|
|
D. Sabino Gómez Gago "O fillo do Pirulí de Alberguería" --o--
|
|
Fotografía (montaxe) do pobo de Alberguería dos seus amores... Sabino Gómez Gago, fillo de Dictino Gómez (alias el Pirulí) e de Prudencia Gago, naceu o 16 de xuño do ano 1936 en Alberguería (A Veiga), foi o segundo fillo do matrimonio de Dictino e Prudencia, o primeiro foi Alfredo, e que logo tería tres irmáns máis.
Na fotografía familiar están os seus pais Dictino e Prudencia xunto cós seus irmáns.
Nesta outra aparecen:
Dictino Gómez, Prudencia, Concha,
Tino e Pilar.
A xuventude de Sabino, por certo que os rapaces lle chamaban Sabín, transcurriu no pobo de Alberguería , pobo que tuvo que abandonar con 22 anos. Nesos anos chegou a traballar na construcción da presa, ademais de traballar na casa e, como non, botar unha man, as veces, coa famosa "dilixencia de Alberguería"... Como todos sabemos, chegou o fatídico momento, ano 1958 no que os veciños de Alberguería tuveron que abandonar o pobo, moi o seu pesar e con bastantes malos modos por parte das autoridades. De todos é coñecido, a historia contase noutro lugar da web, o éxodo de tódolos veciños que tuveron que marcharse para Francia, Argentina, Madrid, Bilbao, Vigo, O Barco, Petín, Arcos, etc. A Sabino tocoulle ir para Vigo onde traballou, como chófer dunha empresa ata hoxe que xa está xubilado. Sabino vive actualmente coa súa familia en Moaña.
No ano 1996 foi o que propuso, nunha feira de A Veiga, de celebrar unha festa xuntanza de tódolos veciños e amigos de Alberguería, de feito así se fixo, o lugar era un prado preto do encoro, pero o final e debido a unha treboada fíxose en Prada. Trátase polo tanto do primeiro promotor das actuais festas.
Ver un video de aquela primeira festa. Posteriormente Sabino sempre foi un dos organizadores xunto con Maruja e o seu marido Lisardo, os irmáns Arias, Tiberio e Paco, os irmás Prada (Luis e Ovidio) e tantos outros que nos permiten xuntarnos tódolos anos.
-------------------------------------------------
Algunas fotografías para o recordo:
Na festa có seu pai, seus irmáns e algúns amigos, comendo o pulpo e outras cosas...
Sabino vive actualmente en Moaña (Pontevedra).
Pequeno video sacado do documental Xares o río que nos leva de Pedro Prada. ----------------------------------------------------------------------------------
|
|
|
|
|
|
|
Por suposto a dilixencia non era esta, pero seguro que se lle parecía...polos anos e a marca... Dentro duns días porei a auténtica... |
A dilixencia tiña unha canción preferida, que máis ou menos decía
así:
Pola xegua abaixo baixa a dilixencia Rumba la rumba rum Pola xegua abaixo baixa a dilixencia cargada de borrachos, cós fillos da Prudencia Rumba la rumba la rumba A rumba do cañón. |
Nota aclaratoria:
|
|
|

A dilixencia do Dictino en Sta. Cruz, na festa das Ermitas.
A dilixencia, debe ser a que está o fondo a dereita, xa que tiña unha parte para ganado.
Unha fotografía histórica...
Pois non, seica é a da escada, e vese a parte de atrás únicamente.