Festival de cine de Ourense.
Auditorio de Ourense |
Longametraxe sobre Alberguería. Xares: o río que nos leva.
Director: Pedro Prada |
|
|
|
Moitos veciños de Alberguería aparecen na longametraxe, entre eles:
Olga Primo.
Pedro Paradelo.
Na fotografía Pablo Arias e Manuel Canelas.
Luís Arias.
A mestra Dª Rosario.
Pura Álvarez.
Maruja.
Maruja e Pura Álvarez.
Os irmáns Luis e Ovidio Prada.
Tiberio Arias.
Sabino Pérez no centro. E moitos outros dos que non recollín fotografía, como D. Eloy Tato, Kiko Lameiro, Sabino, etc. incluido o que escribe que tamén aparece o final. Todos contan cousas importantes sobre aqueles tempos. O documental combina tamén de forma maxistral a imaxen dos entrevistados con fotografías da época. Alternando con eles, historiadores, especialistas nos temas dos encoros, representantes da Confederación hidrográfica e moita máis xente que opina sobre o feito de anegar un pobo e unha comarca, e o pouco que esta comarca recibiu a cambio.
Polo medio sona una cantiga preciosa a "Cantiga de Alberguería", que é unha canción interpretada por Magín Blanco e con letra adaptada de Manuel Mª Fernández, unha especie de canción de cego que gustou moito ó público. Tamén, digamos polo medio, é de destacar a paisaxe e os medios para plasmar esa paisaxe, sempre espectacular. Moi emotivas as escenas recollidas baixando cós buzos ata o que queda de pobo no fondo do encoro... Tamén me gustou o xogo de escenas en blanco e negro e cor. Contrastes moi bonitos e ben estudiados. A película remata cunha homenaxe a toda a xente que tuvo que pasar por eventos parecidos e polo tanto non teñen un pobo ó que volver:
¡ENTRAÑABLE! ¡HAI QUE VELA! ¡ENHORABOA A TODOS!
|