21-09-2005 |
Na fotografía do ano 1955 vese claramente a iglesia de Alberguería, inda sin desmontar, o camiño que baixa e que levaba a Aceveda e Fornelos, xunto co regato chamado O Couso que iba a carón do camiño ata xuntarse co regato de Barreiros e xuntos desembocar no Xares; e o que importa neste caso a chamada Lama de Buxelos, xa que realmente debía haber moita lama sobre todo a carón do río. Pero nese lugar está claro que se fixo un campo de futbol, e vense as porterías na fotografía. Foi o crego D. Eloy Tato o que mandou construir este campo de fútbol que se ve na fotografía.
¡Moitas grazas D. Eloy por aqueles domingos!.
Por certo vese un muiño e unha casopa, a casopa xa é da xente que estaba a construir o encoro de Prada.