ALBERGUERÍA: MAPA DENDE SATÉLITE

O que se ve arriba é un mapa aéreo da zona, (trátase en realidade dunha ortoimaxen dende o satélite Llandsat 5, sensor T.M.). 

O mapa é do 2001.

Na parte de arriba do encoro de Prada, onde aparece a ínsula Preboubo, xusto un pouco a dereita estaba o pobo de ALBERGUERÍA.

Hoxe está debaixo das augas, sobre 30 metros abaixo...

Unha zona sensacional. O verde dice das frondosas da zona, unha zona de privilexio. O marrón son terreos de cultivo de secano.

O encoro de Prada está na zona oriental da Provincia de Ourense, unha zona abandonada, unha zona esquecida da nosa provincia. Unha zona sensacional esquecida.

Total 10 kms. A cabeceira (S. Andrés de Prada ) a cola ( A Veiga) 10 kms.

Hai outras posibilidades de fotografía aérea:

Por exemplo dende Google Earth esto é o que se ve:

 

Nesta segunda vista, en 3D,  vese perfectamente o azud da presa, o canón ou "estreito de Alberguería", a isla Preboubo e xusto onde puxen o punto vermello,  estaba Alberguería. Sigo opinando que un estudio mellor feito podería, na miña modesta opinión,  haber evitado o asolagamento de Alberguería, bastaría facer o azud da presa máis abaixo, eso sí costaría moito máis...

Ver a presa máis abaixo:

 

Simplemente na cota 710 no "estreito de Alberguería", facendo alí o azud o encoro un pouco máis alto (en vez de 85 m  facelo de 100 m.)  e tería seguramente máis capacidade e non tería por que asolagar Alberguería, de feito a cota iría a 810 m. e Alberguería estaba a 817 m. Fixeron simplemente o encoro onde máis fácil resultaba  e sin ter en conta o impacto social có pobo de Alberguería. Eran tempos...

Por suposto os meus coñecimentos son nulos no tipo de terreno para facer o azud da presa, pero penso a simple vista que inda eran mellores que onde se fixo realmente.

Neste mapa sacado do sigpac indico onde debera estar a presa, dende logo non moi lonxe, 800 metros da actual en liña recta, e na cota  710 metros (de cota); podería ser de 100 metros (mellor 5 m. menos...) de altura e unha anchura moi superior a actual. Evidentemente a agua chegaría a unha cota de 810 metros. O pobo de Alberguería estaba a 817 m. Quedaría sin asolagar evidentemente. En canto a capacidade, dependería do ancho da presa pero nese lugar ten moito más que a actual.

Por qué non se fixo nese lugar? ...

Foron, sin lugar a dúbidas,  ó comodo e que costa menos cartos...

103 familias ben merecían un mellor estudio...

Por fin temos o mapa aereo de 1956

Nesta fotografía vese Alberguería en 1956.

 

Outra posibilidade:
 

Tamén se pode ver o mapa exacto, sacado do SIGPAC e con cálculos sobre onde estaba alberguería.

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír