Oleiros un pobo a carón de Alberguería que desapareceu en 1917-18?
Panorámica de Oleiros, un pobo a 500 metros de Alberguería. Pascual Madoz falaba dun barrio de Alberguería, pero en realidade era un pobo aparte no século XVIII.
No mapa vese Oleiros preto do pobo de Alberguería. A dereita.
Na fotografía de Ovidio Prada vese a "praia de Oleiros" perfectamente. A fotografía está sacada dende a estrada que vai de Prada a Veiga. Neste lugar queríamos facer a nosa festa de tódolos anos o día 15 de agosto, pero non foi posible. Dentro duns anos teremos o "Paseo do Xares" e un mirador nesta zona, que explica onde estaba Alberguería...
REFERENCIAS HISTÓRICAS DO POBO DE OLEIROS E OUTROS DATOS.
Traballo de Antonio Castro Voces.
Oleiros aparece citado no ano 1752 como un pobo, dos 31, que tiña A Veiga nese ano, logo desapareceu e non sabemos a ciencia certa cando... "O Concello de A Veiga no século XVIII: economía e sociedade nun pobo de alta montaña" un traballo de Antonio Castro Voces.
Oleiros tiña daquelas 4 veciños, 16 habitantes e 4 casas.
No traballo citado está claro que os veciños de Oleiros pagaban por todo igual que os demais: primicias, voto de Santiago, etc.
Oleiros tiña catro muíños. Non tiña, sin embargo, estanco nin taberna. Tampouco tiñan sacerdote.
Vexo que tiñan un ferreiro que ganaba 4 reais o día...
Diccionario de Pascual Madoz - 1850
Decía Madoz en 1850 "Cuatro casas separadas al norte constituían el barrio de Olleros..."
"ABERGARÍA (Sta. Maria de la): felig. en la prov. de Orense (14 leguas), dióc. de Astorga (15), part. jud. de Valdeorras (2) y ayunt. de Vega del Bollo:SIT. en la margen izq. del río Járes en un llano rodeado de sierra y ventilado por E. y O; las enfermedades más comunes son inflamaciones, si bien el CLIMA es sano y muchos de sus naturales cuentan 90 años o más de vida: 140 CASAS ant. de granito, elevadas á unas 10 varas y todas de mediana distribución forman, puede decirse, una sola calle: 4 CASAS separadas, al N. constituyen el barrio de Olleros."
Testimonio histórico contado por Obdulia Paradelo (veciña que foi de Alberguería e gran colaboradora desta páxina www, nos primeiros anos.):
|
Traballo de Santi Palmeiro
|
Algunhas fotografías de Oleiros en Abril do 2006
|
|
|
|
|
|
Cabaña de pastores na zona de Oleiros. Esta cabaña é posterior o pobo. De feito o pobo estaba por riba desta cabaña. |
|
|
|
Vista do lugar onde estaba Oleiros con Prada o fondo. |
|
|
|
A cabaña de pastores. Por riba a dereita estaba o pobo de Oleiros. |
|
|
|
|
|
|

Vista panorámica de Oleiros onde posiblemente se celebre a festa de Alberguería no ano 2006.
Non quedan restos das catro casas que había e unha fonte de pedra.