EXISTIMOS

ALBERGUERÍA TAMÉN EXISTE NO 2003.

¡Pretenden que o nome de Alberguería  volva a aparecer no mapa.                             

Subcapítulo Reivindicacións.
Subcapítulo Saír

ALBERGUERÍA

POBO ASOLAGADO POLO ENCORO  DE PRADA 1958 (Ourense). 

Encoro de Prada en Ourense. Debaixo está o pobo de Alberguería. ............ Pobo de Alberguería en 1958. Ourense.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

AS REIVINDICACIÓNS:

 

 

 

 

 

 

Antecedentes (Pequeno resumen):

Este movemento, que agora figura avalado, o parecer,  por 444 firmas (prensa do 18-09-2002) de Valdeorreses, está promovido por Francisca López Porto e o seu marido.

Francisca López Porto é filla de Demetrio López e Francisca Porto veciños de Alberguería en 1958. 

Francisca e o seu marido viven a carón do encoro nunhas casas que figuran nesta fotografía e que foron construidas despois de feito o encoro. No lugar aparece o nome de Alberguería posto deste xeito que se ve na fotografía.

As súas peticións son que o Concello da Veiga recoñeza a este lugar como a Alberguería. Queren figurar no mapa da provincia de Ourense. Tamén fan outras reclamacións.

Nesta páxina www, dedicada a todo o relacionado con este pobo desaparecido baixo o encoro de Prada,  estou aberto a todas as súas reivindicacións. 

Simplemente decirlles que me teñen a súa disposición, para publicar o que queiran e sexa cal sexa a legalidade da súa petición, na que non vou entrar.

De momento recollo os recortes de prensa e fago un resumen:

Noticia aparecida no diario La Región de Ourense, o 18-09-2002

Pulsar para lee-la completa.

 

Noticia aparecida no diario La Voz de Galicia, el 18-09-2002

Pulsar para lee-la completa.

 

Este chiste saliu na Voz de Galicia do día 14 de marzo do 2003, facendo referencia a que o pobo de Alberguería quere seguir existindo e de feito fai unha reclamación o Defensor do Pobo neste sentido.

Siguen as reivindicacións  para lograr o recoñecemento oficial do pobo de Alberguería.

Novo artículo o 31 de agosto do 2003.

Dende o ano 2003 non teño noticias de que este movemento siga adiante.

Saír