensán", libro publicado no 2009 pola Diputación Provincial e onde se explica polo miudo todas e cada unha das manifestación do Entroido na nosa provincia.

É incrible o entroido en Ourense, pasan das 36 as formas distintas de interpretalo tendo en conta a forma de vestirse; sin dúbida un entroido único no mundo.

Ourense é a provincia (podedes comparalo con país)  que ten máis manifestacións distintas do entroido por km2. Mais de 36 en 7.273 km2 .

Ver o artigo do meu compañeiro  Afonso Vázquez Monxardín onde fala  que no mundo hai tres carnavais verdadeiramente orixinais a saber o de Venecia, o de Brasil e o de Ourense.

E resulta que é certo.

 

 

 

O Carnaval en Galicia de Federico Cocho publicado por Xerais  en 1990 sempre foi para mín o libro de referencia para entender o o carnaval ou entroido en Galicia.

Neste libro preséntase un traballo rigoroso sobre todas e cada una das manifestación do Carnaval, festa según Federico de trangresión e de burla, de purificación e de parodia do mundo.

Unha festa que pese as prohibicións, rexorde ciclicamente ó longo da historia cun pulo novo e sorprendente.

 

 

Tendes tamén un link do autor desta web dedicado o Entroido da Provincia, link que procuro ter o día xa que,  de forma non moi comprensible  é actualmente das poucas web, de corte provincial,  dedicada ó entroido; un entroido que é único no mundo pola súa variedade. Dificil de entender...

Esto está escrito fai polo menos doce anos, hoxe as cousas van mellor. E os meus datos están menos actualizados, por lóxica.

Decir que comencei a facelo fai anos simplemente para poñer as fotografías dun grupo de amigas e familiares que se disfrazan todos os anos en Ourense-ciudade. Logo fun ampliando, e hoxe simplemente ó poño un pouco ao día...

 

Tamén utilicei no 2024  a revista marabillosa que publica o periódico O Sil sempre polo carnaval ou entroido (ou entrudio):

 

Unha auténtica marabilla de revista e que permite coñecer a fondo o entroido, sabendo a onde hai que ir, Qué ver, etc.

Noraboa a O Sil.

 

 

Subir

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Folións, máscaras e coplas.

 

Subir