|
LINEA ELÉCTRICA PARA O TRAZADO LUBIÁN-OURENSE DE FERROCARRIL
|
 |
A min sempre me chamou a atención, neste e
noutros mapas da zona, a linea bermella que se ve
perfectamente cruzando o mapa. O mapa é de 1941,
pois ben, xa figura a linea bermella, a linea
eléctrica de alto voltaxe que pasaba xusto a carón de
Alberguería. Por suposto non daba luz a zona, nin moito
menos...
Pois ben, esa liña iba dar electricidad os
poblados dos traballadores da linea férrea Lubián a Ourense
e que logo inauguraría Franco o 1 de xullo de 1957. |
|
 |
Nesta fotografía vese o campamento que
creou a empresa MZOV para acometer os traballos do Túnel do
Padornelo (6 Km.) e a Canda (2 Km.). Este campamento que
tiña de todo incluida a luz eléctrica; chamábase
Campamento de Santa Bárbara. Nel chegaron a vivir 1500
persoas e tiña de todo dende escola, igrexa, Garda civil,
fonda, enfermería, etc. O campamento xa existía no ano 1948.
A este poblado chegaba a luz pola conducción
que se ve na foto anterior e que pasaba por Alberguería.
Viña dunha central preto de Ponferrada. |
|
 |
Nesta fotografía sacada en Alberguería (nela
vense as mozas Tilde, Adela, Norma, Xon y Clarisa en
1955) vense os postes de madeira do tendido.
Non o que figura de metal en primeiro plano, son os que
se ven o lonxe. O fondo vese a ínsula Preboubo e o camiño
que leva Corexido. A dereita de todo en tono claro o
Estreito de Alberguería.
Por diante das mozas, o pobo de
Alberguería. |
|
 |
Na fotografía, sacada en Madrid no ano
1966, vese a Victorino Estévez coa súa dona Artemia
Paradelo, nunha das viaxes que o matrimonio fixo a España
unha vez que marcharon para Arxentina no ano 1955.
Pois ben, Victorino Estévez era o supervisor
da linea anterior, osea da linea eléctrica que permitiu
facer os túneles mencionados e polo tanto que o ferrocarril
chegara a Galicia.
A vida ten estas cousas curiosas. Fai uns días coñecín,
en Larouco, un home que nos anos 50 era rapaz e
traballaba no almacén de Moncabril, e gustáballe tirarlle
pedras os aislantes do tendido. Vitorino reprendeuno, como
era lóxico, pero inda se lembra do tirón de orellas. Por
certo que non me lembro como lle chamaba a estos aislantes,
un nome moi curioso... |
Victorino Estévez Álvarez era pai de Lily, Sexa e Temita e foi unha
persoa moi destacada no pobo de Alberguería, calquera día destes faremos
a súa historia, para o apartado de personaxes de Alberguería.
Sin dúbida foi un personaxe curioso e importante de Alberguería.
|