Pescando no río Xares na Veiga (Ourense)

Un día de pesca marabilloso no río Xares, na Veiga (ourense). A verdade é que me facía moita ilusión pescar nun río que ten tanta importancia para a nosa páxina web de Alberguería e a xente que a visita. Foi un día de emocións, pola mañán pescando nun río sensacional e xeneroso; a mediodía compartindo comida con tres grandes amigos, o meu compañeiro de pesca  Páxaro,  a presidenta da Asociación Cultural Alberguería Oleiros, Maruja,  e o seu marido Lisardo, tamén dous sensacionais amigos. Maruja é  filla do carteiro de Alberguería,  un gran pescador de Alberguería o que lle dediquei a miña primera troita, que pesquei ese día. Tamén me lembrei de  Lily Estévez, Ovidio Prada, Obdulia Paradelo,  Claudina e tantos e tantos amigos de Alberguería. Foi por eles....e por mín.

Río Xares : río de cor verde, marabilloso, xeneroso, vivo, alegre, ...que tanto che  querían os veciños de Alberguería e que bon disgusto lle deches...pero ti non tuveches a culpa, os ríos nunca teñen culpa...son os homes os causantes das desgracias.  Río Xares ámote...Río Xares grazas...  Pincha neste link para oir como sona este río marabilloso.

 


1

2

3

 
Galería creada por Secundino Lorenzo  07/05/2010 
              Saír Alberguería          Saír á ríos galegos