O pobo de Prada.

Neste dibuxo, sacado do Google Earth, está situado o pobo actual de Prada. Santo André de Prada.

Prada é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense), que xustamente queda a carón da presa de Prada. Alberguería estaba situada a pouco máis de un km, xustamente a 1.176 metros. Vamos...a tiro de pedra...

A cuestión é que mentras Alberguería estaba a 817 m. de altitude Prada está a 929 m. Alberguería desapareceu co encoro de Prada, Prada non.

Actualmente é un pobo marabilloso cunha paisaxe incrible e moito que ver o seu carón: a súa iglesia, o pobo, o cemiterio e a antiga escola, os seus incribles soutos, o estreito de Alberguería co canón do Xares, o Cristo da Asunción e un longo etc.

Esto era o que contaba Madoz de San Andrés de Prada:

Esto era o que escribiu Madoz sobre Prada.

Cando fala de legua refírese a 5,5 kms. A Ourense había 82,5 km. e o Barco de Valdeorras 11 km.

O das casas con mala fábrica e pouca comodidade é bastante duro, pero eran tempos...

Chegou a ter 150 veciños, son moitos...

Prada tiña no 2004 unha poboación de 52 veciños, para un total  de 20,60 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes  e un total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población.

En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes.  En 1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada verz menos. As explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona, o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de recursos ou mal enfoque dos mismos.

Na miña opinión a zona é marabillosa, a gran descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai.

Fonte do anterior:  Galicia en comarcas. Valdeorras. Ir indo. 2005.

 

Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un trociño dunha panorámica) vese a súa situación de Prada. A fotografía está orientada de sur a norte (esquerda a dereita)

Nesta fotografía (tamén un trociño dunha panorámica) de Isaac Solano vense perfectamente o pobo. O pobo está orientado do nacente o poniente. Na parte de arriba o cemiterio e a escola.

Cimeterio de Prada, onde tamén están enterrados veciños de Alberguería. Está na cima do pobo, moi preto da antiga escola. Un pradairo marabilloso da a entrada a este recinto máxico...Foto de Secundino Lorenzo.

Nesta fotografía de Juan Carlos Álvarez vese o pobo perfectamente.

Sensacional fotografía de Juan Carlos Álvarez, sacada da su web sobre Prada. Casas do interior do pobo actual. As ovellas e as cabras sempre existiron nos pobos da zona; hoxe inda máis.

Na fotografía se Secundino Lorenzo, vexe o castelo de Alberguería e o fondo o pobo de Prada.

 

Na web de Prada de Isaac Solano e  da Asociación Prada tendes información de primeira man...

Tamén na web de Prada de Juan Carlos Álvarez tendes moi boa información.

Neste video tendes un percorrido polos barrios de Prada. A frase de Madoz de "...as casas teñen mala fábrica e pouca comodidade..." houbese cambiado, radicalmente, si poidese,  polo "túnel do tempo",  visionar este traballo. O video e de Juan Carlos Álvarez o que lle dou as grazas e felicito.

 

Vovel a la página "O encoro do Umia" Saír.