Mapas de Domingo Fontán (1817-1834). Publicación 1845
Mapa de A Veiga. Alberguería. Domingo Fontán 1845. |
Domingo Fontán in memoriam. Para quitarlle o sombreiro... |
Camiños medievais sobre mapa de Fontán (Carlos Nárdiz). |
MAPAS DA ZONA DA VEIGA. DOMINGO FONTÁN 1845
Portada de presentación dos mapas de Fontán sobre Galicia. Foron feitos entre 1817 a 1834 pero a súa publicación non se fixo ata o 1845.
Neste mapa vese o detalle da zona de A Veiga. Concretamente observar como situa Alberguería precisamente entre os dous ríos o de Barxa e o Regato da Fonte. A escala é 1/100.000
Esta é a zona norte de A Veiga. Observar que xa pon Mondón pero está mal situado no mapa, ou polo menos eso me parece a mín, salvo que existiran unhas casas con ese nome e logo o Balneario tomará ese nome. Haberá que investigar.
|
|
CAMIÑOS MEDIEVAIS SOBRE MAPA DE FONTÁN.
O mapa de Domingo Fontán é de 1845 e a marca (de Carlos Nárdiz) é dos camiños medievais. Sin dúbida o feito de que aparezca o pobo de Alberguería denota a importancia do mismo.
(No mapa o pobo aparece en liña vermella).
Por certo, efectivamente o pobo estaba separado do río Xares e tiña dous regatos, o regato de Varxa e o regato do Prado da Fonte, no mapa vense perfectamente.
O marcado en vermello era o camiño medieval.
O mapa está sacado do libro "El territorio y los caminos de Galicia. Planos históricos de la red viaria" de Carlos Nárdiz Ortiz. Colección Ciencias y humanidades e Ingeniería publicado en 1992 por la Xunta de Galicia.