A pescadeira de Lentellais. |
|
|
Esta información está suministrada
pola filla de Secundina, Mercedes Prieto.
Secundina inda vive hoxe, en febreiro do 2004 e dende esta páxina www deséxolle que viva moitos máis anos e doulle as gracias. Nota: Secundina morreu neste ano 2005. Sinto de verdade. As miñas condolencias a súa familia. Tamén a súa filla Mercedes Prieto que vive en OtardePregos (O Bolo). |
Secundina lembra a dúas irmans que dice que eran como dúas gotas de auga, igualiñas, unha chamábase Rosa e a outra Artemia. Dice que cando o encoro asolagou o pobo fóronse para Buenos Aires. Lembra moitísimo a Obdulia que tamén se foi para Buenos Aires. Dice que había un sastre, pero non lembra o nome, pero sí o da súa muller que se llamaba María e que o parecer fóronse para Ourense e alí vendían lotería dos cegos.. Lembra moita xente e casas: a fábrica de cervezas, o bar da cima do pobo, outros de S. Pedro del Bollo que facían ataudes, o panadeiro que era de Celavente; o Lince, que tiña unha cantina no cruce que iba a Prada, e que o parecer era onde se facía a festa... Lembra o Pepe de Otardepregos que seica alquilou unha cuadra en Alberguería e que preparou como fonda e daba comidas os que traballaban nos tuneis.... Tamén a unha señora que é de Valdín de la Vega, que se chama Maruja e que casou en Alberguería con Edesio, dice que levaba o pan o Poblado.
|