|
|
||
|
Neste dibuxo, sacado do Google Earth, está situado o pobo actual de Meda. Sta María de Meda. Meda é unha parroquia do Concello de A Veiga (Ourense), que xustamente queda o sur de Albergueria. Alberguería estaba situada a pouco máis de dous km, xustamente. Ver o mapa. O que pasa é que mentras Alberguería estaba a 817 m. Meda está a 1.031, ou sexa moito máis alto.
Actualmente é un pobo marabilloso cunha paisaxe incrible e moito que ver o seu carón. Esto era o que contaba Madoz de Santa María de Meda:
Meda tiña no 2004 unha poboación de 35 veciños, para un total de 6,67 Km2 (O concello tiña nesa época 1.318 habitantes e un total de 290,45 Km2.). Hai que pensar que dende principio do século XX o Concello de A Veiga perdeu o 80% da población. Repito o que dixen para Prada. En 1900 a Veiga tiña 6.977 habitantes. En 1950 6.357 hab. En 1991 soio 1.741 Hab. E cada vez menos. As explicacións desta perda está clara, a emigración galopante da zona, o movemento natural negativo, o avellentamento actual e a falta de recursos ou mal enfoque dos mismos. Na miña opinión a zona é marabillosa, a gran descoñecida de Galicia e cuns recursos turísticos que hai que explotar con intelixencia e sin afectar o entorno que é o que hai. Fonte do anterior: Galicia en comarcas. Valdeorras. Ir indo. 2005. |
|
Na fotografía de Jose Carlos Álvarez (un trociño dunha fotografía panorámica) vese a súa situación o Sur de Albergueria.
Por riba de Meda esta é a vista. En busca da Mamoa de Meda. Foto de Mako.
Mamoa de Meda. Foto de Mako.
Vista de Meda. Descoñezo o autor da fotografía.
|
|
|