OVIDIO PRADA TATO (1933-2008)
Na fotografía, sacada polo autor da web na festa de Alberguería do 15 de agosto do 2006, vese en primeiro lugar a Ovidio Prada. Por detrás o canón do río Xares, onde se fixo o encoro de Prada que asolagou o pobo de Alberguería en 1958.
Ovidio foi, ata o 22/10/2008, data na que falleceu, o "xerente e traballador de primeira liña" de todo o que se organizou de cara a manter o nome de Alberguería vivo nos corazóns dos veciños e amigos de Alberguería: organizando a festa de tódolos anos, aportando ideas, textos, lembranzas, censos, asociación, inventando bandeiras, facendo camisetas, gorras, enriquecendo a páxina web e facendo mil e una para que todo saíra marabilloso e Alberguería vivira para sempre...
E Alberguería vivirá para sempre, sin dúbida...
A súa contribución a esta páxina web foi, e seguirá sendo, fundamental.
¡¡Moitas gracias Ovidio!!
Na fotografía sensacional na Ponte de Alberguería no río Xares (1953), hoxe baixo o encoro de Prada, están de esquerda a dereita: Ovidio Prada, Lano Lameiro, Pepe Lameiro (irmán de Lano), Luis Barrio e Luis Prada (irmán de Ovidio).
Na fotografía (do autor da www), sacada na festa de Alberguería, 15 de agosto do ano 2002, está Ovidio Prada no centro da misma, atento a como se facía a "queimada", estaba en todo... Por detrás "a Alberguería do seu corazón".
Ovidio Prada Tato vivía en Ourense coa súa familia e tamén pasaba temporadas na Veiga. Foi veciño histórico de Alberguería. Os seus pais, Amancio Prada e Pura Tato e a súa familía, vivían en Alberguería. Era polo tanto un testigo de primeira man é único.
Ovidio foi para mín "a miña enciclopedia ilustrada, a miña "Espasa Particular", como webmaster da páxina de Alberguería", un colaborador excepcional, único e irrepetible. Pero foi algo máis, algo que sempre levarei no meu corazón e do que me sinto orgulloso: un amigo entrañable.
Gracias Ovidio. Onde estés, seguiremos traballando por ¡Alberguería sempre!.
Algúns momentos importantes dos últimos anos:
En Maio do 2005, en Xares no Hotel El Ciervo, Ovidio co seu irmán Luis e as irmáns Estevez Paradelo: Temita, Xexa e Lily.
O 28/07/2007 cando se inaugurou o Catamarán Sta. María de Alberguería, fun eu, no seu nome, representando a Alberguería. Ovidio xa estaba moi enfermo. ¡Como o botei de menos!...
O ano 2008, o 15 de agosto, recibiu unha placa en agradecemento a súa labor, placa que recolleu o seu irmán Luis, xa que Ovidio estaba xa moi maliño.
Momento da película "Xares o río que nos leva" de Pedro Prada (2008).
Outro momento da película "Xares o río que nos leva" de Pedro prada.
Ovidio Prada sempre con Alberguería no corazón...
Ovidio morreu o 22 de octubro do 2008.
Lily :"Dicen que las personas mientras uno las recuerde no se van, que permanecen con nosotros. Mi querido Ovidio, se agrega a las personas que nunca se irán porque siempre estará en mi corazón.
Y como dice Secundino, te tendremos a nuestro lado para que ese "Siempre Alberguería" suene mas fuerte."Mako: "Alberguería, la de ayer y la de hoy y todo lo que representa, permanecen ya para siempre impregnadas de su presencia.
¿Como podría morir el hijo de un pueblo inmortal?Xexa: "Que Dios lo tenga en su Eterno Descanso."
Santi Palmeiro: "¿Qué más vamos a decir ahora?
Por nuestra parte, está todo dicho, Ovidio.
Pero tú seguirás hablándonos cada día.Maruja Prada: "Sin duda se nos fue una persona querida por todos, de nuestra amada Alberguería. Me sumo de corazón a lo que dice Secundino que cuando digamos ¡siempre Alberguería", a partir de ahora sonará más fuerte, ya que Ovidio estará a nuestro lado apoyando la frase. "
Luisa Barrio: "Realmente Ovidio ha sido uno de los promotores de las reuniones de la gente de Alberguería, una persona entrañable que siempre tendrá su lugar en nuestro corazón, y que cada 15 de agosto estará con nosotros".
Secundino: "Donde estés Ovidio sabes que podrás seguir contando conmigo y siempre que diga la frase ¡sempre Alberguería!, te prometo que te tendré a mi lado, para que suene más fuerte..."
A miña pequena contribución fotográfica a un amigo entrañable e querido que sempre levarei no meu corazón:
¡Sempre Alberguería!
![]()