| © S. Lorenzo Fdez . | O río grande de Alberguería era o río Xares. |
Estes eran os ríos de Alberguería:
|
|
|
Río Xares en Alberguería onde decía Pascual Madoz que "hay abundante pesca de ricas truchas" . Claro que Madoz escribiu esto en 1850... Este era o río Xares. Hoxe esta zona é a cabeceira do encoro de Prada. |
|
|
|
Este é o río Xares hoxe a 50 metros río abaixo da fotografía anterior. (As troitas neste tramo son voadoras...) Río Xares, ano 2002, por debaixo do encoro de Prada, ou sexa, no Estreito de Alberguería ou canón do Xares. Un río que hoxe está en moi mal estado, a partir do encoro de Prada. |
Nesta zona do Xares recibía dous regatos que bordeaban Alberguería:
|
|
|
Mapa actual. O punto marrón é a isla de Preboubo. Os puntos bermellos é o pobo de Alberguería no fondo do encoro. |
Mapa de 1941: vese perfectamente os dous regatos que se xuntaban antes do encoro, o pe de Preboubo. Tamén se ve Alberguería. |
|
Na Alberguería había dous regatos que desembocaban pola dereita no río Xares. Estos eran :
1) Regato do Prado da Fonte (que nace na serra. Outros chámanlle Regato de O Couso. Madoz chámalle arroyo de Meda), oficialmente Regueiro do Couso ou ben Regueiro de Tras da Portela. Realmente son dous que nacen na Serra, preto da Portela a 1405 metros, e se xuntan preto da estrada que ven da Veiga a Prada. En Alberguería chamábanlle Regato do Prado da Fonte.
2) O regato da Varxa (dende Barreiros). Este, oficialmente chámanlle Regueiro de Barreiros, trátase dun regatiño moito máis corto e de moi pouca auga e que desembocaba no anterior, como se pode ver no mapa.
|
Está claro que o gran río de Alberguería non eran os anteriores. O gran río de Alberguería era o río Xares:
Río Xares, preto de Alberguería, no camiño que levaba o Bolo, esta ponte hoxe está debaixo do encoro de Prada e moi preto da presa. A esquerda, a montaña que se ve é a de Preboubo. A Ponte é de principios do século XX.

Na fotografía vese a ponte anterior, pero un pouco retocada, xa que, a fotografía, estaba en moi mal estado. Nesta fotografía vese que o río Xares levaba bastante caudal.

Nesta fotografía vese moito mellor o río Xares, xusto na pasarela que se ve na fotografía anterior. Tamén se ve a casa onde estaban a turbina que daba luz a Alberguería. O Muiño de Amancio.
HASTA AQUÍ OS RÍOS DE ALBERGUERÍA.
-----------------------------------------------------------------------------------
Pero o gran río da zona é o Río Xares que ben merece un pouco de Xeografía; por certo Cornide tamén chama a este río , río Morisco ou río de la Alberguería (Memoria sobre las minas de Galicia y otras producciones del reino mineral (1783)):

Dibuxo de Vicente Risco onde está a conca do río Sil, na que desemboca o río Bibei despois de recibir entre outros o Xares.
![]() |
Mapa actual da Provincia de Ourense. O río Xares está marcado de azul forte, menos os encoros de Prada e Santa Eulalia. É un río corto, soio ten 47,5 km., pero recibe moitísimo regato das Serras e sempre debera levar auga dabondo. (Mapa da Diputación Provincial. 1995)
|
O río Xares nace nas faldas de Peña Trevinca, concretamente na Pena Negra do macizo de Trevinca a 2.040 m. de altitude; e rega os Concellos de A Veiga e O Bolo, pasando por Ponte, Xares, Baños, A Veiga, Alberguería, Millarado e Portomourisco. Desemboca, no río Bibei, en términos de Chandoiro, en Entrambasaguas. O Xares ten unha chea de afluentes pequenos que según Vicente Risco son os seguintes:
Os anteriores están no Concello de A Veiga, habería que engadir O Santa Eulalia e otros regatos insignificantes. Esto é o que contaba Vicente Risco na Geografía del Reino de Galicia no ano 1931. |
Río Xares
Río Xares nos primeiros tramos. Por riba de A Veiga.
Aproveito a miña páxina sobre os ríos e Ourense para poñer algúns datos sobre o río Xares:
O río Xares, por riba da Veiga é francamente bonito, no verán leva moi pouca auga.
A zona é preciosa e turísticamente moi apetecible a pouco que se promocione, que xa se está facendo.
Río Xares por riba de A Veiga. Observar máis abaixo como vai o río, o mesmo día, por debaixo do Encoro de prada e de Santa Eulalia. Xa adelanto a comparación: ¡De Xuzgado de garda!.
Estas fotos do Xares saqueinas a carón do Hotel El Ciervo preto do pobo de Xares.
Merece a pena.
DATOS TÉCNICOS do río Xares:
| Nacemento : na Serra do Eixe en Pena Trevinca a 2114 m . (Río Barja e Lestegás dicen na Pena Negra a 2040 m.) | Vexetación predominante: incultivo e subdominante cultivo. |
| Desembocadura: no río Bibei nos codos de Larouco (Valdegallado). | Material xeológico: micacitas. |
| Afluentes principais: pola esquerda o río Corzos e o Canda (Valdín). Pola dereita o Requeixo e o Mao. | Tipo de rotación de cultivos: centeo, trigo, patacas, barbeito. |
| Lonxitude : 47.5 km | Densidade de gando: 1.1 vacuno/Ha. |
| Superficie conca: 311 km2 | Densidade explotacións: 3.4 nº expl./km2 |
| Densidade población: 11 hab/km2 | Precipitacións: 1382 mm. |
| Diferencia entre cotas: 1450 m. | Deficit hídrico: máis de 90 días |
| Pendente : 13.6º | Días non útiles verquidos: 162 días |
| Textura do solo: arenoso. | Aceptación choiva: moderada. |
| Porcentaxe de Concellos que compoñen a conca: A Veiga 90% , O Bolo 19% | Risco de contaminación: 1/3, osea baixo |
( Fuente : As concas fluviais de Galicia. Francisco Díaz. Avelino Nuñez y Eugenio López. 1995)
|
|
|
O perfil mostra dous tramos de moita pendente, alternando con dous tramos de pendente morna. O primeiro vai dende o nacemento ata 1200 metros cunha pendente do 14%. O segundo ata os 780 metros aproveita a depresión de A Veiga e vai cunha pendente do 1,6% ata Alberguería. Xustamente en Alberguería racha esa pendente aparece outra de 9,6% nas chamadas "das costas" ou tamén o Estreito de Alberguería, xustamente onde se fixo o encoro de Prada. Este perfil explica porque se fixo o encoro de Prada que asolagou o pobo de Alberguería totalmente. As condicións son as idóneas. Efectivamente observar no perfil que a 32-33 km. ten unha caída. Nesa caida, no comenzo, fíxose o encoro de Prada. O último tramo é maina a pendente do 1,5%. |
Estado de conservación do río Xares:
- Tramo dende o nacemento o río Valdín que está en boas condicións.
Boas condicións. O río está ben e non ten verquidos.
- Tramo 200 m. augas abaixo do río Valdín -A Veiga (Pozo dos Mouros):
Neste tramo é couto de pesca de troita: O Couto do Xares.
Debe ser do pouco que queda na provincia en bon estado. De tódolos xeitos a última vez que o pesquei, tiña moita troita pequena e notei moita repoboación indiscriminada.
Mellora con moito a miña pesca no ano 2010. O couto está moi cuidado e merece a pena.
Fotografías do Couto:
As fotografías anteriores son do autor da www, perteñecen ó couto do Xares e fueron sacadas o día 10-01-2002. O río, hai que telo en conta, a pesar da data, xaneiro do 2002, viña prácticamente no estiaxe. Sobra decir que é un río sensacional.
- Tramo A Veiga-Desembocadura no Bibei:
Para chorar. Esquilmado total.
Nalgúns tramos non leva auga. Os encoros da zona, o encoro de Prada (Endesa) e o encoro de Santa Eulalia (Endesa) fan o que lles dá a gana, sempre o fixeron dende 1958.
Por certo o encoro de Prada deixou baixo as augas o pobo de Alberguería como lamentablemente xa sabedes.
Alberguería un pobo que quedou asolagado polo encoro de Prada.
Por debaixo do encoro de Prada o río Xares non é río, é unha calamidade.
Caudal ecolóxico do encoro de Prada: o chamado "timo da estampita", perdón "Timo da Pedra difusora". Chámase así o timo que presenta un caudal incrible e os catro metros un fío de auga. Ver o que produce o timo do caudal da pedra difusora, un fio de auga entre as pedras que non deixa ni vivir as ras. Seprona debera tomar nota, desplazarse a zona e abrir expedientes.
Observar a zona dende o aire:
Un cauce de pedras e pouco máis.
Si seguimos río Xares abaixo, as desgracias aumentan:
Central de Prada ( a 2 kms da presa, e cun desnivel de 200 metros), na desembocadura do río Mao no río Xares. Como se ve na fotografía sigue o encoro de Santa Eulalia. Un auténtico desastre na zona. O lugar está pechado e impracticable. Repito a zona é de Endesa. O fondo, o cañón do Xares visto dende a estrada que vai cara Alberguería, vindo do Barco polo cañón do Mao. O río vai encaixado no fondo con alturas das montañas entre 1200 e 1350 metros. É un lugar maravilloso.
E non digamos no Encoro de Sta. Eulalia, vaia desastre:
Río Xares en Novembro do 2001. Lastimoso. O caudal ecolóxico penoso, apenas leva auga, aparte de estar morto...
Encoro de Santa Eulalia. Dende 1998 Endesa deixa un caudal penoso, ata ese ano o río iba seco total.
Ver unha imaxen dende o aire (sigpac) da zona:

Observar o río por debaixo un pozo e o resto seco.
Incrible. Non entendo como Medio Ambiente permite estos desastres na provincia de Ourense e menos nunha zona que está a padecer os maiores abandonos de poboación. A xente está desesperada, non hai de que vivir na comarca, únicamente os pode salvar a súa beleza na natureza, os seus ríos... si estos están para o arrastre ¿qué lles queda?.
Ver dúas fotografías antiguas da zona por debaixo do encoro de Prada:
Por debaixo do encoro de Prada o río Xares despéñase e descende 220 metros en apenas 6 kms., encaixado en granitos e cunha montaña excepcional ( esto era fai 40 anos hoxe non se coñece).
O río Xares vai entre montañas que se ven na fotografía ( menos mal que de momento o desastre non cambia as montañas). En tempos era sensacional. Hoxe nesa zona está o encoro de Santa Eulalia. Adeus.
Capilla de Santo Tomé: outra fotografía histórica da zona.
Unha zona increible. Unha zona eu penso que descoñecida polos ourensáns. Unha zona pouco protexida.
Unha zona que está da man dos Srs. de Endesa e Iberdrola e os seus encoros. Realmente son os amos da zona.
Para min esta zona tal como está hoxe, en setembro do 2000 é deprimente.
Por debaixo desta zona está tamén o pobo de Portomourisco:
A ponte de Portomourisco, famosa dende a antiguedade como paso sobre este río fabuloso.
Hoxe o río por debaixo non existe.
Dende esta páxina www reivindico que se devolva a este río a súa condición de tal, que se conserven os caudais ecolóxicos, enfin que o río Xares volva a ser un río, non o roubo que é hoxe.
A Xunta debera tomar cartas no asunto e esixir a Endesa, que cumpla a lei.
A poucos quilómetros, 5 Kms. de Portomourisco, desemboca no río Bibei. Unha magoa auténtica, ver a imaxen dende o sigpac:
O Bibei é unha sucesión de pozos e un fio de auga. O Xares que é ese río verdoso que desemboca no Bibei, pola dereita, non é nin eso, vense algunhos pozos, na fotografía tres pero é un desastre. Neste lugar que se chama Entrambasaguas únese o río Xares o seu pai, o río Bibei, outro río defenestrado.
Por certo na fotografía un pouco máis abaixo, na carretera que hai feita paréceme ver unha presa...Haberá que investigar...
Ampliación da imaxen anterior. Parece unha minicentral.??.Esto esta a 540 metros da desembocadura do Xares, augas abaixo.
Visitei esta zona en abril do 2006, efectivamente hai unha especie de presa na zona que non é máis que unha pequena área recreativa e onde tamén se recolle auga seguramente para Larouco.
Esta é a pequena presa.
Esta é a fotografía da desembocadura do río Xares no Bibei; xustamente o fondo pola dereita ven o Bibei e pola esquerda o Xares. A zona é bastante accidentada con moito desnivel e mala de andar.

Fotografía de Logio que mostra os últimos pasos do río Xares.